10.4.06
A boda "Guai"
Tivo lugar a primeira boda gai no concello de Ourense. O interese sobre o asunto non sería maior se non fose porque un dos contraites era un edil do mesmo concello e do PP, o oficiante da boda foi o mesmisimo alcalde, tamén do PP, e á cerimonia acudiron múltiples personalidades políticas da plana maior do PP galego, entre eles o presidente do partido en Galiza, o señor Nuñez Feijoo.
Despois de tantos berros, de tantas manifestacións en contra do matrimonio entre persoas do mesmo sexo, de anunciar a destrucción das familias... van agora e montan a boda mais "chachi-guai-de-la-muerte-osea-te lo juro" entre dous homes no concello de Ourense.... e do PP!!!. A alguén lle cabe na cabeza??!!. É que agora o de casarse duas personas do mesmo sexo debe de ser tan "fashion" e tan "in" que os dereitosos de toda a vida non saben decir que non... xa os imaxino...
- Jo tia!, que fuerte!... como mola los dos mariquitas!, mira como se quieren, si parecen personas normales y todo!!
- Ya te digo tia!, como mola esto de ser transgresor y pro gays, es lo mas "cool"!, me meo en las bragas de la emoción!!
... ou isto, ou é todo unha pura montaxe electoral, que tamén.
Trasancos
P.d: E agora... animarase tamén algun que outro dirixente do partido?... todo sexa por un "puñado" de votos...
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
6 comentários:
Non teñen vergonza, gustaríame saber canto lles cambiará o discurso agora a esta pandilla de impresentables.
Deixadeos estare ohhh
pouco a pouco van saíndo
dese armario no que levan metidos dende.... A Inquisición!!
Xoán de Requeixo
Pois a min paréceme ben. é un feito característico da idiosicracia particular do PP galego. a tocarlle a moral a todo o PP español!! O mellor, Baltar falando de que isto rompe o tópico da GZ conservadora. O peor, que non levaran a charanga do cuco de velle a cantar o de "Si no eres del PP jodeté jodeté" ou algunha rima composta para a ocasión.
Dende logo... por moito que o Sr. Baltar toque o trombón... non se pode desvirtuar nen desmitificar un fenómeno auténtico como foi o Cuco de Velle... Ese San Benitiño é histórico!!! É unha figura senlleira do folclore galego! Hai que reivindicalo XA!
Asdo.
Xoan de Requeixo
E digo eu, ten que haber moitos no PP que lle agradezan a Zapatero o de poder casarse... Vai resultar que agora van ter que agradecerllo tamén ó Baltar e compañia.
Eu non diría tanto... digamos que alén de amizades e bos rollos entre os militantes do PP de ourense con determinados compañeiros homosexuais... o do outro día non deixa de ser unha operación de maquillaxe... quizais con vistas ás futuras eleccións municipais... Véxase a entrevista no programa A Ventana ao Sr. Cabezas... como alcalde casa gais e como senador queixase da lei que permite casalos. Todo un exemplo de lóxica e coherencia. Está claro.
Xoan de Requeixo
Enviar um comentário