1.8.07

outra volta de torca

...pois iso... logo dunhas semanas de relativa tranquilidade logo das palabras do Conselleiro de Industria... volven ao ataque coa mesma teima de desfacelo todo.

O peor do conto é que un xa non sabe que crer ou que pensar... un día a prensa anuncia paralizacións... ao seguinte destapa un novo atentado... ao mar, ao monte ao patrimonio... e outra volta o mesmo desacougo.

Sempre podemos pensar que co "Vello Patrón" isto non pasaba... ben é certo... daquelas pensabase moito menos! Niso algo avanzamos.

Fernán da Veiga

Gaivotas en terra...

O informe presentado polo consello de estado a respecto do direito a indemnizacións por parte dos afectados polo Porto Exterior de Arteixo é bastante desacougante...

...até o extremo de poder imaxinar un futuro no que as xentes do mar señan desprazados do mesmo, deixandoos sen oficio nen beneficio, para instalar -pondo por caso- muiños eólicos... e todo isto sen soltar un patacón, aínda tratándose de negocios -tanto o propio porto como a enerxía eólica- ben rendibeis mais gobernados e dirixidos dende lonxanos despachos... cecais -coma sempre- dende o afastado Madrid.

Xoan de Requeixo

apoio...

Este suevo, que non godo, gostaría de enviarlle toda unha enchenta de apoio aos amigotes guanches e a xente toda desas fermosas illas. Non hai moito sentimos nós a mesma desesperanza, o medo e a raiba por idéntico motivo e non consola nada saber que desta volta tocalle a outros pasar polo mesmo.

Simplemente... estamos convosco!

Moito ánimo!

Fernán da Veiga

21.7.07

Contrastes

Hai que facerse eco -nós como tantos outros, por sorte- e denunciar a censura que nos queren impoñer a respecto dunhes señores que se din monarcas e gozan de toda sorte de privilexios e direitos até o de censurar a quen, mediante a ironía e o bon humor, di verdades que outros xamais nos venden.

Xa está ben de tanta imaxe de foto de nadal trucada, tanto bodorrio, bautizo... tanta regatiña e en resumo tanta boa vida sen facer nada por merecela...

Temos direito a saber a verdade sobre eles, no pasado, presente... esperemos que no futuro... non faga falla saber deles... bueno, se acaso que envien unha postal de cando en cando.

Tamén temos direito a criticar e non temos que pagar peaxe algunha por facelo... para iso nos venderon este país por un país libre... aínda que iso non sexa máis ca un lonxano reflexo.

Alén disto a actitude do xuiz contrasta moito coa pasividade que demostran en moitas ocasións: na persecución dos maltratadores, na loita contra o narcotráfico e sobre todo... contra a abundante e habitual corrución.

Así nos loce o pelo.

Xoan de Requeixo

16.7.07

Frio aceiro

O frio aceiro arrodea completamente unha das obras máis fermosas e importantes que coñezo... O Pórtico da Gloria... Unha vez máis este singular elemento "sofre en silencio" os actos de quen deberia defendelo, admiralo e protexelo.

Lonxe de procurar e denunciar o feismo "dos pobres" temos moitos e bos exemplos dese feismo bárbaro, do máis bárbaro, de ricos e poderosos.

Na miña modesta opinón na catedral de Compostela hai exceso de barandas de aceiro e monitores TV de última xeración.

Lamentabel.

Xoan de Requeixo

PD: Non seria máis normal -teñoo visto ben veces en diveros museos europeos- contratar unhes responsabeis que controlasen e impedisen calquera "achegamento" indebido? Non somos Europa, está visto.

19.5.07

Maltrato

Maltrato, si,... maltrato... chega de bois, estacas nas patas, matanza do porco, malas estabulacións, pouco espazo... iso é evidente maltrato... está ben que o fiscal meta mao... pro pra cando lla vai meter tamén ás touradas???

Xoan de Requeixo

7.5.07

Banda Sonora

Xa facía ben tempo que non poñiamos banda sonora algunha. Ben poido ter sido neses días atrás, nese 25 de abril -sempre!-, na conmemoración dos cravos mais desta volta escapouseme o día, aínda que o noso amigo Zeca está presente ao longo do ano todo.

Aproveitando a coxuntura traemos aquí un "redescubrimento", un grande cantautor, un grande músico, cousa seria. Trátase de Paco Ibañez e o seu Soldadito de Bolivia, bon, na súa magnífica versión do texto de Nicolás Guillén.

Non é mala cura logo da victoria da dereita francesa. Habería que pararse e pensar nas lindezas dese sistema político no cal os de esquerdas teñen que camuflarse, integrarse case, no centro mentres que a dereita somentes -no mellor dos casos- ten que aparentar, como un xogo de nenos, selo.

Algo falla, non si?

Eans de Cotón.
Soldadito de bolivia
soldadito boliviano
armado vas de tu rifle
que es un rifle americano,
que es un rifle americano
soldadito de bolivia
que es un rifle americano.

Te lo dio el señor Barrientos soldadito boliviano regalo de mister Johnson Para matar a tu hermano para matar a tu hermano soldadito de Bolivia para matar a tu hermano

No sabes quien es el muerto soldadito boliviano el muerto el Che Guevara y era argentino y cubano y era argentino y cubano soldadito de Bolivia y era argentino y cubano

El fue tu mejor amigo soldadito de Bolivia el fue tu amigo da pobre del oriental altiplano del oriental altiplano soldadito de Bolivia

Está mi guitarra entera soldadito de Bolivia de luto pero no llora aunque llorar es humano soldadito de Bolivia aunque llorar es humano

No llora porque la hora soldadito de Bolivia no es de lágrima y pañuelo sino de machete en mano soldadito de Bolivia sino de machete en mano

Con el cobre que te paga que te vendes que te compras es lo que piensa el tirano es lo que piensa el tirano soldadito de Bolivia es lo que piensa el tirano

Pero aprenderás seguro que a un hermano no se mata que no se mata a un hermano que no se mata a un hermano soldadito de Bolivia que no se mata a un hermano que no se mata a un hermano

4.5.07

Contaminación

Dende o comezo da campañá electoral levamos sentindo todo tipo referencias e peregrinos argumentos que califican unhas candidaturas e unhes candidatos como elementos "contaminados", razón pola cal hai que imposibilar xa que logo a súa participación no proceso electoral.

Aínda sendo bastante ignorante nestas cousas do direito, vendo o partido dende a banda, non pode un deixar de entender esta materia como algo moi semellante ao código binario onde a realidade está composta só de dous valores, 0 ou 1, ou pro caso ao que nos referimos: inocente ou culpabel. Non hai lugar a puntos intermedios.

Ese outro extraño estatus, ese modo "nin arre nin só", tan arbitrario e a dedo, é ben dificil de entender para moitos dos que non cremos en atallos nin corredoiras que, ao fin e ao cabo, acaban custando moito máis, en tempo e esforzo, a todos.

Eles verán.

Fernán da Veiga

12.4.07

Nena... faime o galego!

"Nena... faime o galego..."
"ai eso si...
ai si si ohhh!
ohhh"

Pois iso.. non podemos ir de nación seria sen ter unha erótica "postura" propia, que coño!

Temos que atopar ese aquel sexual que nos defina, a homes e mulleres, dentro da nosa natural indefinición... pero nos distinga , ao fin e ao cabo, como galegos.

Non pode ser un francés, nin pode ser menos co grego, nin menos excitante tampouco ca unha masaxe tailandesa... pero, por fín, chegou o momento hai que decidir... cal é o "foder galego!"

Da o mesmo se é na cama, na corte, na leira,... ou na mítica carballeira... a fin de contas...tanto ten, onde se queira, ben vale,... pola banda de Laiño, por Lestrove, non vai mal, por algures ten que ser, se non por ambos.

Por unha vez, hai que decidir! que entenderiamos por "facer un galego"

Asdo. Xoan de Requeixo

5.4.07

O silencio do Galego

Ao longo dun debate un homiño do pais permanece calado, á escoita do que dician os restantes "contertulios". Unhes criticaban, outros berraban contra isto ou contra aquilo; el, por contra, escoitaba tranquilamente, sen abrir a boca, nun silencio extraño e longo.

