23.6.05

Noite de San Xoan

Chegou unha das noites máis singulares do ano, a véspera do San Xoán, unha mistura de elementos da natureza, a noite máis curta do ano e o propio lume, paganismo na súa máxima expresión. Para ben ou para mal esta noite vaise tornando nun evento etílico, unha festa sen esencia, unha simple excusa para proceder a pillar a habitual lascarda. Asumamos xa que logo esta nova condición EPA!!! Tamén o folclore sofre as deturpacións propias dos medios, exportando modelos a lugares onde non son tradición, detalles como saltar nonseicantas ondas na praia do Orzán ou queimar fallas na Cruña.

1 comentário:

Multidão disse...

pois que queres que che diga Negriña... eu non teño no recordo a celebración desta festa na praia salvo en datas ben recente; lembro a festa como algo máis de barrio, veciño a veciño, casa con casa.
Na miña opinión a traslación cara a praia provocou a perda desa comunión para pasar a ser algo individual, de grupos separados sen contacto entre sí. Unha magoa.