24.7.05

Sempre os mesmos...

Non sei se estamos ante un movemento exclusivamente coruñés ou se está extendido a outras poboacións galegas e españolas mais dende logo resulta sorprendente que a día de hoxe ainda haxa xente con pensamentos tan próximos á censura coma estes señores de "alternativa española"; claramente tentan a limitar as liberdades individuais, establecendo criterios de comportamento -segundo eles "o que é correcto"- somentes en base aos seus valores particulares. A Nova dende logo non me deixa indiferente; respeitando as diferentes opinións, non podo se non manifestar a miña repulsa ante campañas e movementos coma estes, que pretenden uniformizar os comportamentos, convertendo as súas máximas en leises universais, ou iso pretenden, cando o certo é que o non son.Quen vai ser o que dicte que é o correcto ou o que non? Quén vai ser o que tire a primeira pedra? Imaxino que son os mesmos que pretenden influir nas materias que deben cursar os nosos fillos, decidir quen pode casar ou adoptar, os mesmos que reservaban para as mulleres os postos de "sus labores"... en definitiva, os de sempre e coma sempre a sociedade estalles dando as costas e para demostralo... dade unha voltiña por calquer praia e veredes moitas cousas pero sobre todo xente feliz.

Sem comentários: