29.7.05

Traspasando fronteiras

O fenómeno da globalización normalmente ven asociado coa alta política ou a economía, iso que antiguamente chamabamos "capitalismo" e agora nos presentan agochado baixo este novo eufemismo. Por sorte, esta non é a única visión posibel do fenómeno global xa que as veces -as menos, hai que dicilo- prodúcense feitos que rompen esta pauta. Recentemente puiden comprobar isto a respeito da música tradicional galega, concretamente no pechado mundo da gaita, coñecendo dúas fermosas gaiteiras "galegas" orixinarias das lonxanas terras da Franza e Murcia. O máis sorprendente é que estou a falar de dúas rapaciñas novas que non tiñan máis ligazón coa nosa terra non sendo o estrictamente musical. Os meus parabéns para esas dúas amigas; esperamos que cunda o seu exemplo dentro e fóra das nosas "elásticas" fronteiras. A fin de contas un nace onde lle toca pero síntese de onde quere. Eans de Coton

Sem comentários: