26.5.06
O Dolmen de Dombate
Parace ser que xa saiu o resultado do concurso de rehabilitación do Dolmen de Dombate... polo visto trátase dunha novedosa concepción museística; vano meter nunha urna de metacrilato que permitirá ao visitante a súa observación dende todos os puntos, dende arriba, dende abaixo... As paredes da caixa será pequenos acuarios con fermosos peixes de cores tropicais, que vivirán animados por unhas singulares luces laser e de neón e un lixeiro toque New Age na ambientación musical.
O recinto estará arrodeado de palmeiras e unhas fermosas señoritas, as guías, unhas rapazas moreniñas con sotaque cubano e saias de xuncos e palla, que irán explicando a esquisitez do prantexamento e as melloras levadas a cabo no emprazamento.
Nin que dicir ten que o visitante disporá -dentro do propio megalito- dunha conexión a internete wifi, uhf, mp3 e rediose!!! todos os avances que sexan necesarios para poñer ao día tan obsoleta construcción.
Ah!! Xa me esquecía... un bar -obviamente- e a correspondente tenda de souvenirs.
Asdo.
Xoan de Requeixo
PD: Igual emocioneime demasiado... aínda así non creo que a cousa quede moi atrás.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário