28.2.06

Ponte Vecchio


Eye of Einstein
Unha das máis simpáticas ocurrencias do Sirciño de Punta Herminia foi a de prantexar a construcción dunha "Ponte Vecchio" na coruñesa avenida de Alfonso Molina. Era unha máis de tantas excepcionais obras. Xa sabedes, o "trenecito chucuchú", a "Bola do Dragón" ascendendo cara o Monte de San Pedro, a "Mega Virxe do Carme"... O sirciño non deixaba de ter o puntiño exótico, louco e carnavaleiro. Xa estabamos afeitos a el... viña sendo tan folcloricamente frique!!! Creo que en certa maneira moitos coruñeses imolo botar de menos -non vexas- e se non... de quén van falar as comparsas nos vindeiros entroidos faltando el? Recoñeceredes que o seu sustituto non che ten o seu "encanto" de Dandy de medio pelo aínda que sempre pode aprender. Asdo. Xoán de Requeixo.

Morderse a lingua

Escribirlle -aínda que sexa neste modesto espazo- sempre conleva os seus riscos. Niguén está "libre de pecado" e acaba, antes ou despois, cometendo algún que outro erro. É unha norma, case unha lei, irrefutabel: "o que escribe... mete o zoco". Non sei se será tan grave como para ter que morderse a lingua mais hai que andarse con ollo. Asdo. Eáns de Cotón

Mater España

La Kodorniz Autor: J. Kalvellido
Xa facia ben tempo que non recurría ao meu amigo Sabina -as veces a miña única inspiración española, esa áncora que non me deixa desligarme totalmente da outra parte da pel do touro-. Hoxe quero facelo para darlle un certo aquel divertido -desdramatizandoo obviamente- a todo este caldo rancio que temos por política estatal. Demasiados ingredientes nunca fixeron cousa boa. Ademais creo que xa se nos está pasando outra volta o punto, comézase a torrar. Esperemos que non se nos queime demasiado. Por favor, que alguén lle baixe o lume! Asdo. Eans de Cotón. Pd: Teño as miñas dúbidas: Mater España ou Matter Spain?
Mater España
Máter España de barba peregrina, que falta a misa de doce, que no conoce rutina, masona, judía, cristiana, pagana y moruna. Máter España, más guapa que ninguna.
Madrastra España a la hora de la siesta, la puta que se enamora, la fruta que se indigesta, que al filo de la cucaña mira pa otro lado. bendita España de Azañas y Machados. Cómplice España tormento redentor, Perejil, Ceuta y Melilla, cotos de caza menor, catalán, galego, euskera, lacandón, Castilla, tópica España, fibra óptica y ladillas. Huérfana España raíces y cimientos, epidemias, cicatrices, blasfemias y sacramentos, ¿por quién doblan las campanas? San Fermín en vena, la de Triana contra la Macarena. Judas España del mus y del café, Al Andalus, Malasaña, gitanito aserejé, la del mono azul cobalto y el caballo verde, guardia de asalto que ladra pero muerde. Chusco y legaña de todas o ninguno, tricolor bandera blanca, Millán Astray, Unamuno, cervantina cojitranca de áspero pasado ¿Quién me ha robado el siglo veintiuno? Máter España…

27.2.06

Os españois


Así é como nos ven dende Frankfurt.
Mirar en tono humorístico dado que era unha obra cómica. Asdo. Eans de Cotón

Vai de disfraces

A verdade é que o marco non era para comparar -onde estéa Verín ou Xinzo, q se quiten o resto-, pero o certo é q o alcol sempre remata por facer festa en calquer sitio. Este ano, e por desgraza, só un pequeno grupo de alpendreiros reuniuse na localidade pontevedresa de Ponteareas co fin de sempre: pasalo ben. E abofé que así foi. Non é que houbese moita festa "entróidica", mais onde haxa xente do alpendre, o aburrimento non ten lugar. Ogallá o ano que ven sexamos algún máis. Paquito

26.2.06

Real-idade

A verdade é que temas destes son un pouco chocantes. Ainda hai pouco, cando a lei relativa ó tema este das células nai estaba en pleno debate parlamentario, a xente do PP encheuse a falar de barbaridades (coma é habitual) ó respecto, q se non era "natural", q a saber q prácticas ocultas había detrás de todo iso, q se se lle faltaba ó respeito á ética humana.... Curiosamente, hoxe sae esta nova no "El País". Gustaríame saber se o dircurso cambiará en algo.... ou non. Paquito.

Disparar coas palabras


Foto: Cadena Ser
Resulta duro de roer que alguén pretenda reclamar respeito e dignidade para sí, como victima do terrorismo, cando nos ofrece a faciana máis ruín e rastreira de todas as posibeis. Un xa está máis que aburrido de ver todos os días exemplos de política podre... comezou cos comentarios indecentes -de máis que dubidosa gracia- por parte do pallaso de Martinez Pujalte e logo coa carta de Consuelo Ordóñez mais o paso adiante dado durante a manifestación da AVPP (Asociación das Victimas do PP) pedíndolle ao sr. Presidente "Zapatero vete con tu abuelo" é do máis repugnante. Alguén debería dicirlles a estes señores que antes de seren eles víctimas xa o foron outros... como o abó do Sr. Zapatero. Qué foi da empatía? Asdo. Xoán de Requeixo Pd: A foto que se inclúe no artigo correspóndese a unha víctima-manifestante. Non quere dicir que esta persoa realizase os insidiosos comentarios aos que se fai referencia no artigo. Por favor, desligar unha cousa da outra. Non é o meu obxecto incurrir en faltas de respeito semellantes ás que denuncio.

Entroidando


Salvador Daquí
Foto Paquito
Non todo vai ser política muchachos... Como ven sendo pseudo-tradición... unha cometida do noso particular foro O Alpendre desprazouse por algún lugar deste pequeno país a coñecer as marabillas festeiras da grande variedade de Entroidos que temos por estas terras.

Ponteareas
Foto Paquito
Noutras ocasións foron Laza, Verín e Xinzo, agora tocoulle á Vila de Ponteareas, onde a festa non foi tan forte mais ben lle chegou. Asdo. Pepe das Festas (O retorno)

25.2.06

Deconstruindo o patrimonio

Foto: Voz de Galicia
O outro dia tres fermosas casas do centro histórico de Ferrol consumíronse entre o lume... Pero xa se consumiran antes na ruina e na deixadez administrativa e agora, posiblemente, consumiranse na especulación ou, peor todavía,... na "rehabilitación". Isto da rehabilitación, ven moi a conto co que escribe o compañeiro 'Fernán da Veiga'. O caso de Ourense non é un caso illado, porque non tardaron en escoitarse as voces en Ferrol que xa apostan pola "utilización de máis formigon nas rehabilitacións". O peor de todo é que esas voces proveñen da administración municipal, deses que precísamente tiñan que coidar pola conservación do patrimonio cultural das cidades. En Ferrol, como en Ourense ou en moitas outras cidades existe esa extraña idea de reconstruir desfacendose do vello, para poñer outra cousa máis moderna, máis resistente, máis de 'deseño'. Iso cando non existen outros intereses, digamos máis lucrativos. Por exemplo, non é unha proposta nova en Ferrol o de que se manteñan so as fachadas no casco histórico para construir por detras modernos edificios de formigon e aceiro con vivendas de super-luxo de 200 m. cadrados, ¡cómo se o resto do edificio non fose tan 'patrimonio cultural' como a fachada!. Ademáis, que curioso, precisamente era unha idea dos mesmos que agora apostan polo formigón nas rehabilitacións. Falan de expropiar edificios ruinosos,... ¿para qué? ¿para evitar o seu deterioro? ¿para rehabilitalos? ¿ou para rehabilitalos a sua maneira? así, sacando tallada do asunto. Vendo todo isto non deixo de preguntarme, ¿onde está o maior perigo para o noso patrimonio cultural?,... ¿na ruina ou na rehabilitación?. Onte foi un calexo medieval en Ourense, mañá (se ninguen o remedia) serán tres casas modernistas en Ferrol e isto é so un exemplo dos moitos que se están a producir dende fai bastante tempo... ¿canto se perdeu xa? ¿e pasadomañá, canto se perderá?. Trasancos.

Pequenas perdas

Reconstuir para moitos significa eliminar todo rastro de vellez, como se algo por seren vello, antigo, deixase xa de ter valor. Vémolo día a día nos nosos cascos vellos, nas rehabilitacións que se fan en certas vivendas rurais... até nos máis pequenos e insignificantes detalles -a ollos dos grandes mestres do urbanismo,claro - que sempre deben ser postos en valor mediante unha obra de "chapa e pintura" que elimina todo o paso do tempo. Non comento isto sen razón. Recentemente fun á Ourense e alí puiden comprobar os estragos feitos nun pequeno calexo que conservaba o pavimento orixinal da época medieval, agora actualizado -para min, baixo a miña modesta óptica, brutalmente- mediante o emprego de granito de "fábrica", cambiando, para máis inri, sensibelmente a súa estructura. Asdo. Fernán da Veiga

24.2.06

Lectura entre liñas

ti sabes ler entre liñas???
"Abuelo Cebolleta" sube de novo á palestra para afirmar que até o Vello Patrón, noutrora xefe do partido conservador, deu o seu apoio ao goberno na súa política antiterrorista... mesmo cando este estaba equivocado. En qué estaba equivocado aquel Goberno??? Cal foi o Apoio dado por parte do Vello Patrón??? Era coñecedor xa que Logo do que estaba a pasar??? Ao "Abuelo Cebolleta" a memoria queimalle e ten que ceibala. Cómprelle liberarse, soltar aquelo que gardou durante tanto tempo. Necesita repartir responsabilidades. Será mala conciencia? Asdo. O Xoán... coma sempre Requeixeando

Empatía

Creo que hai poucas palabras que me gusten tanto como esa: Empatía. É unha palabra simple, semella case un poema. É fermosa na forma mais faise aínda máis grande cando entendes e aplicas o seu significado. Ela mesma é como unha lei filosófica: Poñerse no sitio do outro, sentir o que o outro sinte, ver o que el ve. Debería ser materia de estudo en todas as escolas: "A Empatía e o seu significado" De seguro que certas cousas collían outro rumbo. Asdo. Eáns de Cotón

22.2.06

Si no seu nome...

Case perderamos totalmente a esperanza de ver como entre o conxunto das víctimas do terrorismo se alzaba algunha voz discrepante do pensamento único que tanto asoballa mentes e esperanzas. Hoxe, por fin, temos aquí a voz libre, ceibe, desa outra parte das víctimas que non queren perder un minuto, nen unha soa gota de sangue, nen unha oportunidade máis para facer que isto acabe. Oxalá a súa boa fe, xunto coa nosa, trunfe e se poida pechar ese ciclo da historia, esa fenda que tanto doe; xa tarda. Asdo. Fernán da Veiga.

Qué o demo nos leve!!!... se non é catalán

Certos posicionamentos políticos non deixan a ninguén frío e máis neste caso, onde vemos que os máximos adalides da españolidade prefiren venderlle o pastel de Endesa aos alemáns antes que deixarllelo aos cataláns. Terei seriamente que revisar as miñas nocións de xeografía mais creo lembrar, así o estudei no seu día, que Cataluña viña caendo dentro do mapa de España e máis aínda para determinados grupos políticos, precisamente dos que estou a falar. A ver se vai ser... si, será iso logo... Vai ser que estes señores do PP pretenden recuperar o vello imperio... e consideran Alemaña como territorio español... pois vai ser que non! Nunca imaxinei tal inxenuidade. Asdo. Xoán de Requeixo Pd: Qué foi daquela vella reivindicación do "Xibraltar Español"? Seica se aburriron de esperar aos ingleses e agora apuntan a cotas máis altas?

