
Eye of Einstein
Bitácora colectiva do grupo Alpendre

La Kodorniz Autor: J. Kalvellido
A verdade é que o marco non era para comparar -onde estéa Verín ou Xinzo, q se quiten o resto-, pero o certo é q o alcol sempre remata por facer festa en calquer sitio.
Este ano, e por desgraza, só un pequeno grupo de alpendreiros reuniuse na localidade pontevedresa de Ponteareas co fin de sempre: pasalo ben. E abofé que así foi.
Non é que houbese moita festa "entróidica", mais onde haxa xente do alpendre, o aburrimento non ten lugar.
Ogallá o ano que ven sexamos algún máis.
Paquito





A verdade é que foi unha grata sorpresa esta cidade. Das catro que iamos visitar, a priori non sabía cal me ía gustar máis, ainda que quizáis Viena fose a máis chamativa. Nembargantes, foi chegar a Budapest, e a miña opinión fíxose clara: a capital húngara era a que máis encanto tiña, cunha beleza diferente ás demáis cidades, e con esa tonalidade blanca do inverno que facía dela un soño.
Pero quizáis o máis rechamante desta cidade foron as mozas. Era realmente complexo atopar pola rúa a unha moza que non fose guapa (enténdase por guapa a beleza da súa cara). Eu diría que entre un 90, 95% das mozas eran guapas ou moi guapas, e cuns ollos que cegaban a calquera, á vez que eran capaces de alumear a noite máis preta.
Se hai algo que non esquecerei desta cidade, aparte da súa beleza en sí, é a presencia de tal cantidade de mulleres de facianas inesquecibles, e de miradas azuladas en forma de océanos infinitos.
Paquito