12.4.07

Nena... faime o galego!

"Nena... faime o galego..."
"ai eso si...
ai si si ohhh!
ohhh"

Pois iso.. non podemos ir de nación seria sen ter unha erótica "postura" propia, que coño!

Temos que atopar ese aquel sexual que nos defina, a homes e mulleres, dentro da nosa natural indefinición... pero nos distinga , ao fin e ao cabo, como galegos.

Non pode ser un francés, nin pode ser menos co grego, nin menos excitante tampouco ca unha masaxe tailandesa... pero, por fín, chegou o momento hai que decidir... cal é o "foder galego!"

Da o mesmo se é na cama, na corte, na leira,... ou na mítica carballeira... a fin de contas...tanto ten, onde se queira, ben vale,... pola banda de Laiño, por Lestrove, non vai mal, por algures ten que ser, se non por ambos.

Por unha vez, hai que decidir! que entenderiamos por "facer un galego"

Asdo. Xoan de Requeixo

5.4.07

O silencio do Galego

Ao longo dun debate un homiño do pais permanece calado, á escoita do que dician os restantes "contertulios". Unhes criticaban, outros berraban contra isto ou contra aquilo; el, por contra, escoitaba tranquilamente, sen abrir a boca, nun silencio extraño e longo.

Cando a "batalla" xa estaba chegando ao seu fin, cando todos os restantes participantes no debate botaran fóra todos os seus argumentos e xa non tiñan máis nada que aportar, daquelas é o galego, cual partizano, quen comeza o seu traballo, facendo gala da súa mellor artillería, sendo ademáis bon coñecedor dos correspondentes "calcañares de aquiles" de cada un dos contendentes.

Menos mal que un, que por sorte de galegos vai aprendendo algo, xa vía vir a xogada de lonxe, e con non menos arraposamento escoitara claramente -tamén por galego, tamén por raposo- aquelo que o primeiro galego dicía mentres non falaba -si señores, os galegos en silencio tamén falan-, que non era pouco, gardando para sí algunha que outra arma, mais neste caso de autodefensa.

Xoan de Requeixo

4.4.07

Adeus Atento

A marcha dunha empresa da cidade da Cruña é unha pésima nova nun lugar cidade carente dun forte tecido empresarial co que crear máis riqueza, riqueza que non nace, dende logo, de portas cara dentro dun centro comercial.

Nestes tempos tan próximos ás eleccións municipais deberiamos reflexionar sobre o valor dos nosos votos, para evitar que o noso futuro se vexa supeditado ao enriquecimento dunhes poucos, preocupados por algún que outro xoguete en forma de bandeira, piruli ou xardín e sobre todo por aquilo de "y que hay de lo mio?".

Doutro xeito... pouco futuriño che temos!

Fernán da Veiga

PD: A nosa sinceira solidaridade para todos eses traballadores. Oxalá topedes pronto un traballo mellor.