22.6.05

Congreso de xinecologos

Coméntame unha lingua amiga que nun recente congreso de médicos xinecólogos tivo "a honra" de tocar a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, en representación do que debería ser o folclore do noso pais. Até o propio sr. Foxo se presentou (como se agora se dedicasen á BBC -b(v)odas, bautizos e comunións-) e dirixiu o evento, mostrándolle as "lindezas da súa arte" aos señores profesionais de medicina. Por se isto fose pouco e ante un público extranxeiro, pouco dado segundo parece á temática galega, procedeu a interpretar unha serie de pezas alóctonas, concretamente rancheiras!!! Isto é o que se fai coas escolas públicas de gaita. Pd: Quedalle tocar co circo.

1 comentário:

Multidão disse...

agora que lle boto un vistazo vexo a apariencia de chiste... algo así... saben este do Foxo que vai a un congreso de Xinecólogos e pregunta se alguén sabe "tocar" ou algo así!!! je,je