Recentemente, o pasado sábado 16, cumpríronse 70 anos da morte do meu bisavó. O meu pai, residente no extranxeiro, quixo honrar a memoria do avó Tomás publicando una esquela de cabodano no periodico La Voz de Galicia (edición de Ferrol) e con tal intención redactouna, enviouna a redacción e pagou relixiosamente o precio da súa publicación para o dia 16. Todo esto non tería maior trascendencia de non ser porque o meu bisavó morreu asasinado por un pelotón franquista xunto con 16 persóas mais contra un muro do cemiterio de Serantes un 16 de Setembro de 1936. Alí reposan os seus restos nunha fosa común con moitos, moitísimos mais que foron aniquilados do mesmo xeito bárbaro e cobarde. Por eso o feito da publicación desta esquela tiña un valor moi especial, porque nunca antes tal cousa se fixo, nunca antes ninguen lembrou o que alí aconteceu, nunca antes ata agora. Pois ben, pasou o dia e a esquela non foi publicada,... ¿por qué?... dende a redacción de La Voz de Galicia explicaron, a requerimento do meu pai, que o periódico negouse a publicar a esquela "por motivos de ética periodistica"...
A esquela rezaba así...
70º CABODANO DO SEÑOR
Don Tomás Miján Expósito
Músico militar retirado.
Ilegalmente feito preso e asasinado sen xuizo por militares fascistas o 16 de setembro de 1936 aos 56 anos, deixou muller, seis fillos e centos de amigos.
Descansa anónimamente no cemitério
de Serantes-Ferrolterra, xuntamente con outros amigos e compañeiros, mártires da loita pola liberdade e vítimas dunha barbarie impune que non admite esquecemento nin reescrituras.
O teu amor pola Xustiza
Social, a Música e a Cultura Galegas e os teus esforzos a prol da Liberdade, sempre serán lembrados.
O teus netos e bisnetos non te esquecen.
Ferrol, 16 de setembro de2006
Ética periodística???... Pode falar de ética periodística un periódico que se nega a publicar unha esquela como ésta, que honra a memoria das vítimas dunha masacre inxusta e esquecida??, hai algunha "ética" en negarse a publicar sen previo aviso unha esquela que lembraba a tráxica morte dun familiar cuia publicación, ademais, estaba xa pagada?... haina en negarse a publicar a verdade??
O meu bisavó non era ningún criminal, non cometeu ningún acto ilegal... el, como todos os que morreron ó seu lado, foi a vítima da ilegalidade e da barbarie dos criminais fascistas que levaron a este país a unha guerra fraticida na que só houbo perdedores. Os que se negan a ver isto e a recoñecelo escudandose na "ética periodistica" son simplemente uns hipócritas desmemoriados que ainda teñen vergonza de denunciar a cruel e bárbara realidade da que foi vítima todo un pobo fai 70 anos... e que ainda agora é vítima do esquecemento.
A pesar deles, hoxe hai unha placa no muro do cemiterio, unha placa que loita contra ese esquecemento. Tal vez os señores de La Voz De Galicia deberían darse un paseo por Serantes para saber o que realmente é a Ética e para darse de conta de que negarse a lembrar só prolonga a dor e a vergonza polo acontecido.
É hora de coñecer a verdade para que non se repita nunca.
Trasancos
16 comentários:
Sinto, amigo Trasancos, que o citado xornal non publicase a esquela que con tanto sentimento pretendiades publicar dende a vosa familia, mais, penso que, ainda que non hai falla de verdade no texto, sí que pode suscitar unha polémica que faga que as vendas e as opinións sobre o xornal en cuestión non lle sexan favorables, e dende ese prisma, optan por non facer nada, e punto.
De todas formas, o feito de q os Sres. da Voz teñan a ben non publicar un texto deste tipo pode dar a pensar sobre as tendencias políticas que se gasta.
Un saudo.
E iso é Ética periodística??,... se eses son os motivos polos que non publicaron o artigo non queda máis que dicir...."non publicamos o artigo porque os lectores fascista de dereitas que leen este periodico poden sentirse ofendido por lembrarlles os asasinatos e crímes cometidos impúnemente fai 70 anos, é mellor que sigamos mantendo a cousa no olvido para non perxudicar a sua conciencia... ademáis podemos perder cartos se a publicación de dita esquela perxudicase as vendas do noso periódico, qué opinarán de nos os que apoian tales fusilamentos?!!".... é iso?. Pois máis pobres argumentos pós da sua parte.
O de "ética periodística" pode non ser máis que a excusa formal e educada para non proceder á publicación.
Sobre a argumentación da Voz, pois home, eu pecharía con un "la pela es la pela".
Pois ben que tiveron que devolver os cartos da publicación da esquela!...
Está visto que o interese económico está, para algúns, por riba da moralidade e a ética. Boeno, polo menos isto sirve para saber por onde tiran políticamente ós da Voz.
eu tamen o sinto sinceiramente. era unha esquela moi fermosa, moi sentida, e moi merecida.
os fachas de "la voz de galicia" desgraciadamente xa non nos sorprenden. pero cada vez somos máis os que sabemos que son fachas españoleiros antigalegos e que non lles calamos.
hai que denuncialos e desenmascaralos continuamente.
Dende logo non hai dereito ó que vos fixeron. E para máis sen avisar! Sería para non levantar polémica, pero qué ruíns foron. Parece mentira que índa non se poida falar con liberdade daquela matanza.
Ola Trasancos, aqui o Suevo.
Como falamos antes, tes razón pero non sei, tamén me poño no lado da Voz e penso que o fixeron para non suscitar polémica (ainda que tamén é certo que non tiña que levantar ningunha).
O que non ten perdón é non avisar con antelación de que non ían publica-lo cabodano se darvos unha explicación convincente, porque o da "ética periodística" non deixa de ser unha mala excusa sen sentido ningún.
Saudos.
Trasancos: estou totalmente contigo.
Isto é unha vergoña.
¿Ética periodística nun xornal que se forra coa publicidade da prostitución?
¿Ética periodística nun periódico de militancia antigalega e que se sostén cos cartos dos galegos/as?
Non me fagan rir.
Síntoo moito, amigo, pero non me sorprende este comportamento de "La Voz". Eu hai tempo que deixei de mercar ese xornal, concretamente dende o mes de xaneiro posterior ó Prestige cando amarraron unha boa tallada de Aznar e da Xunta de Fraga e cambiaron as súas críticas por parabéns á xestión da catástrofe.
Cóstame moito facer un comentario sen poñerme a berrar de raiba. Se estivese eu no caso non poderia aceptar esa despreciabel resposta.
Non imaxino que un xornal alemán negase a publicación dunha esquela semellante tratándose dun xudeo asasinado durante o holocausto. Sería imposibel, creo que mesmo sería un delito.
Aquí, por contra, temos que aturar a cortina de silencio e esquecemento durante a cruel dictadura e logo na pseudo-transición.. así até -véxase o exemplo- hoxe.
Deberia caerselle a cara de vergoña a máis de un e de dous neses xornal.
Apertas.
Fernán da Veiga
So pode haber polemica se non curou o pasado. E o pasado non cura se botamos terra na ferida. A ferida ten que cicatrizar. Ese e o problema de La Voz de Galicia, que non quere que cicatrice, quere botar terra. Pois non, todos, comezando polos familiares, queren curar a ferida, pero para iso temos ter dereito a lembrar nosos mortos. Aqui non se esta falando de coller unha escopeta e pegarlle catro tiras a varias das familias que fixeron fortuna co extraperlo e hoxe saen na lecturas. Non. So queremos o dereito de honrar os nosos mortos.
La voz de Galicia non deixa honrar os mortos.
Teu bisavo estaria orgulloso de ti.
Que covardes!! Parece mentira que exista umha autocensura assi nun jornal... pero non o é. Se cadra podes manda-la a outro jornal, penso que El País si fai este tipo de publicacions. Umha aperta
Ola Trasancos:
Remato de enterarme da tua nova por unha mensaxe de José Docampo en Xenealoxía.org.
Aínda que fora de tempo, se ti estás de acordo eu publico a esquela na páxina de inicio de Xenealoxía.org (http://www.xenealoxia.org).
Un saúdo:
Ricardo Lago Couce (Cruzul)
Eu non houbera publicado a esquela, así como está. Houbera contactado con vós para cambiar certas cousas. A metade da esquela pode interpretarse como unha proclama ideolóxica, que pouco ten que ver co sentimento. Tes que ter en conta que vai no medio doutras esquelas, pode haber familias que non lles guste verse envoltas nese enredo. O teu familiar foi asasinado, pero contar que foi asasinado por militares "fascistas" implica a militares que non foron fascistas, que foron republicanos, ou que simplemente tiveron que apoiar o golpe porque senon os mataban a eles. O de "loitador pola libertade" parece tamén cousa de medios de comunicación e de reportaxe, máis que dunha esquela, hai moito fillo de puta envolto nesa guerra, e non por forza os "loitadores pola libertade" foron sempre os bos. Ademáis non creo que haxa mortos nin mortes mellores ou más heroicas que outras, e por esa regla de tres todo o que ten un morto na guerra faría unha esquela dese tipo. Na esquela debe imperar o sentimento familiar e contar a realidade de forma máis desapaixoada. Esa esquela quedaría millor dicindo "Asasinado no cemiterio de tal o día xxxx, por permanecer leal á República". Quedaría perfecto e elegante.
A intervención do amigo anónimo é bastante significativa da situción mental do país.A moitos de nos asasinaronnos familiares e/ou os torturaron ou os deixaron morrer de fame nos carceres,ou os obrigaron a sair exilados e morrerse noutro pais contra da sua vontade...e aínda parece que temos que andarnos con eufemismos para chamar as cousas polo seu nome.
Tomás Miján era natural do concello de Fene ou de Ferrol?
Enviar um comentário