Cando a "batalla" xa estaba chegando ao seu fin, cando todos os restantes participantes no debate botaran fóra todos os seus argumentos e xa non tiñan máis nada que aportar, daquelas é o galego, cual partizano, quen comeza o seu traballo, facendo gala da súa mellor artillería, sendo ademáis bon coñecedor dos correspondentes "calcañares de aquiles" de cada un dos contendentes.

Menos mal que un, que por sorte de galegos vai aprendendo algo, xa vía vir a xogada de lonxe, e con non menos arraposamento escoitara claramente -tamén por galego, tamén por raposo- aquelo que o primeiro galego dicía mentres non falaba -si señores, os galegos en silencio tamén falan-, que non era pouco, gardando para sí algunha que outra arma, mais neste caso de autodefensa.

Xoan de Requeixo

4.4.07

Adeus Atento

A marcha dunha empresa da cidade da Cruña é unha pésima nova nun lugar cidade carente dun forte tecido empresarial co que crear máis riqueza, riqueza que non nace, dende logo, de portas cara dentro dun centro comercial.

Nestes tempos tan próximos ás eleccións municipais deberiamos reflexionar sobre o valor dos nosos votos, para evitar que o noso futuro se vexa supeditado ao enriquecimento dunhes poucos, preocupados por algún que outro xoguete en forma de bandeira, piruli ou xardín e sobre todo por aquilo de "y que hay de lo mio?".

Doutro xeito... pouco futuriño che temos!

Fernán da Veiga

PD: A nosa sinceira solidaridade para todos eses traballadores. Oxalá topedes pronto un traballo mellor.

31.3.07

E o gañador é...




Mozos e mozas, animais varios e outras herbas... rematou o proceso de valoración e votacións por parte do xurado do II Concurso de Relatos Curtos do Alpendre formado por tódolos membros do grupo Alpendre... e xa temos un gañador!!

Antes de anunciar os resultados gostaríanos agradecervos a todos a vosa participación, máis da que puidésemos agardar, desexamos que vos tamén desfrutárades coa experiencia e agardamos que repitades na edición do ano que ven. Sinceiramente grazas de parte de todo o Alpendre.

E agora si,... sen máis preámbulos pasamos a anunciar os resultados das deliberacíons do xurado...

O gañador do II Concurso de Relatos Curtos do Alpendre é...


...


O Peto Lareto


De maior non vou traballar.
¿Por que?
Papá morreu traballando.

Con 12 votos, Felicitacións!!!, eres o gañador!!


O segundo posto foi para...

Carlos

Meses después de la violación, Caperucita parió a Lobito.

Con 5 votos.


O seguinte lugar está máis concorrido. Os terceiros clasificados son...

Fati


-Quérote.
-Fúchete.
-Voltei.
-Xa non te quero.

-Marcho.
-Agarda...

Melorra


O MATACHÍN:

Gardou os coitelos no maletín. Dirixiuse á seguinte casa.

Trasancos


Consumímonos de tanto amarnos, incluso antes de coñecernos.

Con 4 votos cada un.


Agora enumeramos o resto de relatos que recibiron algún voto:

Con 3 votos:

anxocaxiao

Brrrrrrrrooooooooooommmmmmmmmm¡¡¡¡
¡Caralloooo co trono¡

JARL


Sós na noite, deitados na erva: "...viches Broke Back Mountain?"...

Fati


Avó...avó! avó!
(medo)
...morreume...
(Bágoas)

ourensalia


- Mañá serás feliz comigo.
- Pero, ¿será algún día mañá?...

David


- Escoita as estrelas.
E marchou, deixándoo só cos seus pensamentos...

PatriLou


Te soñé y al despertar dormías acurrucada en mis pestañas.

Melorra


Paula pensou pratos picantes para Patricia. Privadamente preparábase para pecar....


Con 2 votos:

Funikita


Cuando regreses, cuando vuelvas con lustros cargados en tu espalda...

Funikita


O cuando no regreses, cuando mueras silenciado sobre la madera...


E con 1 voto:

Multidão

"Os Maquis"

"Corre!
corre!
veñen por nós.
Ao monte!!!
XAAA!
Ao monte!!"

hugolate


Díxolle o Xosé á Xosefa:
"Pepa, para Pepín pon pan..."

Fati

E pensou nel.

Sabía que tiña dous ...

Roberto


Fiquei parado, mas incrivelmente o mundo seguia movendo-se


E isto é todo, grazas outra vez a todos vos. Aqueles que non recibiron votos ou non gañaron, non vos preocupedes, tódolos contos eran moi bos, pero algún tiña que gañar. Ademáis, o ano que ven teredes unha nova oportunidade. Estáde atentos a novas convocatórias!!


Mil Grazas


O Alpendre

19.3.07

II Concurso de Relatos Curtos do Alpendre. Contos Participantes



Rapaces e rapazas, mozos e mozas, alpendreiros e alpendreiras. Eiquí tedes os contos participantes na 2ª edición do Concurso de Relatos Curtos do Alpendre. Sen dúbida foi todo un éxito de convocatória incluso con participación confirmada dende o hemisferio sur. Moitísimas grazas a tódos.


tío Pepin

Sen querer, acababa de cometer un proboscídeo.

Fati

Avó...avó! avó!
(medo)
...morreume...
(Bágoas)

Fati

Pum!
- Caeu.

JARL

Sós na noite, deitados na erva: "...viches Broke Back Mountain?"...

ourensalia

- Mañá serás feliz comigo.
- Pero, ¿será algún día mañá?...

Fati

-Quérote.
-Fúchete.
-Voltei.
-Xa non te quero.
-Marcho.
-Agarda...

Otero Regal

Eramos catro, a mesa tiña catro patas.

anxocaxiao

"Morres aos poucos, suor frío, invernía. Rapidiño doutor...."

O Peto Lareto

De maior non vou traballar.
¿Por que?
Papá morreu traballando.

David

- Escoita as estrelas.
E marchou, deixándoo só cos seus pensamentos...

anxocaxiao

Brrrrrrrrooooooooooommmmmmmmmm¡¡¡¡
¡Caralloooo co trono¡

Fati

- Tomaaa!
- Toma ti!

Carlos

Meses después de la violación, Caperucita parió a Lobito.

johaka

-Apagha esa lus! Moléstame!
-Normal, meu, estiveches moito tempo durmíndoa.

Multidão

"Corre!
corre!
veñen por nós.
Ao monte!!!
XAAA!
Ao monte!!"

Asdo:
Fernán da Veiga

Título: "O Maquis"

Carlos

Silla volcada. Asfixia. ¿Arrepentimiento? Semen en los pantalones. Vergüenza. Depresión.

PatriLou

Te soñé y al despertar dormías acurrucada en mis pestañas.

Suevo

A vere, non é miña pero é das mellores do refraneiro popular:
"Quen cruza a Marola cruza a mar toda"

ou como dicia a rapariga da chalana turística "Coruña-Ferrol":
"Who cross the Marola cross all over the sea" :D

Carlos

Ao correrse na boca da meninha, o palhaso chorou.

Yorugua

Un escribe do que sabe...

Funikita

Cuando regreses, cuando vuelvas con lustros cargados en tu espalda...

Funikita

O cuando no regreses, cuando mueras silenciado sobre la madera...

Roberto

Desde o alto do Castro, contemplei satisfeito o deserto...

Roberto

Um do Saramago:

"Aquel dia não morrera ninguem"

Fati

E pensou nel.
Sabía que tiña dous ...

hugolate

Díxolle o Xosé á Xosefa:
"Pepa, para Pepín pon pan..."

Melorra

Paula pensou pratos picantes para Patricia. Privadamente preparábase para pecar....

Melorra

O MATACHÍN:

Gardou os coitelos no maletín. Dirixiuse á seguinte casa.

Roberto

Fiquei parado, mas incrivelmente o mundo seguia movendo-se

xulioDRabal

Morrín de cintura para baixo,
ainda que o corazón sínteme .

