12.8.06
Contas pendentes
Onte escoitei as declaracións de deputado Popular, o Sr. Roberto Castro, lanzando serias críticas á política anti-incendios que está a levar a cabo o actual executivo galego.
Afirmaba o Sr. Castro que non era certo que houbera cambios na tipoloxía do lume nin na suposta organización dos incendiarios nin as teorías das tramas ou mafias... pola contra, demostrando tanto coñecemento na materia, non deu explicación algunha a respecto dos porqués que -en 16 anos de goberno- o seu partido non foi capaz de aclarar, dúbidas aínda pendentes a respecto do lume logo de tanto tempo.
Quizais habería -antes de lanzar críticas inoportunas, dada a extrema situación que se está a vivir- que saldar contas pendentes na xestión feita polo seu propio partido.
Xoan de Requeixo.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário