1.8.07

outra volta de torca

...pois iso... logo dunhas semanas de relativa tranquilidade logo das palabras do Conselleiro de Industria... volven ao ataque coa mesma teima de desfacelo todo.

O peor do conto é que un xa non sabe que crer ou que pensar... un día a prensa anuncia paralizacións... ao seguinte destapa un novo atentado... ao mar, ao monte ao patrimonio... e outra volta o mesmo desacougo.

Sempre podemos pensar que co "Vello Patrón" isto non pasaba... ben é certo... daquelas pensabase moito menos! Niso algo avanzamos.

Fernán da Veiga

Gaivotas en terra...

O informe presentado polo consello de estado a respecto do direito a indemnizacións por parte dos afectados polo Porto Exterior de Arteixo é bastante desacougante...

...até o extremo de poder imaxinar un futuro no que as xentes do mar señan desprazados do mesmo, deixandoos sen oficio nen beneficio, para instalar -pondo por caso- muiños eólicos... e todo isto sen soltar un patacón, aínda tratándose de negocios -tanto o propio porto como a enerxía eólica- ben rendibeis mais gobernados e dirixidos dende lonxanos despachos... cecais -coma sempre- dende o afastado Madrid.

Xoan de Requeixo

apoio...

Este suevo, que non godo, gostaría de enviarlle toda unha enchenta de apoio aos amigotes guanches e a xente toda desas fermosas illas. Non hai moito sentimos nós a mesma desesperanza, o medo e a raiba por idéntico motivo e non consola nada saber que desta volta tocalle a outros pasar polo mesmo.

Simplemente... estamos convosco!

Moito ánimo!

Fernán da Veiga