Trasancos

Marchou deixando palabras tras de si... un amor sen resposta

Trasancos

Consumímonos de tanto amarnos, incluso antes de coñecernos.

Felipe

"Ahhgrr, ahhgrrrr, ahhgrrrrrrr!!!, si, si, más, más, así, asíííí!!!!, chof"

PaquitoX

Fati

Ay que non chego!
Cheguei!! 23:59


Agora comezan as votacións!!, daránse a coñecer o día 31 deste mes... moita sorte a todos e grazas de novo.


O Alpendre

16.3.07

Remata o prazo!!

Rapaces e rapazas decentes e xentes de bién, (Rajoi dixit), hoxe remata o prazo de presentación de microrrelatos para o II Concurso de Relatos Curtos do Alpendre, así que ainda queda un pouco de tempo para presentar os vosos contos... ata as 24h de hoxe!!.

A partir de entón xa non se aceptarán dentro do concurso máis contos. Os contos participantes serán publicados nunha próxima mensaxe o próximo luns día 19 e comezará o periodo de votacións por parte dos membros do Grupo Alpendre. As votacións daranse a coñecer dentro de 15 días a partir de hoxe, o sábado 31 de Marzo.

Boa sorte!!

4.3.07

Agasallo

Non podo resistir a tentación de facer público un agasallo que moita ilusión me fixo.

Aí a tendes... unha fermosa e xenuina cámara de fotos antigua, unha Kodak Brownie Junior Six-20.

Nin que dicir ten que estou grandemente agradecido aos meus compañeiros do alpendre e a eses outros que sin selo tamén teñen participado no meu regaliño de aniversario.

Moitas Grazassss, obrigado quedo con todos vós.

Fernán da Veiga

3.3.07

Adeus aos Cempés

Todo parece indicar que un dos mellores grupos do folk galego dos últimos tempos vai "desaparecer". Os xa míticos Os Cempés colgan as gaitas e demais pertrechos, aínda que esperamos que por pouco tempo.

Tanto na súa versión máis tradicional ou coma formación máis evolucionada deixaron nos seus discos e sobre todo nos seus concertos o mellor do ambiente festeiro, coa graza e o bon humor que sempre os caracterizou, amén, claro está, dunha innegabel calidade musical.

Teño claro que certas cousas non han ser o mesmo sen eles pero que se lle vai facer!?

Aí quedades na memoria, nos vosos discos... até que voltedes!

Eans de Cotón

18.2.07

Memorial da Liberdade

Non hai moito puiden ver-aínda que tiven que ir tres ou catro veces polo Auditorio de Galiza para poder disfrutala enteira- unha máis que interesante exposición, Memorial da liberdade, e a medida que o tempo transcorre doume de conta do oportuno da mesma, do necesaria que se facía -e fai- unha cousa así, unha revisión obrigada e máis desa maneira, tan fonda e lograda... lembrando ás vítimas mais tamén aos seus verdugos, detallando mesmo os planos dos Campos de concrentración e cadeas.

Había tantas anédotas, tantos detalles, mesmo até a máis estrita intimidade era descuberta, por fin, logo de tantos anos de ter que agochala, deixandoa gardada no máis reducido ámbito familiar.

Certamente sentín como visitante -imaxino que non fun o único, claro- unha emoción grande, mais non raiba se non a magoa pola perda -dun xeito ou doutro- de toda esa xeración de homes marabillosos que ou ben foron asasinados ou ben tiveron que sair para o desterro. Unha magoa.

Agora que hai quen se empeña en denunciar aos historiadores por faceren pública esa negra memoria, con nomes e apelidos, esa exposición cobra maior importancia e valor.

Gustariame darlle a noraboa, as grazas tamén, aos organizadores da citada exposición, ao tempo que brindo o meu modesto apoio a quen traballa por erguer esa lousa, descubrindo esa historia da que tan pouco se puido falar en foros públicos e que cando se fixo tivo que darse a xeito de noticia anónima, despersonalizada, sen referirse explicitamente a unhes e a outros, como se os actores, de ambos bandos, levaran caretas ou máscaras.

Fernán da Veiga

16.2.07

II Concurso de Relatos Curtos do Alpendre



Comeza unha nova edición do Concurso de Relatos Curtos do Alpendre. Nesta ocasión poderán participar todos aqueles que así o desexen, sexan membros ou non do Alpendre. A 1ª edición do concurso de "microrrelatos" celebrouse aló polo 2005 e daquela so participaban os membros do grupo, desta vez queremos que todo aquel que o desexe poda participar tamén. Así que xa sabedes, se vos vedes con talento literario e a creatividade necesaria para medirvos con outros alpendreiros non dubidedes en participar, é moi sinxelo:


Bases do Concurso:

Os relatos deberán ter un máximo de 10 palabras , se sodes capaces de usar menos ainda, noraboa!. Sabemos que son poucas, pero precisamente diso trata o concurso. Se queredes ver algún exemplo de contos con 10 palabras, podedes visitar o arquivo do Alpendre do mes de setembro de 2005 onde están publicados os contos da anterior edición, ou ler o conto de tan so 7 palabras, "O Dinosaurio" de Augusto Monterroso, que foi o que nos deu a idea.

Presentación e publicación:

Todos aqueles que non sexades membros podedes presentar o voso conto escribindoo a modo de comentario nesta mensaxe de convocatória. Os contos dos membros do Alpendre publicaranse en mensaxes posteriores. Unha vez remate o prazo de entrega dos relatos, publicaranse tódolos contos xuntos nunha nova mensaxe.

Prazos:

O prazo de presentación dos contos é de 1 mes a partir do día de hoxe, polo tanto rematará o día 16 de Marzo. Despois de esa data, os contos enviados non entrarán no concurso. Unha vez rematado o prazo e publicados tódolos contos, comezarán as votacións do xurado e os resultados daránse a coñecer en 15 dias.

Xurado e premios:

O Xurado estará composto por tódolos membros do Alpendre que por medio dunha votación pechada decidirán cal é o conto que será considerado o gañador. Como premio o gañador obterá o recoñecemento de tódolos que facemos o Alpendre e do resto dos concursantes. O conto será publicado como o mellor o día que se coñeza esta decisión. Xa sabemos que non é moito, pero non temos orzamento para premios,... ademais!, que mellor premio que o de participar?.

So nos queda animarvos a que participedes, non perdedes nada e gañades a posibilidade de saber se algún día poderedes ser uns grandes literatos!, así que exprimide un pouco os sesos e enviádenos 10 palabriñas que conten unha pequena história.


O Alpendre

6.1.07

Campaña de desgaleguización

O BNG ven de cometer un grave erro de anticipación ao propoñer unha iniciativa de galeguización dos apelidos e nomes entre representantes sociais e políticos.

Pecou dunha antelación excesiva, adiantando un paso imposibel se non se fai unha campaña de "desgaleguización" previa, que libere a boa parte deses representantes dos seus traumas, dos complexos e medos, desa vertixe que sofren ao verse, sentirse e expresarse, con total naturalidade, coma galegos no mundo.

É unha campaña necesaria, obrigatoria penso eu, que posibilite así a ruptura co secular auto-odio que tanto padecemos.

De non producirse tal liberación estaremos sempre padecendo males tan comúns coma vergoñentos como os impresentabeis desprantes á xustiza (véxase o asuntiño do "L" da Cruña e o lalalá do Pacón, non menos impresentabel) e os recentes desencontros "flamenco-galicianos", nin máis nin menos, na interpretación máis sui generis do himno galego.

Fernán da Veiga

5.1.07

Regalo de Reises

Teño que dicir que xa chegaron os meus reises.

Viñan nun sobre cun simpático libriño e un CD, Cantares de Reis, cheo de cantigas de Nadal e cantos de Reices. Foi toda unha sorpresa, un regalo totalmente inesperado, que moita ilusión me fixo.

Obrigado é agradecerllo ao Concello de Boimorto e ao seu concelleiro, O Mini, unha fonte de sabiduría da musica máis enxebre e auténtica, experto coñecedor e grande divulgador do auténtico significado destas festas que celebramos (canta falla fai!!).

Unha saudiña para el e que o merlo... non deixe nunca de cantar.

Eans de Cotón