31.3.07

E o gañador é...




Mozos e mozas, animais varios e outras herbas... rematou o proceso de valoración e votacións por parte do xurado do II Concurso de Relatos Curtos do Alpendre formado por tódolos membros do grupo Alpendre... e xa temos un gañador!!

Antes de anunciar os resultados gostaríanos agradecervos a todos a vosa participación, máis da que puidésemos agardar, desexamos que vos tamén desfrutárades coa experiencia e agardamos que repitades na edición do ano que ven. Sinceiramente grazas de parte de todo o Alpendre.

E agora si,... sen máis preámbulos pasamos a anunciar os resultados das deliberacíons do xurado...

O gañador do II Concurso de Relatos Curtos do Alpendre é...


...


O Peto Lareto


De maior non vou traballar.
¿Por que?
Papá morreu traballando.

Con 12 votos, Felicitacións!!!, eres o gañador!!


O segundo posto foi para...

Carlos

Meses después de la violación, Caperucita parió a Lobito.

Con 5 votos.


O seguinte lugar está máis concorrido. Os terceiros clasificados son...

Fati


-Quérote.
-Fúchete.
-Voltei.
-Xa non te quero.

-Marcho.
-Agarda...

Melorra


O MATACHÍN:

Gardou os coitelos no maletín. Dirixiuse á seguinte casa.

Trasancos


Consumímonos de tanto amarnos, incluso antes de coñecernos.

Con 4 votos cada un.


Agora enumeramos o resto de relatos que recibiron algún voto:

Con 3 votos:

anxocaxiao

Brrrrrrrrooooooooooommmmmmmmmm¡¡¡¡
¡Caralloooo co trono¡

JARL


Sós na noite, deitados na erva: "...viches Broke Back Mountain?"...

Fati


Avó...avó! avó!
(medo)
...morreume...
(Bágoas)

ourensalia


- Mañá serás feliz comigo.
- Pero, ¿será algún día mañá?...

David


- Escoita as estrelas.
E marchou, deixándoo só cos seus pensamentos...

PatriLou


Te soñé y al despertar dormías acurrucada en mis pestañas.

Melorra


Paula pensou pratos picantes para Patricia. Privadamente preparábase para pecar....


Con 2 votos:

Funikita


Cuando regreses, cuando vuelvas con lustros cargados en tu espalda...

Funikita


O cuando no regreses, cuando mueras silenciado sobre la madera...


E con 1 voto:

Multidão

"Os Maquis"

"Corre!
corre!
veñen por nós.
Ao monte!!!
XAAA!
Ao monte!!"

hugolate


Díxolle o Xosé á Xosefa:
"Pepa, para Pepín pon pan..."

Fati

E pensou nel.

Sabía que tiña dous ...

Roberto


Fiquei parado, mas incrivelmente o mundo seguia movendo-se


E isto é todo, grazas outra vez a todos vos. Aqueles que non recibiron votos ou non gañaron, non vos preocupedes, tódolos contos eran moi bos, pero algún tiña que gañar. Ademáis, o ano que ven teredes unha nova oportunidade. Estáde atentos a novas convocatórias!!


Mil Grazas


O Alpendre

2 comentários:

O Peto Lareto disse...

A verdade é que estou abraiado e non sei moi ben que escreber.

En realidade, a pesares de ter poucas verbas coido que non se trat dun relato curto, pois cada día un neno, unha noiva, unha nai, unha compañeira ten que vivir iste relato, e eso é moito tempo.

E digo eu, alomenos haberá un diploma-banner para fardar de gañador cos coleguis ¿Ou non?.

Gracias pola honra que me facedes elixindo o meu relato.
Unha aperta.

O Peto Lareto

jarl disse...

a minha noraboa a peto lareto antes ca nada. merecida noraboa.
e de segundo, dizer que se eu fose o xurado para min os melhores, primeiro e segundo posto para melorra por "matachin" e o que eu chamo o conto da "pes" tamen de melorra.

paseino moito bem lendo os relatos. ate umha proxima edicom, na que penso participar. saudos a tudos os particpante. jarl.