29.1.06

Marieta

Como noutras ocasións, amigo Joaquín, recurro a ti e aos teus compañeiros - Javier Krahe neste caso- para expresar emocións que me acompañan e me acompañarán de aquí en diante. Infelizmente, é certo mais ben orgulloso; diso non quepa dúbida. (*) Asdo. Eáns de Cotón (*) Tamén valía: "...y un alma en oferta que nunca vendimos." Marieta Y yo que fui a rondarle la otra noche a Marieta la bella, la traidora había ido a escuchar a Alfredo Krahus Y yo con mi canción como un gilipollas, madre Y yo con mi canción como un gilipollas, madre Y entré con el salero al comedor de Marieta la bella, la traidora ya estaba acabando el flan Y yo allí con la sal como un gilipollas, madre Y yo allí con la sal como un gilipollas. Y cuando por su santo le compré una bicicleta la bella, la traidora ya se había agenciado un Rolls. Pegado al manillar hice el gilipollas, madre pegado al manillar hice el gilipollas. Y le llevé una orquídia a nuestra cita en la Glorieta la bella se besaba con un chulo y apoyada en un farol Y yo allí con mi flor como un gilipollas, madre y yo allí con mi flor como un gilipollas. Y cuando ya por fin fui a degollar a Marieta la bella, la traidora de un soponcio se me había muerto ya. Y yo con mi puñal como un gilipollas, madre y yo con mi puñal como un gilipollas. Y lúgubre corrí al funeral de Marieta A la bella, la traidora le dio por resucitar. Y yo con mi corona hice el gilipollas, madre y yo con mi corona hice el gilipollas.

21.1.06

Foro de Ermua

A verdade é que estes señores teñen unhas opinións moi respeitabeis... vai sendo hora de que fagan o que farian todos os que queren xogar un papel importante na política... preséntense ás eleccións, ou no seu caso, intégrense dunha vez... até entón as súas opinións -e as dalgún que outro xeneral- non terán máis validez que a miña e a de moitos outros cidadáns de a pé. Iso ten a democracia, non si? Asdo. Xoán de Requeixo.

Adeus ás armas

Iso debeu pensar este rapaz, artista capaz de convertir un fusil Ak-47, instrumento para a dor e para a morte, nunha guitarra eléctrica, arma para crear e interpretar a música. A realidade dura deste comezo de ano tórnase algo máis amabel de cando en vez gracias a pequenas anédotas coma esta. Oxala todas as novas foran así. Asdo. Eans de Cotón.

Paradoxo

Resulta particularmente chamativo o feito de que alguén tilde de expolio a devolución aos seus lexítimos propietarios dos documentos anteriormente expoliados, materiais todos eles empregados para a dura represesión tras a guerra incivil. Sen ánimo de censurar ou criticar aos amigos salmantinos modestamente lles recomendaría que buscasen novas causas polas que loitar; sen ter que andar á procura de culpabeis e complices cos que xustificar os seus propios males. Todos sabemos como os politicastros de turno, como o noso Sir P. (de Punta Heminia, enténdase), expertos en tapar os seus propios erros afondando nas feridas dos demais. Mala política esa. Non se deixen enganar. Asdo. Xoán de Requeixo

9.1.06

Europea bendición

Creo que non son o único que sinte unha gratitude infinita cara os políticos que un día decidiron meternos na Europa; imaxino que daquelas non eran conscientes do gran favor que nos facian, non o digo pola situación de suposta "bonanza" económica, pola mellora na "xustiza social", non, non vou tan lonxe; digoo simplemente pq. se non fose por estarmos dentro "de esta nuestra comunidad" moi probalmente a estas alturas o panorama democrático en España sería unha antigualla, outra volta pasaría a ser un mero recordo, unha triste lembranza como a 2ª República. Pese a todo, a pota do caldo leva tempo quecendo, comeza a ferver e está piques de derramarse, como xa pasara noutrora. Espero que haxa alguén coa suficiente intelixencia e temple para saber apagar ese lume tan acendido. Sei que do Mariano Rajoy, esa besta parda disfrazada de manso cachorriño, non se pode esperar nada, polo menos, nada bon. Asdo. Xoán de Requeixo

8.1.06

Censura cinematográfica

Este asunto chama a atención sobremaneira. Resulta que este venres, tras dous anos do estreo, ven ás pantallas dos cines españois o film "Lutero", do realizador alemán Eric Till. Esta superproducción alemana, que custou 21 millóns de euros, e alcanzou os 30 millóns de recadación en toda Europa, tarda curiosamente dous anos en vir eiquí, e iso sí, nos cines, imos dicir, "residuais" das cidades, coma é o caso dos Multicines Norte en Vigo, a día de hoxe podemos dicir q a "sala indie" do cine en Vigo. ¿Censura ou risco de mala taquilla? Cando lin a nova, acordeime de inmediato doutro caso similar. A obra "Amén", do grego Costa Gavras, que falaba po papel da igrexa durante o auxe do III Reich -non moi ben, por certo- tivo un periplo moi similar: só estivo unha semana nos citados Multicines Norte, e nada máis. Lembro de ir vela, e estar 5 persoas na sala. ¿Será que a ninguén lle interesa o cine non comercial, que non interesa o cine documental, ou se fai todo o posible para que non interese? A min dende logo húleme moi mal o tema, e casualmente sempre anda a igrexa detrás. Non digo máis, que cada un tire as súas propias conclusións. Paquito.

7.1.06

Declaracións

As declaracións de xeneral Mena non deixan lugar a dúbidas. Un novo "toque de atención" dun estamento presuntamente moderno e democrático. Un xa non sabe como é que van rematar as cousas dado o nivel de loucura e paranoia demostrado por curas e militronchos. Outra volta as mesmas lerias. Mala pinta ten. Asdo. Xoán de Requeixo

6.1.06

Gaiteiro!


Ricardo Santos, Gaiteiro! 
Por sorte o amigo Ricardo non é moi dado a esto dos ordenadores, así que aproveito a coxuntura que el mesmo me brinda para publicar esa foto e este pequeno texto, digamoslle, de homenaxe. Se se entera da súa publicación bota un berro que se sinte na súa Cabana de Bergantiños. O Ricardo é un gaiteiro peculiar; leva pasado moito traballo pola música que sinte, que leva dentro. Tamén é esixente e pide que os máis adiquen o mesmo esforzo ca el, imaxino pq. considera que a causa ben o merece. Non sempre se ve correspondido. Por sorte para todos, pese as súas arroutadas e algunha que outra bronca -máis que merecida, recoñezamolo eiquí- é un home de grande corazón, moi dado ás bromas, amigo dos contos, das risas. Menudo elemento este Ricardo. Quén levara o teu ritmo!!! Asdo. Eáns de Cotón.

Excursión

En breve unha expedición alpendreira desprazarase até as lonxanas e frías terras da Alemaña, para rematar na cidade hungara de Budapest. Esperemos que as cousas se tercien como é debido e poidamos desfrutar dunha louca e animada viaxe. Asdo. Fernán da Veiga. Pd: ALguén sabe inglés? alemán? Hungaro? Menos mal que galegos no mundo non faltan.

5.1.06

Chiste de loiras

Non se me alporizen, que o fago con cariño! Este é o mellor chiste de loiras que lin en moito tempo. Chisco longo, pero merece a pena.

1.1.06

Aventuras de fin de ano

A verdade que un bo paseo de dúas horas, con alcol no lombo en abundancia, de 9 a 11 da mañá tras unha noite de troula da para barallarlle a gusto, ó punto de que prometín polo camiño facer este texto para deixar constancia do ben co pasamos (salvo en algún momentiño que houbo de debate sobre temas que non veñen a conto). Todo comezou na Joakina, sobre as 01:30 pasadas. Alí tomámoslle a primeira, para irlle templando o corpo, coa idea de adaptalo ó frío da noite e ó tute que ía levar a posteriori. As seguintes, coido que 4, foron inxeridas no pub onde traballa a miña irmá. Alí xa comezabamos a entrar en quentura. Puiden saudar a algunhas amizades, como se pode observar no link de maís abaixo, e aproveitamos tamén todos nós para inmortalizar o momentos vividos. http://www.flickr.com/photos/napolimania/ Tamén aproveitei para chamarlle a Barcelona ó meu compañeiro de "celda" en Napoli, co cal botei unhas risas caralludas durante un bo rato, rememorando feitos pasados que fixeron daqueles días en Italia algo inesquecible. Como dicía, aproveitando que a miña irmá tiña alí a súa cámara, poidemos retratar as caras de cada un de nós, a cada cal máis perxudicado polo levar da vida naqueles intres. Entre mentres, os papaqueixos, coma quen non quería a cousa, ían amenizando o cotarro cada dous por tres da man do mestre Xoán e un menda, como se pode comprobar nas fotos. Non podería enumerar ás veces que foron citados o Sito Miñanco, se tutti le cornutti, ou a farlopa pa la tropa, mais foron bastantes veces. Pechando o local, marchamos ó Sete Mares, onde o ambiente non era tan bo coma o ano pasado (pouca xente, e poucos alicientes femininos). De todas formas, alí mandámoslles un par delas máis, chegando á conclusión unánime de que todos iamos polo aire. Disto xa non hai testemuñas fotográficas, pero todos damos fe de que así foi. Tras debatir cousas para acá e para alá, e botarlle uns bailes máis ben escasos, todo hai q dicilo (quizáis por temor a cairlle de cú), marchamos dalí, e fomos na dirección do Planta baixa, en Lepanto. Entre medias, tamén falei con otra amiga de Napoli, esta dende Palencia, e tamén lle botamos unhas risas. Isto rondaba as 7 de mañá, máis ou menos. Que me corrixan se me trabuco. Chegamos ó Planta, pero unha entrada de 5 eurotes a aquelas alturas da noite, como que non. Así que marchamos cara Churruca á Caverna, que estaba aberta, pero botamos pouco tempo porque Iria necesitaba aire, María quedara non sabemos onde, e o Xoán e maís o que escrebe tomámoslle a "refinitiva" antes de irlle tamén á rúa. A partir de aí apareceron coñecidos e tal e cual, pero a idea, dada a carga que levabamos nas costas era tomarlle un café ou un chocolate e comerlle algo tamén para combatir mellor a lascarda. Iria optou por tirar para casa, e como María quedou de palique cuns colegas, os mozos fomos cara Gª Barbón a ver onde podiamos botar algo na boca. Rematamos no Oh Vigo, onde nos mandamos un café con leite que soubo a gloria, e unha hamburguesa completa que nin sei a que sabía. Alí apareceu ó rato María con dous carecos que non sei onde os atopou, pero eu polo menos non entrei na conversa pq o corpo xa me estaba pedindo cama. Rondaban as 9 cando dixen que ata eiquí chegaban as miñas forzas, e decidimos marchar, quedando os carecos sós no local. Supoño que María e Xoán optaron pola opción taxi, mais a miña manía a ese colectivo, e a boa experiencia do ano pasado de irlle a pata para baixar a lascarda, fixeron decidirme polos meus pés como medio de transporte. Non tiven sorte de que a miña irmá, coma o ano pasado, me recollese de camiño, pois unha chamada súa ás 8 indicaba a súa "pronta" hora de retirada. Armeime de valor, e alá fun, coa cabeza chea de grados, rumbo á camiña querida. Polo camiño vin de todo. Dous rapaces, ben intencionados eles, levaban coma podían a unha moza de bo ver en brazos. A pobre non podía co lombo, pero estes mozos, na súa boa fe, colleron á moza de tal forma que a saia que levaba non era suficiente para taparlle os seus encantos, lucindo, para agrado de todos os que iamos por detrás, un tanguita de morrer coas botas postas. Mentiría se non dixese que pola miña cabeza naquel estado pasou a idea de "alzarlle unha man pola patria e deixar alí o meu selo", pero ó final pensei que sería mellor que tan só o imaxinase. Tamén vin xente nas paradas de autobús durmindo, outros tirados entre os coches e un charco de "sustancia estomacal" adornando o lienzo, mozos que se axudaban entre eles a dar un pasiño máis, en definitiva, toda unha caravana de bébedos na súa peor versión festiva. Puiden comprobar que eu ía peor co ano pasado, pq ó chegar ás Travesas aínda me notaba no aire (xa menos, pero o ano pasado lembro que ó chegar alí xa ía como unha rosa). Eran as 10, e uns raios de Sol saudaban dende o ceo. Entre mentres, non sei pq, vin cantanto "Semilla negra", de Radio Futura, canción que me acompañou durante a viaxe, e viu substituíndo a mítica dos Papaqueixos tan aclamada durante a noite. Cheguei a casa ás 11. Cruceime con miña nai na rúa, e ben sabía que ata a noite non a volvería ver. Metinme no sobre, e ata as 18:30 non retornei á vida. Cominlle algo despois dunha merecida ducha, e agora eiquí, subindo fotos, e reescribindo o acontecido, vou finiquitar esta velada de risas e alcol dicindo que a noite mereceu a pena, e que o ano que ven esperemos pasalo canto menos igual ca este. Obrigado ós que o lestes todo, ten o seu mérito, mais, penso que merecía a pena. Un cordial saudo.