16.4.06

Recordos de infancia

Este sábado estiven axudando ó meu pai a facer unha cometa coma as que el facía cando era cativo. Puiden comprobar como disfrutaba na montaxe, e na sua posterior posta en rodaxe na praia do Bao. Velaquí tedes a mostra fotográfica que demostra que foi quen de facela voar, coa mestría herdada en tempos pasados, e onde se ve que, con un pouco de imaxinación e algo de maña, pódese cumprir o desexo de, por uns intres, recordar o máis bonito que pode recordar un ser humano, que son os seus anos mozos.

3 comentários:

Anónimo disse...

Píllache algo tarde mais non deixa de ser unha cousa fermosa... quizais lla trasmitas ti aos teus fillos. Sería todo un orgullo.

Asdo.

Fernán da Veiga

Trasancos disse...

Isto faime recordar moitas cousas, tamen eu tiña unha cometa... que será dela?

Paquito disse...

Non sei de onde viró o do Vao con uve, de toda a vida foi con B.