21.2.06

Historias para gardar

Sucedeu en Viena nun mes de frío febreiro. Catro mozos galegos emprenderon unha viaxe dunha semán polas xélidas terras centroeuropeas cun obxectivo: pasalo moi ben. Por se os xantares desas terras lonxanas non eran do noso agrado, acordamos portar varios paquetes de embutido da terra para cando entrase a fame, mais, as presas fixeron que o encargado de levalas esquecera o preciado manxar na casa, e marcharan sen nada do xénero nas mans. Tal foi a reacción de angustia ante tal desgracia, que o máis afectado polo asunto procuroulle inxurias e calumnias durante todo o 1º día de viaxe ó pobre rapaz que, sen malicia, deixara na casa todo aquel comer, e xurou ós catro ventos que había que comer embutido durante a viaxe, fose onde fose, "y por sus santos cojones". Ó 3º día de viaxe, chegaron a Viena en medio dunha tépeda nevada, un sábado tarde. Tardaron un anaco en atopar o albergue, pero finalmente deron con el. Xusto de camiño, e prácticamente ó lado do lugar de repouso, poideron comprobar a existencia dun supermercado, onde por fin poderían saciar aquela fame "embuteril", se se me permite o vulgarismo. Pero, tan mala sorte tiveron que, cando dous deles baixaron do albergue unha vez deixadas alí as súas pertenzas, o comercio pechara as portas. Ante a expresión das súas facianas no tocante a "qué facer", divisaron, enfronte ó devandito supermercado, a clásica tenda da vella. En vez de pensar en irlle cear por aí, a ver qué atopabamos, pois non, había que cear embutido ("craso error", como se comprobou a posteriori, información que algún día será escrita... ou non). Entraron os mozos, e unha hospitalidade sen par recibiron daquela señora os visitantes, cheos de fríos e cuns atuendos do maís singular. Sabían o que querían, algo de queixo, e algo de salame. Quizáis ó final se lles fose a man pedindo, pero iso é outro tema. O caso é que remataron levando de alí case un kilo de embutido, 4 mazás, uns anacos de pan e unha botella de Coca Cola de 2 litros. Ámbolos dous sabían que estaban en Viena, cidade cara de por sí, e agardaban un prezo final elevado, pero o que non agardaban foi que fose necesario rematar por baixar o pantalón para seren quen de pagar o montante da deuda contraída coa víbora da vella. Coa cabeza gacha, a bolsa na man, e un "auf wiedersehen" de mala gana, alá marcharon os dous incautos que mercaron embutido na tenda da vella vienesa, non sen antes, para a súa maior vergonza, ter que escoitar da boca da ancián que "mañán domingo tamén abro ata a tarde, por se vos pasades a mercar uns ovos e tal e tal...". Ainda co cú quente, liscaron aqueles dous rapaces coa cara vermella de vergonza, un cagándose en todo porque o outro deixara o embutido na casa, e o outro, en vinganza, ríndose a mares por dentro sabendo que o 1º, polo seu antollo, ía rematar comendo no embutido do nabo ata as sobras, e lambendo nos envoltorios ata deixalos brillantes. Ó final, aínda se rían e todo. Cousas que pasan. Paquito.

19.2.06

Virá a pomba...?


Estatua do xeneral Millán Astray sita diante do Acuartelamento de Atocha (Cruña) foto: Trasancos
Coa marcha de Paco ....virá, por fin, a Pomba? chegará finalmente a democracia? quitarán as estatuas? cambiarán o rueiro? retirarán os simbolos ignominiosos? Asdo. Eáns de Cotón.

Galego-portugués?

Eu non son moi partidario da denominación Galego-portugués aínda que só sexa por manter un chisco a coherencia histórica -tal como eu a entendo-. Sei que algúns compañeiros discreparán, dirán que non é así mais eu así o penso: é unha simple denominación moderna, unha construcción feita en base á situación actual, non en base á realidade que había no momento en que o galego se diferenciou do latín até o punto de ser considerado unha lingua distinta. Curioso é ver a opinión que os colegas portugueses, con todo o respeito, teñen do galego. Cada quen que tire as súas conclusións. Eáns de Cotón.

Lingua larga

Aínda sabendo que nesa igrexa que se di de Deus hai moitos e moi diferentes tipos de persoas -dou fe, aqui en Galiza temos varias especialmente sobranceiras- ultimamente están destacando os máis rancios e torticeiros de todos. Resulta noxento -por moito que o autor sexa un párroco xubilado... vamos, aínda estando gaga!- que se compare nun escrito ás mulleres asasinadas por maltrato -non sei como chamarlle, xa me perdo nesta marabunta nominal, digamos "doméstico"- cos abortos que se practican en España e que aínda por riba se lles bote a culpa ás vítimas dado que "más de una vez provocan con su lengua". Espero que esas mulleres e os seus achegados non sintan a soidade e incomprensión que imaxino estarán pasando. Non hai direito. Canta penitencia lle compría a máis de un!!! Fernán da Veiga

Novos tempos

A fuxida paconiana abre un novo tempo político neste pequeno e atlántico recuncho que é a península da Cruña. Quen sabe se o tempo acabará por pór a cada quen no seu sitio... por moito que os seus amigotes se empeñen en vender a súa aloucada carreira como o máis grande dos sucesos. Eu teño a remota esperanza de que chegue algo de luz aínda que esta é máis feble que a miña sospeita de que iso non vai ser así. Por experiencia sabemos que en política a memoria é máis pequena do que nos gustaría a moitos e rapidamente se pasa a páxina, por influencia de xornais e prensa, claro (véxase o caso de F. Trillo), de maneira que o máis desalmado logo aparece como un santiño e... a outra cousa. Particularmente paradóxico resulta o feito de que ao pouco de botar ao Patrón... o seu amigo intimo, o sirciño, renuncia a presentarse ao seu cárrego... mesmo iniciadas as grandes obras do Porto Exterior da Coruña... en Arteixo! e o que iso representa para o futuro da cidade (sexa bon ou sexa malo, xa o veremos). Está claro o que dura, dura e mentres os seus socios na sombra gobernaron... ao Sirciño non lle foi tan mal, non si? Que lle quiten o bailado! Xoán de Requeixo. Pd: Cómo lle chamarei agora? Sir Embaixador?

Da nacionalidade

Sempre que nos medios falan da "nacionalidade galega" fano para referirse á procedencia de tal ou cual persoa supostamente relacionada co narcotráfico... para iso, para as cousas malas, rapidamente atribuen nacionalidades, conceden pasaportes e se me apuran un pouco... independencias. Moito me fode!!! O peor do caso é que non falo de medios "mesetarios", non. Xoán de Requeixo.

15.2.06

Rusiña imposibel


As casualidades sonche as veces do máis impredecibeis... impensabeis... imposibeis... catro galegos/as chegando a Frankfurt unha noite nevada e fría... atopan unha moziña e comezan a falar... Ao longo da noite... birra tras birra... descobres como a nosa nova amiga é moscovita... coñece Galiza até o extremo de ser ex dun "gaiteiro galego" de Moscu!!! (ollo: non falo dun fillo de emigrante, non, un auténtico aborixen ruso) Cousas veredes neste microplaneta... mais isto é o nunca visto!!! Viva Galiza!!! Viva Rusia!!! Todo polo aire até as tantas... claro. Apertas fortes amiga Sasha! Asdo. Eáns de Cotón (volvendo ao rego)

14.2.06

Proximidade

Cinco galegos dando unhas cantas voltas nun tranvía na lonxana cidade de Viena. Un home preto, escoitando falar xente nunha lingua diferente mais próxima á súa -era de Angola- achégase a nós para preguntarnos en que estabamos a falar. El entendía mais tiña un certo cacao mental, non sabía se era castelán ou portugués o que nos falabamos. Sorprendido ao comezo, finalmente entendeu as nosas explicacións. Falamos amigabelmente con el un anaco e logo despediuse; baixou do tranvía mais non sen antes -non lembro moi ben a conto de que- deixar no aire un vocablo ben próximo a nós: "Carallo!!!"(*) Eáns de Cotón (*) Que familiar resulta oilo cando andas por aí fóra; mesmo ten un aquel a agradecer, aínda vindo dun home culturamente diferente, de procedencia lonxana mais próximo ao fin e ao cabo.

12.2.06

Budapest

A verdade é que foi unha grata sorpresa esta cidade. Das catro que iamos visitar, a priori non sabía cal me ía gustar máis, ainda que quizáis Viena fose a máis chamativa. Nembargantes, foi chegar a Budapest, e a miña opinión fíxose clara: a capital húngara era a que máis encanto tiña, cunha beleza diferente ás demáis cidades, e con esa tonalidade blanca do inverno que facía dela un soño. Pero quizáis o máis rechamante desta cidade foron as mozas. Era realmente complexo atopar pola rúa a unha moza que non fose guapa (enténdase por guapa a beleza da súa cara). Eu diría que entre un 90, 95% das mozas eran guapas ou moi guapas, e cuns ollos que cegaban a calquera, á vez que eran capaces de alumear a noite máis preta. Se hai algo que non esquecerei desta cidade, aparte da súa beleza en sí, é a presencia de tal cantidade de mulleres de facianas inesquecibles, e de miradas azuladas en forma de océanos infinitos. Paquito

10.2.06

Sorprendente

Ola amigos, amigas e outras herbas varias de todo tipo e condición. Xa estamos aquí de novo despois dunha semaniña de vacacións polas hipermegafrías terras de Alamaña, Eslovaquia, Austria e Hungría (Budapest, o máximo!). Debo dicir que foi un tempo de desconexión total dado entre outras cousas ás dificiltades lingüísticas máis que obvias. Ao noso regreso vemos como as cousas da política estatal andan tan caldeadas coma sempre, na liña que o PP ven levando dende un tempo a esta parte, cousa que xa damos por normal. O que xa non é tan frecuente e non ten tan fácil asimilación é a nova de que o noso "amigo" Sirciño de Punta Herminia renuncia a presentarse ao carrego novamente para marchar de embaixador a Roma. Moi mal debían estar as cousas nas enquisas para ter que tomar esa decisión tan, digamoslle, cobarde... O normal, tendo en conta a súa fachenda, esa da que tanto fai gala, sería presentarse "cun par" e superar esa ridícula cifra de 140 votos que lle deixaron "moi polos pelos" obter maioría absoluta nas últimas eleccións. Dito con outras palabras... Sr. Paco... Hai mediño, Carallo!!! Asdo. Xoán de Requeixo Pd: Curiosa coincidencia... fai pouco o vello patrón foi "relevado do mando" da nave e agora o Sir, sempre fiel a certos mandados, decide marchar pola súa conta, coma quen que segue o vello refrán das barbas e o remollo. Qué extraño, non? Polo menos o vello Patrón tivo valor a presentarse cando as cousas comezaban a poñerse na súa contra e aínda así, marchou gañando.

1.2.06

Despegamos...

Xa quedan poucas horas para comezar a nosa xélida excursión por certos recunchos da Europa (Frankfurt, Budapest)... esperemos que as baixas temperaturas non nos impidan andar, ver e desfrutar das maravillas, de todas as maravillas, que por alá atopemos... oxalá sexan moitas. Non vos preocupedes... novas teredes... á nosa volta (*) Apertas. Eásn de Cotón (*)Se hai volta!!!