30.8.05

Xa chegou....

Xa está aqui, pentando na porta, esa señora chamada Censura. Veu armada coa súa navalla de capador para cortarnos a liberdade de poder expresarnos ao noso antollo. Fai o seu traballo de moi diversas maneiras: baixo o brazo armado e rexo do poderoso (a máis común) e baixo a aparente proximidade do amigo, escondida tras un traxe de complicidade, de familiaridade, se se quere. Estes dous son os seus ataques máis comúns mais non son os únicos, non esquecer iso. As veces as súas armas son discretas; non sempre é preciso recurrir á métodos drásticos. Xa ela é ben sabedora das mellores técnicas a aplicar en cada caso. É unha dama vella, tan vella como sabia e escorregadiza; sempre aplica o "remedio" máis ao xeito a cada doenza. Corre o telón cando lle interesa, sen esperar a que se dean por concluidos os actos; simplemente actúa, directa ou indirectamente, facendo que a persoa censurada pense, se mova e fale -consciente ou insconscientemente- como ela espera, seguindo os seus mandados, eliminando da súa memoria o significado da palabra liberdade, facendo del un autómata, convertíndoo nunha persoa temorosa, ameazada, coartada ante o constante "atente ás consecuencias".... Actúa como o grao que o agricultor sementa no campo; o día escollido é prantada, logo agroma cativa e pouco a pouco vai medrando no interior da nosa mente até facerse co dominio e control da nosa intelixencia, da nosa vontade; Despois exerce o seu poder, facéndonos vivir encadeados a ela toda a vida. Asdo. Xoáncinho de Requeixo

Cimiterio de barcos


Detalle mascarón

Número esquecido
Cando o vin dende o lonxe tiven unha sensación de tristura, pensei que os vellos patróns deixaban abandonados aos seus antigos compañeiros de viaxe, aqueles nos que percorrían o mar nas frías e escuras noites á procura da pesca diaria, do seu sustento. Pensaba que os mariñeiros eran unhes esquirois, que facían algo semellante ao que fan os desalmados que abandonan as súas mascotas nas estradas cando xa non lles fan gracia. Ao achegarme a eles, ao ver e tocar os restos desfeitos da madeira, os motores desparramados pola area, os montes de aparellos ciscados por todas partes,...como corpos reventados de grandes baleas baradas na area, comprendín que nada diso era certo. Como vellos amigos na derradeira viaxe, os patróns dirixen os seus barcos cara o lugar onde finalmente repousarán até desaparecer paseniñamente -como outros desapareceron con anterioridade-, desfacéndose dunha maneira lenta, pausada, tranquila; como si en realidade non se quixeran separar totalmente do seu fiel compañeiro, coma quen ten idea de sair ao mar novamente algún día. Asdo. Eans de Cotón

Entrañas

Xogo de cravos na madeira
Todas estas apreciacións son simples alucinacións, a verdadeira historia é moito máis prosaica.

29.8.05

Partida de cart@s

Certas personaxes teñen nos últimos tempos espazo reservado en determinados medios de comunicación. Un, que por galego ven sendo desconfiado, fai tempo que deixou de crer nas casualidades e pensa que quizais estea movendo os seus longos fíos ou cobrando vellos favores (para iso estableceu unha rede clientelar, non vai ser todo tocara a gaita!) e así tentar perpetuarse na mesma cadeira na que ilexitimamente o puxo o anterior goberno. Quen sabe... quizais o gran home que dirixía bandas de marcianos por NY, diante do anterior Papa,... teña medo de que lle retiren -por fin- eses privilexios dos que gozou até hoxe. El move as súas bazas intelixentemente e non ten mala mao, iso sabémolo, mais non perdemos a esperanza de gañarlle finalmente a partida, iso sí, "Necesitamos xente ilusionada" (Ricardo Portela). Xa veremos. Asdo. Xoán de Requeixo.

Sen comentarios


Posta de Sol perto do Faro de Bares.
Cabo Ortegal ao fondo.

26.8.05

Rexona.... si te abandona


Até a Sra. María Pita non o atura
Retoque por Xerión
Alguén dixo unha vez que algo cheiraba mal en Dinamarca, non era certo, non era en Dinamarca precisamente. Esta cidade da Cruña ten días, como o reloxo do outro, unhes non cheira a nada e outros fede que da noxo, unha peste insortabel que até o máis desensibilizado -que veño sendo eu- non é capaz de aturar. Pobriña a nosa cidade da Torre... poderás ter ascensor até o Monte San Pedro, trenecitos chucuchú, terraciñas "a la última" en María Pita, pirulí de cores, pronto unha Virxe do Carmen de desproporcionadas proporcións... pero que foi do Rexona??? Acabouse. Asdo. Xoán de Requeixo
Recuerdos Despierto en la noche, no me dejas dormir. Sudores fríos me reciben en cuanto abro los ojos en la madrugada, todos los días desde que ya no estás. Y una noche más, decido aplacar mi dolor en tu habitación, en donde pasamos los mejores ratos de nuestra vida, donde se encierra todo lo que fuimos. Solo al abrir la puerta, toda tu fragancia inunda mi ser, cierro los ojos y la hago mía respirando a fondo, calando hasta el último rincón de mi corazón con tu esencia. En cuanto abro los ojos, aquél universo cobra vida, pero el presente me devuelve a este triste lugar, ya sin ti. No sé si recuerdas la toalla donde nos secábamos cuando íbamos a aquella playa que sólo tú y yo conocíamos, y donde pasábamos los veranos degustando cada puesta de Sol de cada día, y donde nos besábamos fundiendo nuestros labios en la ternura de cada atardecer. No sé si recuerdas aquél jersey rojo con el que te cubrí aquella noche cuando nos atrapó la tormenta en medio del lago donde navegábamos, acompañados por la sinfonía de los ruiseñores, por el zumbido de las hojas secas de los abedules grises del otoño. Tampoco si te acuerdas de la foto que te hice sin que te dieras cuenta en aquella colina, donde subida a una roca, y con los brazos abiertos, soñabas volar lejos, cerrando los ojos imaginándome en el fondo de tu fantasía, donde te recogía tras dejarte caer. No sé si recuerdas la sonrisa que me regalaste en aquella fiesta, donde en un frasco pequeño de sal la guardaste y me dijiste que siempre que estuviese triste la abriese para devolverme la felicidad. Ya no sé si te acuerdas de aquél antiguo televisor, gracias al cual tanto nos reíamos viendo las pelis de humor que tanto nos gustaban, y donde llorábamos desconsolados viendo aquellas otras que nos recordaban nuestra bella historia de amor. Sabes que todavía conservo la entrada de aquél concierto, el día en que nos conocimos, donde descubrí que los sueños se cumplen. Viéndola recuerdo la primera sonrisa que te vi en mi vida, con la que me cautivaste hasta hoy, detrás de aquella ingenua mirada de princesa del cuento. ¿Recuerdas aquél viejo ordenador, donde todas las noches te escribía, bajo la luz de las estrellas, lo mucho que te quería, y todo lo que daría por ti?, pues sí, aún sigue allí, con las teclas que formaban “amor” más desgastadas que las demás. Pues sí, mi amor, en aquél cuarto mi vida te recuerda en cada rincón, en cada esquina, donde hacíamos el amor, donde me leías tus versos, y los míos, y todo cuanto quisieras, pues venido de tu voz todo parecía mejor. Cuánto daría yo para que volvieses. Dejaría de ahogarme todos los días en la bañera donde nos abrazábamos hasta salir arrugados como las mantas en el frío invierno, dejaría de comer tus galletas favoritas todos los días de mi vida, y no me tiraría por la ventana a diario, a través de la cual todos los días te gritaba “te quiero” cuando te ibas, hasta la última vez que lo hice, cuando te fuiste para siempre. La tristeza es así, triste. Sólo contigo era feliz, sólo viéndote disfrutar a mi lado de las pequeñas cosas de la vida, mirándote mientras cerrabas los ojos y me decías que me querías, cuando te observaba dormir con tu eterna sonrisa a cuestas. Ahora entiendo por qué cerrabas tus ojos al decírmelo, amor, porque tenías miedo de no poder hacerme feliz todos los días de nuestra vida. Me quedo con tu recuerdo, con lo material que se quedó en esta habitación, y con el amor inagotable y puro que nos regalábamos cada amanecer. Pero, este dolor por no tenerte ya conmigo me destruye a cada segundo, desmorona mis fuerzas, y poco más podré resistir. Quizás un día……

25.8.05

BSO: Pílulas para non soñar

Este crapulilla debeu sair onte e hoxe coa resaka -como non- chegou tarde a súa cita matutina. Bon, o que conta é que chegou, algo desfeito, iso sí, pero outra vez o teño paseando pola miña cabeziña coa súa cantinela diaria. Canto tempo leva vindo? Un día terei que preguntarlle. Sinceramente, eu xa non lembro, nin me preocupa, xa o teño como da familia; el colle, ábreme os sesos, entra e se acomoda no meu salón mental. Así de simple pero non me queixo, non vaiades pensar, deixo o pouco que podo estar facendo e escoito tranquilamente mentres me relaxo. Asdo. Eansinho de Cotón. Pastillas para no soñar Joaquín Sabina Si lo que quieres es vivir cien años no pruebes los licores del placer. si eres alergico a los desengaños olvidate de esa mujer. compra una mascara antigas, mantente dentro de la ley. si lo que quieres es vivir cien años haz musculos de 5 a 6. y ponte gomina que no te despeine el vientecillo de la libertad. funda un hogar en el que nunca reine mas rey que la seguridad, evita el humo de los clubs, reduce la velocidad, si lo que quieres es vivir cien años vacunate contra el azar. deja pasar la tentacion dile a esa chica que no llame mas y si protesta el corazon en la farmacia puedes preguntar: ¿tienen pastillas para no soñar? si quieres ser matusalen vigila tu colesterol, si tu pelicula es vivir cien años no lo hagas nunca sin condon, es peligroso que tu piel desnuda roce otra piel sin esterilizar, que no se infiltre el virus de la duda en tu cama matrimonial. y si en tus noches falta sal para eso esta el televisor. si lo que quieres es cumplir cien años no vivas como vivo yo. deja pasar la tentacion dile a esa chica que no llame mas y si protesta el corazon en la farmacia puedes preguntar: ¿tienen pastillas para no soñar?

Oalpendre (resumido)

Oalpendre, visto nuoutro novo xoghetiño do Google. Así non me perderei as lócidas reflexións de Multidão.

Ouro transparente

Perdoenme os hostaleiros, os turistas, veraneantes, peregrinos, as rapaciñas fermosas que gostan de desfrutar dos días de sol e praia... perdoenme todos. Hoxe por fin chove en Galiza. O simple son das pingas batendo no chan faime sentir ledo, máis tranquilo. Oxalá esta chuva sexa abondo como para apagar todos eses lumes que os desalmados bastardos lle prantan aos montes, á nosa nai terra. Asdo. Fernán da Veiga

24.8.05

Google talk

Google está pensando en invadir o mundo. Acaba de lanzar un cliente de mensaxería instantánea e permite que os usuarios de Gmail teñan conta aberta. Eu xa non sei que programa empregar. Un Trilian (Pro, que o basico non acepta Jabber), un gratuíto Gaim? O Messenger das narices? Se eu fose dono de Google, ademáis de non estar aquí escribindo, os seguinte que faría sería crear un novo sistema operativo Googlix, entrar no mundo do hardware GooDivia, facer competencia os medios americanos mediante unha rede de televisión propia BroadGoo compatible con todo e empregando os restos do programa nuclear soviético. Logo mercaría Microsoft, Nokia e o goberno de Australia, os arrexuntaría a todos e crearía un novo sistema político de participación descompensada, colaborativo e só por invitación. Escanearía enteira e poría en Internés a Biblioteca Británica con ligazós en todas as palabras. O seguinte paso sería chegar a cima do mundo e dominalo. Namentras, como non son dono de Google, desfruto co novo xoguetiño.

Morte dun inocente

O cruel asasinato do cidadán brasileiro Menezes nas maos da policía inglesa non nos pode deixar frios. Non podemos esquecer tan rapidamente. Unha vez que as mentiras se desmontan, unha vez aboia a realidade nese mar de merda onde viven os politicos temos que reflexionar sobre todo o acontecido. Non foi un accidente, foi un cruel asasinato, un simple toque de atención a todos, unha mensaxe nun sanguento cartaz publicitario para dicirnos "non vos movades, estamos dispostos a todo, nada importa". Acabouse o tempo da liberdade, da democracia, se é que esta existiu algunha vez; volven os tempos escuros. Os cidadáns, ao igual que o foi Menezes, somos os xoguetes, os seus xoguetes rotos; poden facer, unhes e outros, gobernos e terroristas, o que lles pete coas nosas vidas. Novamente pagamos as facturas de políticas absurdas de terrorismo e guerra, unha espiral sen retorno, de sangue e morte. Até cando? Asdo. Xoán de Requeixo

BSO: Coa frente marchita

Este neotrobeiro estame toleando a cabeza ultimamente; non hai día que non se presente coa súa guitarra e a súa rompida voz a cantarme algunha peza. Hoxe tócalle á chamada "Con la frente marchita"; traeme recordos dunha Arxentina na que nunca estiven pero si está ben próxima por razóns evidentes... para iso un é galego. Con La Frente Marchita (Joaquín Sabina) Sentados en corro merendábamos, besos y porros y las horas pasaban deprisa entre el humo y la risa. Te morías por volver con la frente marchita cantaba Gardel y entre citas de Borges Evita bailaba con Freud, ya llovió desde aquel chaparrón hasta hoy. Iba cada domingo a tu puesto del rastro a comprarte carricoches de miga de pan, soldaditos de plata. Con aguita de un mar andaluz quise yo enamorarte pero tú no tenías más amor que el de río de la plata. Duró la tormenta hasta entrados los años ochenta cuando el sol fue secando la ropa de la vieja Europa. No hay nostalgia peor que añorar lo que nunca jamás sucedió mándame una postal de San Telmo, adiós cuídate y sonó entre tú y yo el silbato del tren. Iba cada domingo a tu puesto del rastro a comprarte monigotes de miga de pan, caballitos de lata. Con aguita de un mar andaluz quise yo enamorarte pero tú no tenías más amor que el de río de la plata. Aquellas banderas de la patria de la primavera a decirme que existe el olvido esta noche han venido te sentaba tan bien esa boina calada al estilo del Ché Buenos Aires es como contabas, hoy fui a pasear y al llegar y me puse a gritar ¿donde estás? Y no volví más a tu puesto del rastro a comprarte corazones de miga de pan, sombreritos de lata. Y ya nadie me escribe diciendo no consigo olvidarte ojalá que estuvieras conmigo en el río de la plata Y no volví más a tu puesto del rastro a comprarte carricoches de miga de pan, soldaditos de lata.

23.8.05

Síndrome de abstinencia

Pode un ex-conselleiro sentir o mono alimenticio? É unha boa pregunta. Sinceramente eu acho que si, despois de todo, foron moitos o anos asistindo a festas gastronómicas (non son poucas as que se celebran neste país), inaguracións (con pinchos e copa de viño), primeiras pedras (con pinchos e copa de viño), segundas pedras (con pinchos e copa de viño), firmas de convenios (con pinchos e copa de viño)... en resumo, un stress alimenticio que non tiña comparación na oposición, por forza afeita á comida rápida e barateira. Quizais algunha vez pensou en pillar a baixa por exceso de comidas, ou pretendeu cobrar un plus de perigosidade por exceso de colesterol. E agora, claro, unha vez que lle pecharon a billa o corpo segue pedindo, reclamando a súa dose; quere ter nas choras tanto coma nas risas e iso, amigo, non sempre se pode. Desta volta... tocouche dieta. Para remediar esta fame repentina, ponse á cola, esperando pacientemente a súa quenda, que volten os seus ao goberno, pretendendo, iso sí, ocupar o posto do vello patrón para apañar un bo anaco do pastel (desta volta, ración doble), se non agora, quizais mañá. Só é cuestión de tempo. Asdo. Xoán de Requeixo

Il capo e la "casa" nostra


Foto realizada por Xerión a unha pintada coruñesa.
Terá que permitirme, Sr. "Padrino", que lle diga que non se pode ser lobo e pretender coidar ovellas. Todo o que vostede fai ou deixa facer en materia de urbanismo entra dentro do legal, a fin de contas, quen redacta e aproba a lei?? Quen manexa información que o cidadán de a pé non ten?? As desfeitas,... o mirar para o outro lado,... as casualidades... poden "parecer un accidente" pero todos sabemos que non o son. Vostede ten clase como para non pringarse as maos facilmente, non é un novato nese senso. Obrigado é recoñecerlle os seu méritos: é intelixente, move moi ben as súas fichas e mesmo ten un aquel de Dandy con acento do país. Xa o dicía o Manqui en Airbag: "Profesional, muy profesional". Quede claro que esta é a miña modesta opinión. Un sempre pode estar errado. Asdo. Xoán de Requeixo

22.8.05

O xardineiro

Lembrades o anuncio de Aduaneiros sem fronteiras? Finalmente o concello atopou o xardineiro que estaba buscando... Agora a "pijada" de rotulo floral non existe, pasou -por fin- á historia. Será casualidade ou terá que ver co pacto Touriño / Quintana? Nunca se sabe. Asdo. Xoán de Requeixo. Pd: E para iso está incordiando anos e anos???

21.8.05

Requiem por un país que arde


Ría de Vigo dende Deilán
Dende un tempo a esta parte Galiza arde polos catro costados. Un, que anda indo e vindo por todos os seus rincóns, ten a alma algo chamuscada tamén despois de ter visto como os nosos montes desaparecen consumidos polas lapas. Non quixera aventurar as razóns para tanto lume, acho que poden ser varias: especulación dos terreos, "mantemento" das cuadrillas anti-incendios, algunha interese escura relacionada coa madeira (non acabo de entender o mecanismo) e por último, probabeis motivacións políticas; evidentemente suposicións todas dificilmente demostrabeis. Todo pode ser... o único que non debería ser é que o noso monte se queime desta maneira. Asdo. Xoán de Requeixo

20.8.05

Rapapolvo

Hoxe pola tarde recibín un rapapolvo por parte dunha vella amizade... recriminoume moitas, moitas cousas, as cales non é a primeira vez que escoito e non é a primeira vez que obvio igualmente. Comprendín, coma noutras ocasións, que as mulleres non deixan de ter razón cando se poñen... nós, ou eu, ... simplemente preferimos non poñernos, somos coñecedores doutras realidades que a elas se lles escapan... ou é que se nos escapa a realidade a nós? Tanto ten. O que máis feliz me fixo foi a sensación de interese, a preocupación mostrada por alguén que xa non ocupa un lugar específico na súa vida, diría que era algo desinteresado, sen pretender tirar proveito diso; maravilloume pensar que alguén se interesaba por min sen máis, simplemente, por min. Lamentabelmente teño a sensación de que eses esforzos -e outros anteriores doutras persoas que non vou nomear por improcedente- son inútiles, unha perda de tempo pero está ben que os fagan, eu agradezoos moito, de corazón, ainda que non sirvan de máis nada; iso sí, síntese un moito millor e esa sensación non ten prezo. Obrigado a ela e a tantos/as outros/as. Asdo. Fernán da Veiga

19.8.05

A figura de Vilela

Foto extraida do xornal "La Voz de Galicia"
Estou de acordo en que se mostre preocupación pola situación da figura castrexa de Vilela, Concello de Taboada. Este é un tema complicado dado que esta escultura ten propietarios demostrados dende fai moitos anos e dificilmente se desfarán dela así como así, dado que, por sorte ou por desgraza, son coñecedores do valor que esta ten. O que está claro é que lexitimamente lles pertence e que, ao mesmo tempo, debe ser protexida. Non hai dúbida, hai que procurar a fórmula para compatibilizar ambas cousas. Peor sorte corren outras cabezas castrexas, figuras,... que fican gardadas nos salóns de casas particulares, reservadas, non aos seus propietarios que somos todos, se non, probabelmente, aos mesmos ladróns e mercenarios que se apropiaron delas. Digo esto por que estaba alí quen o víu, eu. Asdo. Xoán de Requeixo PD: Este caso resúltame familiar dada a proximidade coa miña aldeiña.

BSO: Ojalá

Hoxe a peza escollida como banda sonora do día é de Silvio Rodriguez, o seu "Ojalá". Confeso a miña ignorancia case absoluta ante a carreira musical deste cantautor; espero enmendar o meu erro escoitando, por fin, a súa brillante e fermosa música. En calquer caso esta é unha peza tan universal que até o máis despistado (eu) é capaz de sentila como propia e identificarse dalgún xeito co que nela se di; polo menos iso é o que me pasa a min, espero que a vós tamén. Ojalá Silvio Rodriguez Ojalá que las hojas no te toquen el cuerpo cuando caigan, para que no las puedas convertir en cristal. Ojalá que la lluvia deje de ser milagro que baja por tu cuerpo. Ojalá que la luna pueda salir sin ti. Ojalá que la tierra no te bese los pasos. Ojalá se te acabe la mirada constante, la palabra precisa, la sonrisa perfecta. Ojalá pase algo que te borre de pronto, una luz cegadora, un disparo de nieve. Ojalá por lo menos que me lleve la muerte, para no verte tanto, para no verte siempre. En todos los segundos, en todas las visiones. Ojalá que no pueda tocarte ni en canciones. Ojalá que la aurora, no dé gritos que caiganen mi espalda. Ojalá que tu nombre, se le olvide a esa voz. Ojalá las paredes no retengan tu ruido de camino cansado. Ojalá que el deseo se vaya tras de ti, a tu viejo gobierno de difuntos y flores. Ojalá se te acabe la mirada constante, la palabra precisa, la sonrisa perfecta. Ojalá pase algo que te borre de pronto, una luz cegadora, un disparo de nieve. Ojalá por lo menos que me lleve la muerte, para no verte tanto, para no verte siempre En todos los segundos, en todas las visiones. Ojalá que no pueda tocarte ni en canciones. Ojalá pase algo que te borre de pronto, una luz cegadora, un disparo de nieve. Ojalá por lo menos que me lleve la muerte, para no verte tanto, para no verte siempre Asdo. Eans de Cotón

18.8.05

Soidade veraniega

Compañeiro... marcharon todos. Aqui nos deixaron abandonados, ficamos só ti e máis eu ante a pantalla do ordenador. Todos eles escolleron irse de ferias, como din os galegos do sur, de vacacións. Poderiamos aproveitar para facer o noso particular golpe de estado pero nin iso tería a máis mínima importancia. Tempo teremos para irlle nós tamén. Que eles o desfruten. Asdo. Xoán de Requeixo

17.8.05

BSO: Victor Jara

Podería falar do xuizo aberto á familia Pinochet para facerlle a miña homenaxe ao Sr. Victor Jara pero desta volta non o vou facer. Simplemente sonou no meu ordenador por casualidade, aleatoriamente, espertando unha chea de sentimentos misturados, ao tempo saudosos, de carraxe e de esperanza e liberdade cara o futuro; non o penso estragar pensando nese desgraciado. Vai por ti, Victor Jara. Te recuerdo Amanda Estribillo Te recuerdo Amanda, la calle mojada, corriendo a la fábrica donde trabajaba Manuel. La sonrisa ancha, la lluvia en el pelo, no importaba nada, ibas a encontrarte con él, con él, con él, con él, con él. Son cinco minutos. La vida es eterna en cinco minutos. Suena la sirena de vuelta al trabajo, y tú caminando, lo iluminas todo. Los cinco minutos te hacen florecer. Estribillo La sonrisa ancha, la lluvia en el pelo, no importaba nada, ibas a encontrarte con él, con él, con él, con él, con él. Que partió a la sierra. Que nunca hizo daño. Que partió a la sierra, y en cinco minutus quedó destrozado. Suena la sirena, de vuelta al trabajo. Muchos no volvieron, tampoco Manuel. Estribillo. Asdo. Eans de Cotón

1936 / 2005

Dende o 36 até hoxe ainda hai moita luz que darlle a boa parte da historia española. Deixar pasar o tempo só conduce a que os erros do pasado se volvan repetir. Nun país como o noso, chámeselle como se queira, onde somentes quedan as estatuas en honor a dictadores e dictadorzuelos, compre redescubrir os campos de traballo, as fosas comúns, os lugares onde unhes e outros caeron, para que todo iso non se borre, que quede a impronta dun pasado bochornoso, de vergonza e que iso sirva para que non teñamos que pasar polo mesmo nunca máis. Iniciativas como esta contribúen á limpeza, á entrada de aire fresco, a descubrir a verdade que os vellos ainda non queren contar. E que por fin... veña onda nos a pomba dourada... da paz. Asdo. Eans de Cotón Quen puidera namorala Alvaro Cunqueiro No niño novo do vento hai unha pomba dourada; quen puidera namorala, quen puidera namorala, meu amigo. Canta o luar e o mencer en frauta de verde olivo; quen puidera namorala, quen puidera namorala, meu amigo. Ten aires de flor recente cousas de recén casada; quen puidera namorala, quen puidera namorala, meu amigo. Tamén ten sombra de sombra e andar primeiro de río quen puidera namorala, quen puidera namorala, meu amigo.

BSO: Noelia

Seguindo a pauta habitual, hoxe gustariame lembrar esta mítica canción do gran cantante, xa desaparecido, Nino Bravo; no fondo leva tamén adicatoria mais non podo precisar moito máis. A desfrutala. Noelia Hay una chica que es igual pero distinta a las demás la veo todas las noches por la playa pasear y no se de donde viene y no se a donde va. Hace tiempo que sueño con ella y solo se que se llama Noelia Hace tiempo que vivo por ella y solo se que se llama Noelia Noelia, Noelia, Noelia, Noelia, Noelia, Noelia, Noelia, Noelia, Noelia, Noelia Yo quiero hablarle de mi amor pero ella da la espalda y se va parece que me vaya a dar y luego huye sin hablar. Hace tiempo que sueño con ella y solo se que se llama Noelia Hace tiempo que vivo por ella y solo se que se llama Noelia Noelia, Noelia, Noelia, Noelia, Noelia, Noelia, Noelia, Noelia, Noelia, Noelia. Hace tiempo que no he vuelto a verla y ya no se que será de Noelia por la noche la busco en la playa y en el silencio yo grito: NOELIAAAA!!!! Noelia, Noelia, Noelia, Noelia, Noelia, Noelia, Noelia, Noelia, Noelia, Noelia, Noelia, Noelia, Noelia, Noelia, Noelia. No se que hará, ni si vendrá más yo la espero Asdo. Xoán de Requeixo

15.8.05

Posta de Sol nas Cíes


Posta de Sol Cíes / Morrazo 
A paisaxe semella idílica dende a lonxanía e dende a distancia que me permite o meu miradoiro particular. O Sol vai deitándose, pousándose lentamente sobre a auga, deixando unha estela brillante sobre o mar, como anunciando unha tranquila despedida. As Cíes sérvenlle de berce no seu soño até o día seguinte. As paredes brancas tórnanse laranxas por efecto do Sol na súa lenta retirada; o grande astro ilumina os que puideron ser románticos momentos que xa non o serán xamais. Sabina canta a miña historia na súa "calle melancolía" mentres eu, moi de vagar, vou dando conta dunha cervexa, grolo a grolo, sen presa, pacientemente, como se o meu tempo transcorrese doutra maneira. Asdo. Fernán da Veiga

BSO: Número un

Non é por ser pesado co colega Sabina pero pouca xente é capaz de expresar certos sentimentos como el o fai. Quen o diría!!!... aquel macarrilla que cantaba á marxinación mellor que ninguén agora é todo un poeta. Recoñezo que as letras son moito mellores pero estanlle saindo tan complexas que mesmo resulta difícil atoparlles o sentido e iso é o mellor, cada quen encontra o seu significado particular. Desta volta négome a facer "adicatoria". Por suposto é unha simple canción, non é preciso tomala no sentido literal. "Incluso en estos tiempos" J.Sabina- Gloria Varona/J.Sabina-A.G.de Diego Incluso en estos tiempos veloces como un Cadillac sin frenos, todos los días tienen un minuto en que cierro los ojos y disfruto echándote de menos. Incluso en estos tiempos en los que soy feliz de otra manera, todos los días tienen ese instante en que me jugaría la primavera por tenerte delante. Incluso en estos tiempos de volver a reir con los amigos, todos los días tienen ese rato en el que respirar es un ingrato deber para conmigo. Y se iría el dolor mucho más lejos si no estuvieras dentro de mi alma, si no te parecieras al fantasma que vive en los espejos. Incluso en estos tiempos triviales como un baile de disfraces, todos los días tienen unas horas para gritar, al filo de la aurora, la falta que me haces. Incluso en estos tiempos de aprender a vivir sin esperarte, todos los días tengo recaídas y aunque quiera olvidar no se me olvida que no puedo olvidarte. Y se iría el dolor mucho más lejos si no estuvieras dentro de mi alma, si no te parecieras al fantasma que vive en los espejos. Asdo. Fernán da Veiga

12.8.05

Muller serpe

Di o libro gordo, ese que chaman Biblia, que Deus creou ao home e deste, partindo dunha costela, fixo á muller. O que non conta é que o demo - que de parvo non tiña un pelo- decidiu copiarlle a idea, adaptandoa aos seus propositos malignos. Así, baixo a apariencia feminina e as curvas de loucura e vertixe da muller, o demo creou a muller serpe; non lle resultou moi díficil, todo hai que dicilo, a fin de contas o chasis era o mesmo... só lle fixo unhes axustes, unha mínima posta a punto, case como unha evolución natural do prototipo creado polo bondadoso Deus, iso que agora chaman "tunning". O que non sabía o Belcebú é que a súa aprendiz o acabaría mandando ao paro, deixandoo sen choio; herdou del a súa maldade máis outras moitas artes que Deus lle concedera, sen sabelo, á muller. Acabou facéndose co goberno do negocio, mesmo ampliandoo tanto que fixo del todo un "holding" e agora, implantado en todas partes, chámanlle "Globalización & co". O malpoucado demo traballa actualmente como presidente dunha gran potencia mundial e xa retirado de retos maiores, perde o tempo xogando ás guerras cando lle deixa a súa maligna creación. Xa vedes... eu podía dar nomes de mulleres serpes pero, por prudencia ou por medo, non o vou facer... sería suicida. Hainas de lingua viperina,... outras de corpos escurridizos que atrapan a un home até afogalo,... outras cambian de pel unha e outra vez ao seu antollo e outras, as máis perigosas, son capaces de engulir un home inteiro, devorandoo lenta e paseniñamente. Coidado coas súas mordeduras, son mortais por forza. Distinguilas das outras mulleres é unha arte complexa, require moita, moita experiencia,... só os máis destemidos se atreven con elas. Asdo. Eans de Cotón PD: Non se me ofenda o conxunto das mulleres, non ten que ver con elas.

10.8.05

Anarquía Lacoruñesa

Outra volta estamos ante a mesma situación. O patrimonio desfeito, os elementos a protexer esnaquizados e os culpabeis negando a evidencia que nos dicta, antes que ningunha outra cousa, a lóxica. Parece que os "anarquistas" gobernan a cidade da Cruña e deixan aos especuladores -aos seus amigos, todo hai que dicilo- campar ás súas anchas. Moitas foron as desfeitas; así de cabeza veñenme á mente os Cantóns, O asilo de Adelaida Muro, recentemente a Casa do Cura e moitas das casas da rúa San Andrés; primeiro baleirandoas, convertindoas en solares e logo, pasados os anos, unha vez xa desaparecida a súa memoria, construidas novamente sen respeitar a imaxe e a estética anterior. Lonxe de protexer o patrimonio, os responsabeis públicos adican os seus esforzos a excusar o inexcusabel, xustificando todo isto con argumentos do máis absurdo, coa aplicación de normativas que eles mesmos teñen deseñado e que ben poderian cambiar se o considerasen oportuno. Despois saen nas portadas dos xornais fardando dun pretendido "curuñesismo" trasnoitado... mentres son complices da destrucción daqueles elementos máis característicos e representativos da cidade herculina. Claro que esta só é unha opinión persoal máis. Asdo. Xoán de Requeixo

9.8.05

Anocheciendo

Del celeste pasamos al azul oscuro, y va tiñendo de su miel toda la ciudad. El mar abandona su vida y se deja llevar por la textura celeste, convirtiéndose en la pareja ideal en el baile nocturno. Los tejados van empequeñeciendo sus miradas, y las calles cambian del color natural al tintado por las luces de las farolas, que comienzan su danza diaria en pos de dar vida a la oscuridad. Desde lo alto, todo cambia, la perspectiva es diferente, pero pasa de la belleza a la magia. Todo muestra su lado místico, desde las pobres ramas del árbol mustio a las florecillas del campo, desde la aparición de la estrella más madrugadora, que se abre paso en su turno de noche, a la montaña silenciosa y humeante del fondo. No es posible imaginarla más bella, más sutil. No es el Sol quien la ensalza, ni la luz de las estrellas quien la hace maravilla, es su propio color, un azul que no existe, un brillo que no se puede ver. No se puede imaginar ni se puede saborear, todo lo que tenemos un aquella fotografía antigua que nos muestra donde pudimos estar y no fue así. Y en su regazo, la gente. De todo tipo alberga su seno, como sus azules. Las hay que permanecen en el recuerdo, y otras que yacerán en el olvido o en su frustrada indeferencia. Pero más allá, donde las aguas igualmente bañan otras tierras, es donde parte de mi memoria tendrá irremisiblemente un hueco reservado. También allí existe ese azul del cuento, también allí hay colores imposibles como el almíbar de sus ojos, tan irrepetibles como tatuados en mi alma, con la tersura inequívoca de un labio que se muerde con la pasión de esa noche celestial, noche de estrellas de licor, como sus ojos. Hay dos cosas que jamás me podrán hacer olvidar, ese azul de un lugar donde no existe ni la lógica ni la razón, donde nada parece real salvo su fotografía; y la miel de los ojos de esa mujer que todavía flota en mi recuerdo, en ese lugar, y en esa noche de verano, donde descubrí que ser feliz todavía es posible.

8.8.05

BSO: O burdo rumor

Seguindo co tema da BSO do día... e en vista da temática que levamos dende un tempo a esta parte... para hoxe... eu insistirei na Mandrágora... concretamente no burdo rumor.... Un burdo rumor No se tus escalas por lo tanto eres muy dueña de ir por ahí diciendo que la tengo muy pequeña no esta su tamaño en honor a la verdad fuera de la ley de la relatividad Y aunque en rigor no es mejor por ser mayor o menor ciertamente es un burdo rumor. Pero como veo que por ser tu tan cotilla va de boca en boca y es la comidilla en vez de esconderla como haría el avestruz tomo mis medidas, hágase la luz. Y aunque en rigor no es mejor por ser mayor o menor una encuesta he hecho a mi alrededor. Trece interesadas respondieron a esta encuesta de las cuales una, no sabe no contesta y en las otras doce división como veréis se me puso en contra la mitad, es decir seis. Y aunque en rigor no es mejor por ser mayor o menor otras seis francamente a favor. Y si hubo reproches fueron en resumen por su rendimiento, no por su tamaño y las alabanzas que también hubo un montón hay que atribuirlas a una cuarta dimensión. Y aunque en rigor no es mejor por ser mayor o menor a que a veces soy muy cumplidor. Mi mujer incluso, dijo - aunque prefiero la del jardinero, como tu ya sabes, por si te interesa pon que estáis a la par solo que la suya es mucho menos familiar Y aunque en rigor no es mejor por ser mayor o menor nunca olvida traerme una flor. Es mísero, sórdido u aún diría tétrico someterlo todo al sistema métrico no estés con la regla más de lo que es natural te aseguro chica que eso puede ser fatal. Y aunque en rigor no es mejor por ser mayor o menor yo que tú, consultaba al doctor López Ibón. Asdo. Xoán de Requeixo PD: Que cada pao aguante a súa vela.

Pedir respeito...

Antes de ler este artigo, botálle unha ollada a seguinte nova , publicada o pasado día 2 de Agosto de 2005 na edición local de Ourense do Xornal "La Voz de Galicia". Pedir respeito é algo que non pode facer calquera, para poder facelo hai que ter a conciencia ben tranquila, hai que ter unha imaxe impoluta e ter, dende logo, unha conducta intachabel que te sitúe por "riba", no bo sentido, de calquer outra persoa e máis ainda se os cartiños que manexas son públicos, de todos nós en definitiva. A respeito do folclore galego, da nosa música e máis concretamente da gaita esta persoa -refírome ao Sr. Foxo- ten demostrado ser producto do complexo de inferioridade galego; esa enfermidade que nos meteron pola forza, ao longo dos séculos os señoritos, os caciques, a igrexa, o ensino,... e que, como vemos, maniféstase tanto no relativo á lingua como en calquer outra expresión propia deste país. Semellante visión teñen os que afirman que en galego non se pode ir polo mundo... cando o mundo está feito precisamente por galegos. Política á marxe... un dos meritos deste señor é o de conseguir que as novas camadas de galegos descoñezan a realidade musical que lles é propia, cousa que non conseguiron anos e anos de desfeita españolista de "torito e bailaora" sobre o televisor. Espero que os novos gobernantes demostren ter unha visión máis galega, a visión do galego que quere mirar para adiante coa cabeza alta e non vai disimulando a súa condición disfrazado de calquer cousa menos vestido de galego. Disto último, por desgraza, non podo estar seguro, lamentabelmente en Galiza todos os partidos políticos teñen moito que esconder pero dos erros tamén se pode aprender... se queremos, claro. Asdo. Xoán de Requeixo Para os que non o lembren este señor era o que ía tocando nos congresos... de Xinecólogos

A mudanza do Patrón


A mudanza do Patrón
Extraido de "La Opinión" da Cruña. Por Santy.

BSO: Ronda dos Paisnos

Atrévome a seguir a idea do noso prolífico autor de personalidades múltiples e propoño unha banda sonora para hoxe. ZECA AFONSO Ronda dos Paisanos Ao cair da madrugada No quartel da guarda Senhor general Mande embora a sentinela Mande embora e não lhe faça mal Ao cair do nevoeiro Senhor brigadeiro Não seja papão Mande embora a sentinela Mande embora a sua posição Ao cair do céu cinzento Lá no regimento Senhor coronel Mande embora a sentinela Mande embora e deixe o seu quartel Ao cair da madrugada Depois da noitada Senhor capitão Mande embora a sentinela Mande embora o seu guarda-portão Ao cair do sol nascente Venha meu tenente Deixe a prevenção Mande embora a sentinela Mande embora e tire o seu galão Ao cair do frio vento Primeiro sargento Junte o pelotão Mande embora a sentinela Mande embora e cale o seu canhão Ao cair do sol doirado Venha meu soldado Largue o seu punhal Vá-se embora sentinela Vá-se embora que aí fica mal

Baixo a luz dos Farois


Festa dos Farois  Foto realizada por Paquito
Noite de irlle polo aire... levando unha "virxe" feita de polas de amieiro e farois de papel. Unha multitude de pequenas luces de milleiros de cores alumeaban o camiñar dunha tropa de xente disposta a facer a festa baixo o son de diferentes bandas e formacións musicais. Habia xente, moita xente, de todas a idades, persoas maiores, cativos e moitas e moi fermosas rapazas (epa!)... pero todos, en grupos do máis diverso, cunha teima en común, desfrutar e pasalo ben até o cabo da noite, apurando até o último minuto. Pensei que non daría chegado pero finalmente fixen acto de presenza... do resto, xa non lembro cousa. Alguén haberá que mo recorde. Saudiños O Pepe das Festas

3.8.05

Derradeira estación?

O tren fixo unha parada na estación. Non baixou nen subiu ninguén, non houbo movementos, non houbo nada máis que silencio; Sen pasaxeiros, vaise desprazando polo camiño de ferro paseniñamente, dando a curiosa impresión de que se está deixando levar polo vento. A imaxe non deixa de ser misteriosa xa que nen sequera o maquinista espera recoller máis persoas nen facer parada algunha, simplemente continúa o camiño sen saber moi ben a onde, non se fai preguntas. Teno moi fácil... o comboio vaiche pola vías e non ten moito onde escoller, non hai fallo, el simplemente acepta o rumbo marcado, non se molesta, non se para a pensar se tira cara o norte ou cara o sur... quen nos di que non vai cara ningures??? Seguramente, o caso é que tampouco nos molestamos en avisalo, tamén continuamos o camiño sen preguntarnos máis nada, posibelmente cara ningún sitio tampouco. Fernán da Veiga.

2.8.05

O reto....

Vivir nun país como o noso - ese que eu chamo o "Máis bonito do Mundo" e ao cal fago máis grande ou máis pequeno segundo o momento ou o estado de ánimo- implica afrontar unha serie de retos que lle dan un certo aliciente; a emosión de acadar traballo e máis emosión ainda á hora de conseguir triunfar -refírome a triunfar, a levalas á cama directamente á primeira de cambio- ante unhas mulleres -que eu sinceramente atopo fermosísimas- que teñen fama de ser máis duras e difíciles que outras doutras latitudes. Lonxe de ser unha eiva -por moito que se queixen os foraneos- todo iso e algo que un acaba por aceptar, mesmo apreciar, como se estas cousas fixeran do día a día o noso particular "deporte de risco". Xoán de Requeixo

1.8.05

Princesa

A banda sonora de hoxe... vai adicada especialmente a dúas princesas, xa saben elas quen son e cales son as razóns. Princesa (J.Sabina / J.A.Muriel) Entre la cirrosis y la sobredosis andas siempre, muñeca. Con tu sucia camisa y, en lugar de sonrisa, una especie de mueca. ¿Cómo no imaginarte, cómo no recordarte hace apenas dos años? Cuando eras la princesa de la boca de fresa, cuando tenías aún esa forma de hacerme daño. Ahora es demasiado tarde, princesa. Búscate otro perro que te ladre, princesa. Maldito sea el gurú que levantó entre tú y yo un silencio oscuro, del que ya sólo sales para decirme, "vale, déjame veinte duros". Ya no te tengo miedo nena, pero no puedo seguirte en tu viaje. Cúantas veces hubiera dado la vida entera porque tú me pidieras llevarte el equipaje. Ahora es demasiado tarde, princesa... Tú que sembraste en todas las islas de la moda las flores de tu gracia, ¿cómo no ibas a verte envuelta en una muerte con asalto a farmacia? ¿Con qué ley condenarte si somos juez y parte todos de tus andanzas? Sigue con tus movidas, pero no pidas que me pase la vida pagándote fianzas. Ahora es demasiado tarde, princesa Búscate otro perro que te ladre, princesa Asdo. Eans de Cotón Para os/as maruxas... xa lles digo que o sentido da letra é totalmente independente das circunstancias que me levan a facerlles esta pequena "adicatoria". Por suposto, a letra vai cantada (figurativamente) por min.

Adeus....

O tempo tan esperado por fin chegou. Ao vello patrón tócalle abandonar o barco e -hai que recoñecelo- estao levando dunha maneira bastante digna, demostrando ter unha certa altura que noutrora non mostrou, nen el nen os seus compañeiros de viaxe; agora é o mesmo... xa forma parte da memoria colectiva, da historia. Toma o mando unha nova tripulación, esperamos que desta volta nos leven a bon porto; en breve soltaremos amarras para partir nesta nova viaxe. Xoán de Requeixo

Farruquiteando?

Resulta curisoso como as autoridades competentes tratan de salvagardar as vidas de conductores e usuarios da vías públicas ante personaxes impresentabeis, indesexabeis, no mesmo momento en que outras autoridades -certamente incompetentes- deixan ceibo a unha persoa responsabel da morte dun cidadán inocente. Se cando fai tempo os amigos de Mundo Cruel comezaron a facer chistes co tema era algo premonitorio...A todo Farruquito Sevilla en 5 mins Os que non entendemos de máis lei que a propia lóxica poñemos o berro no ceo e sumámonos á viuva do falecido reclamando xustiza para ela. Xoán de Requeixo

Nús

Esta foi unha fin de semana especial. Diría que foi do máis completo dado que houbo tempo para todo, para momentos de baixón e para momentos bos tamén. A mellor maneira de definila é dicir que foi unha fin de semana plena de sensacións, sentimentos a flor de pel, nús en definitiva. Por unha banda desprazarme até unha paisaxe maravillosa e descoñecida para min, próxima na distancia pero alonxada en canto a singularidade do entorno e a natureza. Era vergonzoso ir presumindo de país sen ter paseado por eses lugares,... esas praias. Doutro lado, sentirme arroupado por diferentes persoas, a quen, por certo, llo agradezo de corazón e máis ainda cando por fin dou por superado distanciamentos anteriores, certamente dolorosos. Nese senso síntome completamente feliz. De remate, houbo un pequeno espazo para un reencontro indefinido con quen significou tanto para min. Foi toda unha sorpresa para ambos, nada premeditado e quizais iso deulle unha espontaneidade que doutra maneira non tería. Non sabería como calificalo. En resumo, neste breve periodo de tempo pasei por unha serie de experiencias vividas con fondura, paixón se se quere, moito máis sentidas que noutras circunstancias, para ben e para mal. Espero poder tirar boas conclusións de todas elas. Fernán da Veiga