27.6.05
Pensamentos Rancios
Os pensamentos rancios están de moda.
Escoitei hoxe unhas declaracións nunha TV de corte relixiosa nas que unha muller reeditaba -máis ou menos- aquela mítica frase da película "airbag", si, home, lembrades aquelo de "la culpa es de las madres"? Iso viña sendo o que afirmaba a "respetabel" tertuliana ao referirse á vestimenta que levan as mulleres, concretamente as rapaciñas. Xa vos aclaro que ela non utilizou tal expresión, faltaría máis, pero o sentido era o mesmo. O peor do conto é que dunha maneira ou doutra esta señora xustificaba que houbera casos de acoso ou abuso contra estas cativas "por ir provocando", algo así como aquelo tan vello de "si, pero ela algo faría", xa sabedes.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário