17.4.06
Noite de parranda
Como moitos xa sabedes recéntemente varios mebros alpendreiros reunímonos e decidimos facer unha acampada brava por Galiza adiante. Encamiñámonos cara as terras do Deza e tras visitar tan fermosos lugares decidimos facer un alto para pasar a noite. Baixo as estrelas comimos, bebimos, cantamos e balilamos nunha especie de aquelarre festeiro ós pes dun antigo mosteiro que actuou como testemuña. Xuntos, os vellos e os novos amigos, fixemos daquela noite un momento que lembraremos sempre cun sorriso nos beizos. Despois da festa improvisada algúns remataron durmindo dentro dos coches e outros nunha tenda que non sei cómo puideron montar de madrugada xunto ó rio.
Ó dia seguinte erguémonos para continuar coa viaxe co aquel de satisfacción que, a pesar da resaca, deixan os bos momentos en compañia dos amigos. Despois diso so podo pensar... cando repetimos?
Trasancos
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
Eu xa estou agardando a seguinte saída.
A ver se nos centramos para a próxima... acampar non é durmir no carro!!! Hai que ser serios...
Asdo.
Fernán da Veiga
Enviar um comentário