20.7.05

Lusitanismo

No apartado adicado á lingua do portal galego Vieiros aparece unha nova referida á celebración do oitavo Congreso da Asociación Internacional de Lusitanistas. Resulta chamativo que se realice en Galiza un evento destas características, non polo fondo do tema se non pola propia forma, pola denominación relativa á Lusitania para referirse á veciña nación e á lingua portuguesa, como quen que da por feito o tópico de ter Portugal unha orixe lusitana e non galega. Dende logo, os poñentes do citado congreso son sabedores de todo isto mais aceptan o termo como moitos historiadores españois, mesmo galegos, toman por bos moitos tópicos dunha historiografía inzada de interpretacións interesadas a favor da historia castelán e contra a imaxe histórica de Galiza ou mesmo do Reino de León. Eu modestamente estou en desacordo.

Sem comentários: