26.6.05

Cancer

Queridos cancer, nesta semana que vai comenzar ides sufrir serias desventuras. Lembrade mirar a dereita e esquerda antes de cruzar a estrada, e procurade usar sempre o paso de peóns, porque hai altas probabilidades de que acabedes estortillados. A lúa chea vaivos afectar de cheo. Ó chegar a noitiña teredes ganas de chamar a vosa última historia de amor xa caducada, con catastróficos resultados. O millor e non repoñer o saldo ata que cambie a fase da lúa. En canto a saude, non vai de todo mal, pero agradeceredes un kiwi a primeira hora. No traballo, a vosa tendencia lunática fará que non se vos acerquen moito, así que procurade dar a entender ós colegas que no fondo sodes boa xente.

Sem comentários: