28.11.05

Podre semente

A min sinceramente nunca me pareceu un bo sinal que a dereita saira á rúa a protestar. Diferentes experiencias históricas serven de exemplo, todas elas negativas ao meu entender. Podeno facer, sí. Teñen tanto direito como o que máis e nós non llo podemos impedir nen negar; somos inxenuos á par que xenerosos. As razóns das súas protestas son meros artificios para colocar en entredito a un goberno que eles califican de feble e que quizais está sendo -coa boca pequena- un dos que máis está a traballar para facer que as cousas cambien. Como noutras ocasións non están sozinhos nesa "Santa Compaña", non, veñen dan mao dun séquito de curas e monxas e pechando a comitiva están os seus amigotes da AVT, dispostos a axudalos agora que atravesan malos momentos e para iso recurren aos argumentos máis absurdos e insultantes, a calquer cousa con tal de desacreditar ao goberno lexítimo, tanto aos ollos de España como diante de calquer país da Europa. Demencial. No fondo todos son unhes iluminados pero iluminados polo vicioso relocir do vil metal. Xa o din eles "a fe move montañas"... só hai que porlle prezo e recalificar os terreos. Deixándonos de brincadeiras e caralladas, a cousa paréceme seria e preocupante, non tanto por eles, se non pq. sei que a base de repetir e repetir... algún acabará aprendendo a cantinela e non sabemos que resultado podemos sacar de tan podre semente. Nada bo, penso eu. Asdo. Xoán de Requeixo.

Máis de cen...

Será cousa, amigo Joaquín, de que me deixes 99 dos teus motivos. Eu moitos días só che teño un .... e ves sendo ti coas túas fodidas letras, esas que hoxe me animan e mañá me destrozan. Asdo. Eáns de Cotón Más de cien mentiras Joaquín Sabina - Jaime Asúa Tenemos memoria, tenemos amigos, tenemos los trenes, la risa, los bares, tenemos la duda y la fe, sumo y sigo, tenemos moteles, garitos, altares. Tenemos urgencias, amores que matan, tenemos silencio, tabaco, razones, tenemos Venecia, tenemos Manhattan, tenemos cenizas de revoluciones. Tenemos zapatos, orgullo, presente, tenemos costumbres, pudores, jadeos, tenemos la boca, la lengua, los dientes, saliva, cinismo, locura, deseo. Tenemos el sexo y el rock y la droga, los pies en el barrio y el grito en el cielo, tenemos Quintero, León y Quiroga, y un "bisnes" pendiente con Pedro Botero. Más de cien palabras, más de cien motivos para no cortarse de un tajo las venas, más de cien pupilas donde vernos vivos, más de cien mentiras que valen la pena. Tenemos un as escondido en la manga, tenemos nostalgia, piedad, insolencia, monjas de Fellini, curas de Berlanga, veneno, resaca, perfume, violencia. Tenemos un techo con libros y besos, tenemos el morbo, los celos, la sangre, tenemos la niebla metida en los huesos, tenemos el lujo de no tener hambre. Tenemos talones de Aquiles sin fondos, ropa de domingo, ninguna bandera, nubes de verano, guerras de Macondo, setas en noviembre, fiebre en primavera. Glorietas, revistas, zaguanes, pistolas, "qué importa", "lo siento", "hasta siempre", "te quiero", hinchas del Atleti, gángsters de Coppola, verónica y cuarto de Curro Romero. Tenemos el mal de la melancolía, la sed y la rabia, el ruido y las nueces, tenemos el agua y, dos veces al día, el santo milagro del pan y los peces. Tenemos lolitas, tenemos donjuanes; Lennon y McCartney, Gardel y LePera; tenemos horóscopos, Biblias, Coranes, ramblas en la luna, vírgenes de cera. Tenemos naufragios soñados en playas de islotes sin nombre ni ley ni rutina, tenemos heridas, tenemos medallas, laureles de gloria, coronas de espinas. Tenemos caprichos, muñecas hinchables, ángeles caídos, barquitos de vela, pobres exquisitos, ricos miserables, ratoncitos Pérez, dolores de muelas. Tenemos proyectos que se marchitaron, crímenes perfectos que no cometimos, retratos de novias que nos olvidaron y un alma en oferta que nunca vendimos. Tenemos poetas, colgados, canallas, Quijotes y Sanchos, Babel y Sodoma, abuelos que siempre ganaban batallas, caminos que nunca llevaban a Roma.

Visita inesperada

Esta fin de semana recibín a visita dun amigo que non vía dende facía moito tempo, o Pepe, Pepiño das Festas. Levaba moito tempo sen saber nada del e non me quixo dicir onde se metera durante a súa ausencia, pese ao obstinado da miña insistencia. Coma sempre, non ben entrou pola porta e xa arranxou para sí a primeira dunha longa serie de bos cubatas. Sempre igual, meu fillo, non tes pensado cambiar nunca? Xa vas tendo certa idade por moito que che boten 26!!! Non estivo moito tempo, quizais o suficiente para que os máis botasen unhas risas cos seus desbarres e quizais tamén con certas intimidades desveladas sen o meu permiso. Finalmente, cando xa deu por feito o que pretendía, emborracharse e pillar unha lascarda de órdago, colleu e saiu pola porta sen sequera despedirse. Espero que non volte en moito tempo; A parte dos correspondentes estragos no fígado, deixame o corrazón algo encollido, engurrado coma un figo pero non deixo de terlle un certo cariño, non pensedes, simplemente non sabe gardar as formas. El é así e hai que deixalo. Asdo. Fernán da Veiga

27.11.05

Nevada excursión

Sempre digo, xa volo dixen en máis dunha ocasión, que os galegos temos a sorte de vivir no país máis fermoso do mundo. Non é este un acto de soberbia, é unha pequena e modesta realidade que non lle nega aos máis ter os seus correspondentes "países máis bonitos...". Este, dende logo, é o meu. Todo o anterior ven a conto pq. que esta fin de semana unhes cantos amigos, entre eles outro membro do alpendre, fumos de excursión gaiteiril polas terras do Incio, na parte oriental da provincia de Lugo. Con anterioridade a esta visita xa coñeciamos aquela zona pero era a primeira vez na que tivemos o "privilexio" de desfrutar, gozar, daquelas paisaxes cubertas por unha fermosa alfombra branca. Botar unha simple ollada a cada pedra, cada prado, cada camiño, cada póla, cada árbore,... era un verdadeiro espectáculo e mesmo as barbaridades urbanísticas que iamos atopando antes de entrar propiamente no Incio semellaban diferentes con aquela capa branca que lles servía de camuflaxe. Tivemos a sorte de poder visitar a igrexa románica do Hospital do Incio, unha xoia feita en mármore. Relatar a visión da igrexa e de fondo un mar branco de árbores, iluminado todo por aquela extraña luz é para min un exercizo demasiado complexo; excede con moito as miñas posibilidades descritivas. Non me gustaría animar ás masas a pasar por aquel entorno -son temeroso dos estragos que se poidan facer- mais quen teña sensibilidade, saiba apreciar a natureza ao 100%, así como valorar na súa xusta medida a dificultade do modus vivendi daquelas xentes, non debería deixar de coñecer eses lugares. É un pequeno paraíso, duro sí, pero paraíso ao fin e ao cabo. Asdo: Fernán da Veiga

Outono

Onte á noite fun tomarlle algo a un curioso café na Cruña. É un sitio particular e moi interesante por diferentes motivo. Para comezar: non poñen música en "vinganza" contra a SGAE pero aínda así ten ambiente, hai un aquel moi especial. Penso que niso ten que ver principalmente a simpatía da rapaza que o leva, dotada dunha simpatía natural, óptima para brindar un trato amable, de proximidade e confianza co cliente. Unha das mellores cousas do café é que podes facer uso da biblioteca libremente, coller calquer libro, levalo para casa e devolvelo cando remates con el. Hai quen se anima e fai a súa particular aportación á causa, deixando máis libros dos que colle. Eu escollín unha pequena escolma do día das letras e dentro del atopei este poema do poeta Luís Pimentel. Non entendo moito pero debe ser bonito; digo isto pq. un ven sendo algo bruto e torpe e aínda así fun quen de sentir moitas cousas coa súa lectura. Que o desfrutedes. Asdo. Eáns de Cotón. "Outono, alto outono: destilado licor. Ela espida, limpa, nun suntuoso cadro, (luminoso marfín) Quixera ser ámbar a folla. Se bateses o río, sonaría a puro ouro. Outono, alto outono. Nada vibra nin se derruba; nada hai hostil na terra. Sereo, terso ceo. Non percureis agora o misterio." Luís Pimentel Sombra do aire na herba

25.11.05

O rincón feminista

O 25 de novembro de 1960 Patria, Minerva e María Teresa Mirabel, foron asesinadas a mans da policía do dictador Rafael Trujillo, o seu delito era ser activistas en contra do réxime. Para as feministas dominicanas as irmás Mirabel supoñen a loita, a superación, a resistenza da muller, son un símbolo no seu país.Así, no primeiro encontro feminista de America Latina e o Caribe en1981, declaran a data do 25 de Novembro como o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA EXERCIDA SOBRE AS MULLERES. A día de hoxe, son miles de mulleres as que sofren diariamente todo tipo de actos violentos:Terrorismo doméstico, a mans das súas parellas (tamén pode darse por outros familiares) , incluindo tanto malos tratos físicos como psicolóxicos.Agresións sexuais, violacións, acoso sexual, trata de mulleres, obrigando a moitas delas a prostituírse, venta de nenas incluso polas súas propias familias en países sen recursos, matrimonios de conveniencia tratando a muller como unha mera mercancía, sen dereitos. Por todas elas, hoxe queremos unirnos á voz das que sofren a diario a violencia en moitos casos, simplemente por ser muller, e dicirlles que non están solas. Denuncia os malos tratos, NON SEXAS CÓMPLICE.

Por elas

Autorretrato de muller (Joü)
Por elas... como fillos e fillas delas... por elas... que mañá serán as nosas fillas por elas... nais que amamantan os nosos pequechos... por elas... de lonxe e de aquí, por elas... que sofren, por elas... vexadas, discriminadas, zoupadas, violadas, ... mortas; Por todas elas. Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller Asdo: Fernán da Veiga Ligazóns: Cara á igualdade, contra a violencia
Marcha Mundial das Mulleres Para recrear empatías: U2 One trad. U2 MISS SARAJEVO Trad.

24.11.05

Mensaxe escrita

As veces pretendes escribir e dicir cousas de interese, reflexionar sobre acontecementos ou, cando menos, tratar de ofrecer a túa cativa e modesta visión sobre as cousas. Pensas que tamén sería importante ofrecer outra ollada, diferente da imaxe oficial que tanto e tan ben nos venden, e poñer -sempre que os nosos coñecementos axuden- as cousas no lugar correcto; os puntos e as comas nos seus correspondentes sitios. Decides tentalo e despois de andar un pouco por acó e por aló... atopas exactamente -salvo referencias persoais- o teu discurso, a túa mensaxe, xa escrito, plasmado e aberto ao acceso de todo o mundo. Nese intre, no canto de lamentarte, sintes a extraña satisfacción de que hai máis xente discrepante; coincidente co teu pensamento, e máis aínda por comprobar como a maquinaria de propaganda resulta milagrosamente esteril. Asdo. Fernán da Veiga

22.11.05

Os mellores

Os mellores blogs do mundo, según votación popular: Más respeto que son tu madre (es-AR) Tupiniquin (pt-BR) [tamen mellor blog xornalistico en español] БАЙКИ ИЗ ПОДЗЕМЕЛЬЯ [Condos do subsolo] (ru-RU) Algúns extráñanse de non atopar a O Alpendre entre a lista de nomidados. De verdad que tentei mercar o xuri, pero non houbo maneira: son americanos, e o nivel de vida fai que os sobornos sexan moi caros. Hai outros premios, os Bloggies, que se organizan a principio de ano. Hai que lembrarse de anotar a esta bitácora como candidatos, a ver se hai sorte...

Foi

Isto não é um conto erôtico. Não é piada. Isto passou tiuuu!!! Chega e mete-se. Ponto final. . A Rubem Lamas, luitador incansável por uma nova, Galiza

20.11.05

Coincidencias do destino

As casualidades as máis das veces fan dubidar a un, fanlle pensar se serán tales ou se haberá alguén que anda controlando o destino do que nos rodea até nos máis pequenos detalles. No transcurso dunha viaxe de 2 ou 3 horas eu viña no coche, escoitando música -o meu amigo Sabina, obviamente- en orden aleatorio... moitas, moitas pezas en mp3 -un CD completo pezas entremezcladas- e somentes foi unha a que se repitiu até en tres ocasións. Cruel día escolleu o destino para andar con brincadeiras. Asdo: Xoán de Requeixo Pd: Canteina as tres veces, de cabo a rabo: foi todo un grito desgarrado, berro a gorxa aberta. Debeuse sentir no ceu... e quizais tamén no inferno. Adivina, adivinanza Joaquín Sabina Mil años tardó en morirse, pero por fin la palmó. Los muertos del cementerio están de Fiesta Mayor. Seguro que está en el Cielo a la derecha de Dios. Adivina, adivinanza, escuchen con atención. A su entierro de paisano asistió Napoleón, Torquemada, y el caballo del Cid Campeador; Millán Astray, Viriato, Tejero y Milans del Bosch, el coño de la Bernarda, y un dentista de León; y Celia Gámez, Manolete, San Isidro Labrador, y el soldado desconocido a quien nadir conoció; Santa Teresa iba dando su brazo incorrupto a Don Pelayo que no podía resistir el mal olor. El marqués de Villaverde iba muy elegantón, con uniforme de gala de la Santa Inquisición. Don Juan March enciende puros con billetes de millón, y el niño Jesús de Praga de primera comunión. Mil quinientas doce monjas pidiendo con devoción al Papa santo de Roma pronta canonización. Y un pantano inagurado de los del plan Badajoz. Y el Ku-Klus-klan que no vino pero mandó una adhesión. y Rita la cantaora, y don Cristóbal Colón, y una teta disecada de Agustina de Aragón. La tuna compostelana cerraba la procesión cantando a diez voces clavelitos de mi corazón. San José María Pemán unos versos recitó, servía Perico Chicote copas de vino español. Para asistir al entierro Carrero resucitó y, otra vez, tras los responsos, al cielo en coche ascendió. Ese día en el infierno hubo gran agitación, muertos de asco y fusilados bailaban de sol a sol. Siete días con siete noches duró la celebración, en leguas a la redonda el champán se terminó. Combatientes de Brunete, braceros de Castellón, los del exilio de fuera y los del exilio interior celebraban la victoria que la historia les robó. Más que alegría, la suya era desesperación. Como ya habrá adivinado, la señora y el señor, los apellidos del muerto a quien me refiero yo, pues colorín colorado, igualito que empezó, adivina, adivinanza, se termina mi canción, se termina mi canción.

19.11.05

Sempre condón

Como en case todas as relacións mellor usar... condón!!!! Eso deberon pensar os directivos da "Caixa AlgoGalega" cando lle "perdoaron" unha débeda de 300 millóns ao seu benquerido "Partido do Patrón". Sempre sospeitei que ambos mantiñan unha quente e tórrida relación mais nunca pensei que fose necesaria unha condonación tan enormente cara... e digo eu... non lles valerian os típicos "Control","Durex"...??? Bon, cousas de parellas, xa se sabe. Asdo. Xoán de Requeixo

18.11.05

Despilfarro tolo

Hai que ver como son estes socialistas e estes bloqueiros... unhes poucos meses no goberno e gastan 15 millóns (*) de eurotes en telefonía mobil!!! Deberon chamar a todos os seus amigotes para contarllo. Asdo: Xoán de Requeixo Pd: Ler "con acento" do país e un par de quilos de retranca e outro tanto de ironía fina. (*) Non lembro exactamente o total ao que ascende... era tan grande.

Cuestións claras

O feito de que a direita española reivindique, trate de actualizar e revisar a figura do vello dictador é un síntoma claro e evidente de que malamente poden abrazar e defender valores e posicionamentos, non xa constitucionais, se non propiamente democráticos. Aínda dando por descontado que hai xente de ideoloxía conservadora que non ten, nin quere ter, nada que ver co que significou o anterior réxime, hai outros -quizais a maioría- que sinte nostalxia e añoranza da situación política anterior, feito este que se manifesta claramente no actual revisionismo da figura e da historia do dictador e nesa protección descarada dos signos e símbolos que representaron ao anterior sistema. Baixo a miña modesta visión, sen pretender prender vellos lumes -nunca apagados de todo- direi que esa direita da que falo a día de hoxe ofrece unha mala, moi mala diagnose. Espero estar equivocado. Asdo. Xoán de Requeixo

17.11.05

Boa nova

Hoxe recibín a nova de que unha grande amiga miña está esperando o seu primeiro fillo. Debo dicir que non me pillou de sorpresa de todo pq. xa me comentara a idea mais non pensaba eu que o dixera tan en serio. Agora vexo que si!!! Trouxome unhas pequenas imaxes, unhas borrosas ecografías nas que aparecía o diminuto corpo dun proxecto de persoa de tan só unhas semanas. Quedei algo aquelado pq. nunca até hoxe vira nada parecido. Non lle comentei nada, non soupen que dicir nin sequera manifestei a máis mínima expresión de ledicia ou sorpresa; dinlle a noraboa dunha maneira algo fría e distante, ritual de contersía, simplemente. Foi como se non fose consciente do que me estaba mostrando. Pese a iso, agora que o penso fico moi feliz e contente por ela e o seu compañeiro. Alégrome moito. Asdo. Fernán da Veiga

Confesións

Confesións - Ave María purísima… - Sin pecado concebida… Dime fillo, ¿qué é o que te aflixe? - Verá Padre,… creo que a pasada fin de semana cometín uns pecados moi graves… ¡pecados capitais Padre! - ¡¿Cómo dis meu fillo?! ¿qué pecados?, cóntame… - Verá Padre, o sábado pasado creo que cometín pecado de Soberbia e Avaricia… e ademáis iso levoume a mentir tamén, ¡e de maneira interesada! Padre. - Iso é moi grave fillo, xa sabes que si cometes algún dos pecados capitais vas direitiño de cabeza o Inferno… pero cóntame, ¿qué é o que aconteceu? - ¡Ai Padre!, non me asuste,…Pois verá, ese día eu e alguns amigos saimos a rua e puxémonos a pedir a berros que a nosa educación e a nosa relixión fose obrigatoria para todo o mundo, incluso para aqueles que non son relixiosos ou teñen outras crenzas. ¡Cómo se a única verdade do mundo fose a nosa! Non tratamos de difundir a mensaxe da Igrexia, Padre, tratamos de impoñela, tratamos de obrigar a tódolos españois a estudar a relixión católica para poder obter unha educación… ¿non é iso soberbia, Padre? - Buenooo… depende… - …e ademáis pedimos que todo o mundo, catolicos, relixiosos, musulmans, ateos, agnósticos,… en fin, tódolos españois pagasen cos cartos de todos a educación católica que nos queremos impoñerlles…iso e soberbia ¿non?... e avaricia tamén. - Homeeee, eu non diría iso… - …e por si fose pouco, a soberbia e a avaricia leváronos a mentir… ¡e a insultar Padre!...houbo xente que incluso pediu que queimasen a unha señora do goberno na fogueira, ¡cómo no tempo da inquisición!... eu dixen que si o goberno non pagaba con cartos públicos a educación católica dos meus fillos nun colexio privado estaban coartando a miña liberdade, ¡Ai Padre!, ¡qué mentira tan gorda!, ¡qué soberbia tan grande!,... - ¡Tranquilo fillo!... non te aflixas… - …¡Ai meu Deus!, Padre, que iso non é o peor de todo… o peor é que canda min había centos de miles de persoas, pais de familia, homes e mulleres, monxas, políticos,… ¡e ata vinte obispos!,… e todos dicíamos o mesmo, Padre, todos fumos soberbios e avariciosos, todos dixemos mentiras interesadas… ¡Ai Padre!, ¡imos arder todos no Inferno!... - Pero fill… - …e ademáis, estou enganándome a min mesmo, Padre, porque fai uns meses apoiei unha manifestación en contra dos matrimonios homosexuais e resulta que… - ¡Acabouse!, ¡ata aquí chegamos!... - … pero… - ¡Nin “pero” nin gaitas!, ¡ninguén vai ir o Inferno!, pero vamos a ver home, ¿para qué está a confesión?... - Pois… - Pois para arrepentirte dos teus pecados, ¡qué Deus todo o perdoa!,… ¡que parece mentira que sexas católico Mariano!... ademáis, xa che dixen un cento de veces que non me digas Padre, dime Monseñor, ¡qué para iso son obispo!, ¡e ademáis da capital! - Sintoo Pad… ¡Monseñor! - Ademáis, todo o que fagas en beneficio da Santa Iglesia ben feito está, ¿qué me vas a contar?, si eu tamén estaba alí o sábado, así que fai coma min, reza un par de Avemarías e tres Padrenuestros e todo solucionado, xa non hai pecado. Anda fillo, deixa de decir parvadas, e ide pensado na próxima, que agora que a selección conseguiu clasificarse para o mundial, teremos que botarlle a culpa ó do ‘talante’ cando nos eliminen en cuartos. - Dacordo Monseñor. Moitas gracias. - Veña pois, Ego te absolvo in nomine Pater et Filli et Espiriti Sancti… - ¡Amén! - Amén fillo, ¡ala, vai con Deus! - Gracias Monseñor - De nada fillo, de nada… …¡Válgame Dios!, mira que nos saiu “rariño” este rapaz, ¡non, se agora vai resultar que ten escrúpulos e todo!… hai que ver, ¡co ben que o facía José María!

16.11.05

Volta ao rego

Mentres escoito o meu amigo Boss e a súa "Reason to Believe" penso nas malas pasadas que me xoga, ano tras ano, esta fría e escura estación chamada Outono. Normalmente é o tempo de recuperarse dos estragos causados polo festeiro vrao mais cada vez se torna máis nunha estación morriñenta, escura mais non por iso triste; simplemente un tempo propio, meu, que teño que empregar en exclusiva para min, para atopar un camiño cara onde andar nos vindeiros meses e quizais nos vindeiros anos. Reflexiono e penso que sería necesario un retiro; agocharme, como fai o oso, nunha cova até que, por fín, chegue o día en que se faga primavera. E se non chega? Asdo. Fernán da Veiga. Pd: Terei que mercalle outra harmónica.

Las dos españas

Después de ver el programa de esta noche en Telecinco de Mercedes Milá, donde se hablaba de los movimientos ultraderechistas que existen en este país, la verdad es que me he preocupado un poco. La gente parece pensar que la pasada guerra civil española se produjo hace varios siglos en el tiempo, y no se da cuenta que apenas han pasado 70 años. La barbarie que allí se produjo, con miles y miles de muertos, ya parece que se ha ido de la mente de todos. Las ansias de este sector social por recuperar el estado nacido tras dicha matanza son cada vez mayores. El estado español, a día de hoy, está aplicando medidas aperturistas y progresistas en varios frentes. Hablar de la revisión de los estatutos de autonomía de las comunidades autónomas, las libertades para la comunidad gay, las políticas de integración social para los inmigrantes, la reducción de la influencia católica en la educación, etc., está haciendo que cada vez más la extrema derecha tenga motivos para levantarse y crecer en número. Por desgracia, la coyuntura internacional no ayuda. El petróleo, que tiene a las economías mundiales presas del pánico ante sus vaivenes de precios, la situación en Francia, que vive una escalada de violencia por el tema de las clases desfavorecidas, o la existencia del terrorismo islámico a nivel mundial son ejemplos que sirven a los derechistas para decir que la democracia está en crisis, y que el mundo desarrollado no funciona como es debido. Desafortunadamente, la calma chicha que devino tras la transición democrática se está tornando en mar gruesa una vez la sociedad avanza. Todo desarrollo hacia el mañana, todo progreso que desde los estados se está intentando para un mañana mejor está siendo ensombrecido por el auge de la ultraderecha ya no solo en España, sino en Europa. La derecha vuelve a gobernar Alemania, y Le Pen ganará votantes después de ver como está Francia a día de hoy. Hoy me he asustado, porque veo que las dos españas vuelven a distinguirse cada vez más, y la unidad de la transición está perdiendo adherencia. Me aterroriza que esta ultraderecha pueda llegar a organizarse y destrozar todo lo que, con tanto trabajo, se ha hecho en los últimos años, tras el atraso de la era franquista. Ya empiezan a día de hoy a intentar reescribir la historia, a reflotar la imagen de Franco tras sus 30 años bajo tierra, y esto va a más. Estoy a favor siempre del progreso, pero empiezo a pensar que este país, en general, no está todavía preparado para ello. Hace falta que pase una generación al menos para que la conciencia ciudadana cambie y deje atrás ese pasado nefasto de la época autárquica. Hay medio país que no deja avanzar al otro medio, y sus amenazas son basadas en la fuerza, que es en lo único que nos ganan. Espero que todo esto se quede ahí, en minorías poco organizadas, pero soy pesimista. El auge de la extrema derecha está comenzando, y la libertad está amenazada. Espero que la guerra civil haya sido una, y pasada, y no tener que temer una nueva.

15.11.05

Vellos recordos

Facía moito tempo dende a última vez que puxen algún vinilo no meu vello tocadiscos. Recoñezo que a miña febre musical foi pasando, tristemente, a medida que foron pasando tamén os anos. Lembro con certa nostalxia todo aquelo de gardar un disco ou unha cinta coma un tesouro e non ter a disponibilidade que se ten hoxe. Cecais se eu fose novo vería as cousas dunha maneira ben distinta pero non o son e iso permíteme botarlle unha ollada a determinadas cousas cunha perspectiva ben diferente da das crianzas actuais e neste caso, valorar máis a pouca música que se tiña daquela, polo menos no meu caso. O disco escollido para escoitar regaloumo no seu día -non fai moitos anos- un compañeiro alpendreiro -agradezollo certamente-, debo dicir que daquela fíxome moita ilusión xa que era a típica cousa que non mercaches ou conseguiches no seu momento e lévala cravada como unha espiña até que por fín consegues satisfacer unha necesidade da que realmente non es consciente. Debo dicir que non o collín aleatoriamente, a escolla non foi casual, trouxomo á cabeza unha peza que escoitei nun bar mentres tomaba algo con outro compañeiro -alpendreiro tamén, pequeno é o mundo-. Para que desfrutedes dese vello traballo (recoméndovolo encarecidamente) trátase de "The first of a million kisses" do grupo Fairground Attraction.
Asdo: Fernán da Veiga Perfect I don't want half hearted love affairs I need someone who really cares. Life is too short to play silly games I've promised myself I won't do that again. It's got to be perfect It's got to be worth it yeah. Too many people take second best But I won't take anything less It's got to be yeah pertect. Young hearts are foolish they make such mistakes They're much too eager to give their love away. Well I have been foolish too many times Now I'm determined I'm gonna get it right. It's got to be perfect... Young hearts are foolish they make such mistakes It's got to be perfect... It's got to be yeah worth it it's got to be perfect

12.11.05

Ondas do mar de Vigo

Ondas do mar de Vigo, se vistes meu amigo! e ai Deus, se verrá cedo! Ondas do mar levado, se vistes meu amado! e ai Deus, se verrá cedo! Se vistes meu amigo, o por que eu sospiro! e ai Deus, se verrá cedo! Se vistes meu amado por que ei gram cuidado! e ai Deus, se verrá cedo!
Martin Codax. Qué mellor día, día da partida da Regata Volvo, para recuperar unha vella cantiga galega que hoxe?? Asdo. Fernán da Veiga

O Mini-feudo

A teoría mini-feudalista do Sir de Punta Herminia é moi válida para tentar desviar a atención dos cidadáns, mesmo para facernos sentir agraviados, maltratados por esa cousa que se chama Xunta de Galiza e estender así a idea de que é unha instución que ten por único obxecto roubarlle á nosa urbe todo o poder e prestixio que esta tivo dende os reises católicos até fai pouco tempo. Voltar, outra vez máis, polos camiños vellos do debate da capitalidade, ou pretender abrir outros novos como iso da creación dunha Axencia Tributaria Coruñesa non teñen máis obxecto que o de poñer unha cortina de fume que tape os moitos problemas polos que atravesa a cidade e camuflar a excéntrica e paranoica política que dende o Pazo de María Pita se está levando a cabo. Mentres tanto nas outras localidades galegas os políticos -sexan cales sexan as súas cores- aproveitan a principal ferramenta que lles brinda a súa condición de tal -a capacidade de dialogo, a negociación- para tirar o maior proveito posibel das oportunidades que se lles poñen ao alcance da mao. Levamos padecendo moitos anos o aillamento da política -diría autista mais non quero ofender- de quen infructuosamente pretendeu construir unha "cidade-estado", de tal maneira que ficamos sós, á marxe de calquer plan, de calquer visión de futuro que pretendese ir máis aló da Ponte da Pasaxe. Aínda hai quen nos quere facer pensar que a culpa é do Mundo pq. xira cara o lado contrario ao del!!! Asdo. Xoán de Requeixo.

Negro aniversario

Para que as cousas non se repitan debemos ter fresca a memoria de todo o acontecido durante a traxedia do Petroleiro Prestige. Cúmplense xa 3 anos dende que todo aquel despropósito aconteceu e hai que seguir facendo o que nos corresponde como xente concienciada -galegos e non galegos-: reclamar que se poñan os medios materiais, persoais, técnicos... que eviten ou minimicen un accidente deste tipo, para que non se convirta no que finalmente foi, unha negra catastrofe. Para iso, para seguir reclamando, para traballar para que o futuro do Mar -do noso mais tamén o dos outros- non se tiña de negro, temos unha cita ineludibel o día 13 de Santos ás 12 horas na Alameda de Santiago de Compostela. Asdo: Fernán da Veiga Máis información: Plataforma Nunca Máis

11.11.05

9.11.05

Teoría Tremendista

Son partidario da teoría de que cando un político non atina co seu discurso é pq. precisamente no seu erro está o seu atino. Dito con outras palabras, un ten esa extraña sensación de que Sarkozy, dun xeito máis ou menos pretendido, está tentando apagar o lume botándolle gasolina. Traeme á memoria declaracións tan míticas e históricas como aquelas da ministra e o seu Caldiño, as do Sr. Rajoy cos seus "hilitos"... ou, mirando para a outra bancada, aquelas do Sr. Solchaga nas que dicía que España era o sitio onde máis rapidamente un podía facerse rico. Erros? Non o creo, simplemente estratexia; saben como aproveitar todo, até o terror dunha revolta como a actual da Franza. Xa veremos se mañá ou pasado acaban tirando proveito. Tempo ao tempo. Asdo. Xoán de Requeixo.

O trapiño

O conto do trapiño, si, a famosa bandeira española da ensenada do Orzán, ten un custo mensual de arredor de 7.000 eurotes. Iso contando unicamente os salarios dos policias que fan a garda, un total de 6 axentes por día, en diferentes quendas. Opinións políticas á marxe, penso que é un derroche bochornoso. Espero que a xente reaccione, teña memoria e actúe onde e como o ten que facer. Estou seguro de que vai ser así. Asdo. Xoán de Requeixo

8.11.05

Pesadelo

Imaxino que todo o mundo ten, dende a tenra infancia, algún que outro pesadelo recurrente que nos persegue unha e outra vez. O meu fíxome espertar máis dunha noite e tremer na cama até facerse día, sendo eu cativo, claro. Sempre transcorría da mesma maneira e no mesmo lugar. Eu baixaba unha costa a toda máquina na miña vella bicicleta, por un daqueles camiños de terra, unha corredoira ou pista para os carros, que logo foi lixeiramente ancheada para o paso das modernas máquinas e hoxe, por mor das contendas electorais, está xa asfaltada. No máis fondo da costa, había unha curva ben pechada e á beira dela, baixo un fermoso carballo, un enorme pozo de auga no que soñei caer e así afogar -dado as miñas poucas dotes natatorias non resulta moi extraño-. Ise soño, ese amarga pesadelo voltou unha e outra vez e non me deixaba tranquilo. Agora, despois de tanto tempo, aínda sinto un certo arrepio cando paso no meu carro por aquela paraxe. Como se tivese gardado o medo a que finalmente o conto se fixese certo e se tornase realidade. Quizais fose era unha advertencia ou... unha premonición. Imaxino -xa digo- que cada quen terá os seus temores, fundados ou non. Este foi, e segue a ser en certa medida, o meu. Asdo. Fernán da Veiga.

5.11.05

Paradoxo

Non deixa de ser todo un paradoxo que se pense en modificar a Constitución para satisfacer as ansias de igualdade das mulleres -entendo que lóxica, por outra parte, aínda sendo toda unha falacia pq. a igualdade hai que buscala primeiro noutros ámbitos máis terrenais; a familia, o traballo,...- mentres se manteñen na mesma lexislación regulamentos tan anacrónicos e desfasados como o delito de "inxurias ao rei". Na miña modesta opinión, confesándome abertamente republicano, non se pode falar de igualdade mentres se manteña a coroa e moito menos cando non se pode facer libremente crítica desta institución, dado que a ameaza arbitraria dunha condea deste tipo pendura sobre aquel que a fai. Un bota en falta a liberdade e a pluralidade que existe na prensa inglesa, afeitos a poñer a caldo a máis de un e a máis de dous da súa particular familia real. Aqui as cousas funcionan doutra maneira, dado que existe un pacto -non sei se obrigado ou voluntario- por parte dos medios, de tal maneira que as críticas feitas veñen case en exclusiva da man do programa "aqui hai tomate" ou da revista "El Jueves". Así nos vai. Asdo. Xoán de Requeixo.

3.11.05

Debate sobre el estatut catalán

Hoy he seguido en la medida de lo posible el debate parlamentario en el Congreso de los diputados sobre el famoso, en los últimos días, estatuto catalán, el cual se pretende cambiar desde el gobierno de esa región española, y donde hoy se debatía si se aceptaba la propuesta antes de comenzar con las enmiendas sobre el texto. No voy a hacer comentarios ni largos ni jugosos, simplemente me limitaré a hablar de lo que allí vi sobre la gente que allí estaba. Me parece grave, triste y vergonzoso que determinado partido político se halla limitado a plantar fuego al hemiciclo en vez de aportar cuanto menos propuestas o dar ideas sobre el tema del día. No se puede llegar a un debate parlamentario con la única idea en mente de generar una guerra, cuando nadie quiere batallar contra ti. Pero, en el fondo, lo que me parece es muy preocupante. Me parece preocupante que en este país, después de toda la historia que tenemos detrás, después de saber lo que ha acontecido y las consecuencias que ello nos ha reportado, haya tanta gente como la que representa el Partido Popular. Y la verdad, viendo su actitud despótica, altanera y vejatoria para con los demás, me pregunto si todos sus votantes se sienten representados por esa gente. Gente que aprovechó sus turnos de palabra para sembrar minas, para tratar de destruir todo un estado de derecho, para poner a la altura del betún a todo aquél cuya idea de la vida es totalmente la contraria. Gente que, una vez hablaba, se iba de la cámara, quizás para no escuchar como todo el mundo menos ellos les cantaban las verdades, esas que tanto duelen y que es difícil reconocer. Gente que en vez de participar en el debate del día, se limitan a criticar a un gobierno que, sinceramente, pienso que hoy era un partido más con una opinión más dentro de la pluralidad que estaba presente en el Congreso. Acabo diciendo que si yo hubiese sido uno de los que ha votado al PP, y veo la imagen de antieducación, de soberbia, y de intransigencia que hoy ha demostrado la derecha de este país que ellos representan, me van a perdonar pero la próxima vez miraría bien qué papeleta escoger en unas nuevas elecciones. Porque ante todo, ante los ideales y las políticas a aplicar, está el saber estar y la educación. Representan a todo aquél que los ha votado, y la imagen que dan es la que se interpreta de aquellos que los votan. Es lo mínimo que se puede exigir y, sinceramente, creo que esta gente, ni eso.

2.11.05

Algo se move na TVG

Seguindo coa temática televisiva do meu compañeiro Paquito gustaríame expresar o meu contento dado que, por fin, a TVG está tomando un rumbo distinto ao acostumado. Refírome ao feito de suprimir un anacrónico producto televisivo, aquel caduco "Encontros", cunha presentadora feita un cadro de tanta pintura, para por no seu lugar un pequeno espazo adicado aos documentais e produccións cinematográficas galegas e así darlle saída ao enorme número de documentos audiovisuais almacenados durante tan longo periodo de tempo. De momento os pasos que están dando son cativos e tímidos pero a cadea semella estar disposta a abrirse a unhes horizontes descoñecidos até hoxe e que, sen dúbida, son moito máis próximos aos valores divulgativos e culturais que desde a súa orixe debería representar esta canle. Asdo. Fernán da Veiga.

Adiós, Canal +

Pues sí, esta es la última semana de Canal + en la televisión de toda la vida. Muchos años van allá, y mucho nos enriquecimos con él. Descubrimos que ver cine sin publicidad era posible, y de lo más agradable, además de que nos dimos cuenta de que las pelis tardaban menos en llegar del cine a la caja tonta. Aprendimos a ver los partidos de fútbol de los domingos de otra manera, con tecnologías desconocidas en las televisiones públicas. Conocimos series como Friends, aprendimos a ver la vida política y social de otra manera con las Noticias del guiñol, con el que tanto nos reímos y tanto nos enseñó a ver las cosas de otra forma. Comprobamos que las noticias se podían dar con otros formatos, y por qué no decirlo, también fuimos testigos de las primeras películas porno que muchos de nosotros empezamos a conocer en aquellas épocas adolescentes. El progreso de las tecnologías y los negocios nos van a privar, a partir de la semana que viene, de disfrutar de este buen canal de televisión. Se acabó lo de ver todo eso y más espacios interesantes que había en esta cadena televisiva. Se acabaron los partidos del domingo, la NBA, los guiñoles y todo lo que, a partir del lunes, nos ofrecía este primogénito y famoso canal codificado. Quién quiera seguir disfrutándolo deberá dejarse más duros en el intento, y dejar las arcas patrimoniales de cada uno todavía más secas. Para mí la televisión no es un bien vital en mi vida, y también paso de dejarme un dineral por estar sentado en un sofá, así que no seré uno de los que se abonen a esa famosa plataforma digital monopolística. Por ello, escribo esto en señal de agradecimiento a este canal por todo lo que nos ha enseñado en sus años de vida, y siento que no abandone así, sin dejar un sustituto a la altura. Si hasta ahora veía poca televisión, sin duda a partir del lunes la veré mucho menos. Hasta siempre, Canal +.

Baralles

Me preguntaba hace un rato por qué siempre escribo cosas tristes, y sobre el amor. Casi parece que no tengo más temas que esos. Siempre hay una mujer por medio, siempre hay amor, siempre hay pensamientos mustios, sombríos… No sabría dar una respuesta. Quizás sea el amor un tema que me encanta plasmar en forma de frases, y como todavía nadie ocupa mi corazón, su textura es triste y sin brillo. A veces pienso en otras composiciones que puedo hacer, pero es difícil, porque ninguna otra cosa parece motivarme a hacerlo. Es curioso, sin duda, pero así es. Y ahora relleno estas líneas escribiendo este absurdo pensamiento quizás con la intención de no escribir sobre nada de eso. Pero, lamentablemente, me doy cuenta de que de nuevo hay tristeza en las palabras, pues dicen que no soy capaz de escribir otra cosa. Pero a la vez parece que no hay amor, que por una vez ninguna chica me guía las manos sobre el teclado. ¿Será cierto? Hasta yo mismo lo dudo. La verdad es que vengo de ver una peli que me ha hecho pensar, y con ese pretexto estoy aquí ahora escribiendo esto. Sin embargo, es muy probable que, de fondo, una chica se halle oculta tras las letras. Vale, lo admito, es inevitable escribir sin eso. No añado más a este monólogo de besugo. Creo que ya vale de escribir nada, y aún encima criticarme. A veces, ni sé que es lo que escribo, y otras, ni siquiera lo que pretendo escribir.