21.7.07

Contrastes

Hai que facerse eco -nós como tantos outros, por sorte- e denunciar a censura que nos queren impoñer a respecto dunhes señores que se din monarcas e gozan de toda sorte de privilexios e direitos até o de censurar a quen, mediante a ironía e o bon humor, di verdades que outros xamais nos venden.

Xa está ben de tanta imaxe de foto de nadal trucada, tanto bodorrio, bautizo... tanta regatiña e en resumo tanta boa vida sen facer nada por merecela...

Temos direito a saber a verdade sobre eles, no pasado, presente... esperemos que no futuro... non faga falla saber deles... bueno, se acaso que envien unha postal de cando en cando.

Tamén temos direito a criticar e non temos que pagar peaxe algunha por facelo... para iso nos venderon este país por un país libre... aínda que iso non sexa máis ca un lonxano reflexo.

Alén disto a actitude do xuiz contrasta moito coa pasividade que demostran en moitas ocasións: na persecución dos maltratadores, na loita contra o narcotráfico e sobre todo... contra a abundante e habitual corrución.

Así nos loce o pelo.

Xoan de Requeixo

16.7.07

Frio aceiro

O frio aceiro arrodea completamente unha das obras máis fermosas e importantes que coñezo... O Pórtico da Gloria... Unha vez máis este singular elemento "sofre en silencio" os actos de quen deberia defendelo, admiralo e protexelo.

Lonxe de procurar e denunciar o feismo "dos pobres" temos moitos e bos exemplos dese feismo bárbaro, do máis bárbaro, de ricos e poderosos.

Na miña modesta opinón na catedral de Compostela hai exceso de barandas de aceiro e monitores TV de última xeración.

Lamentabel.

Xoan de Requeixo

PD: Non seria máis normal -teñoo visto ben veces en diveros museos europeos- contratar unhes responsabeis que controlasen e impedisen calquera "achegamento" indebido? Non somos Europa, está visto.