9.1.08

Diario dunha fresa: ¡Parabéns Simone de Beavouir!

Tal día coma hoxe , fai cen anos, nacía en París a intelectual Simone de Beavouir. Icona feminista do Século XX, aínda a día de hoxe as súas obras, en especial o libro "O segundo sexo" ( publicado en 1949),que suposo unha crítica voraz da condición da muller na época, resulta un dos libros fundamentais do pensamento feminista. Falou claramente da igualdade entre homes e mulleres descartando que a inferioridade feminina fose natural senón simplemente unha imposición da sociedade. Alentou as mulleres para que conseguisen unha independencia, resultando fundamental a independencia económica. Moitas grandes feministas posteriores asentaron as suas ideas nesta obra de Beavouir. Na universidade de igual xeito que se estudiamos ao filósofo francés Jean Paul Sartre ( a súa parella ) debería ser obrigado o estudo dos pensamentos dunha grande muller que revolucionou os alicerces dunha sociedade patriarcal e machista, porque como ela dí:

"non somos feministas para ocupar o lugar dos homes, senon para cambia-lo mundo".