Na miña sinxeleza masculina pensei que as mulleres serían máis listas e saberían proceder doutro xeito, sen cometer os mesmos erros tantas veces denunciados, moitos deles -aínda hoxe- tan poucas veces atendidos.
Inxenuamente cría que por fin as persoas ían ser tratados por tales, sen facer
distingos entre tal ou cual por pertencer a este ou aqueloutro grupo, somentes por presentar unhes atributos cos que aleatoriamente a Natureza nos dotou.
Alén dos moitos argumentos que se lle está a dar a unha oposición sedenta de carnaza, a propia imaxe transmitida, de facer distincións con moita pavonería e diferenciar absurdamente entre mulleres e homes, non é a millor das posibeis.
Eu sinceramente sinto certa decepción ou quizais a sensación amarga de quen ve confirmado os seus temores.
Non é unha loita de todos/as... somentes é a delas, aínda que, por suposto, non é de todas.
Asdo.
Fernán da Veiga.
8 comentários:
O elenco de representantes xa di abondo: Esperanciña... Ann Rose (onde deixaría o seu negro?)... A Gata da Padra... Botouse en falta a simpatía da Bermudez, a Karmela Machacante,... e a simpar Matagatos.
Asdo.
Xoan de Requeixo
Ceamos xuntas... porque nosotras lo valemos!!! chúpate esa!!!
Asaiadacarolina.
Non poñó en dúbida a valía das mulleres...
Cousa ben distinta é que tal valía se materialice nunha boa cea que, se é como eu penso, pagaremos todos os contribuintes!
Asdo.
Fernán da Veiga
Pois así é coma mellor che nos sabe.... cos impostos dos dez empresarios máis ricos de España... seguro que cando menos oito son homes.
tenunlagartopintado
Iso é irrefutable... non hai defensa posibel... tocado e afundido.
JAJA!
Cando hai que dar a razón... dase.
Asdo.
Fernán da Veiga
Non entendo que ten de malo.
Os homes nunca estiveron nunha situación de inferioridade ( en dereitos) como as mulleres,e como seguen a estar moitas...por iso máis que nunca precisamos ergue-la nosa voz e se un día nos xuntamos e dicimos " aquí estamos", qué ocorre? ¿ tendes medo?
Ti cres que celebrar unha cea coma esa axuda nalgo á causa desas mulleres das que falas?
Eu penso que non, máis ben é tirar pedras contra o voso propio tellado.
Para dicir que estades aquí ou para criticar a situación nas que moitas aínda estades... hai fórmulas moito máis axeitadas e válidas, posibelmente outros lugares e quizais tamén outras representantes.
Asdo.
Fernán da Veiga
Pd: Nun cuestionario busca de emprego a un compañeiro preguntáronlle:
"Prefires o peixe ou a carne?
Qué pasa logo? Imos pasar censuradores a censurados? Acho que ese non é o mellor camiño.
Dende logo que ten que ver unha discriminación sexual na busca de emprego co que estou a dicir? E diría máis, o teu amigo agora xa sabe como nos sentimos moitas mulleres na procura dun posto de traballo.Ou como nos temos que sentir cando nos despiden por ser nais, ou cando a nosa nómina é inferior po-lo simple feito de ser mulleres, queres que siga??
E agora vos sentides vós discriminados por unha merda de cea?E creo lembrar k en ningún caso falei das convidadas a cea.
Enviar um comentário