5.4.07

O silencio do Galego

Ao longo dun debate un homiño do pais permanece calado, á escoita do que dician os restantes "contertulios". Unhes criticaban, outros berraban contra isto ou contra aquilo; el, por contra, escoitaba tranquilamente, sen abrir a boca, nun silencio extraño e longo.

Cando a "batalla" xa estaba chegando ao seu fin, cando todos os restantes participantes no debate botaran fóra todos os seus argumentos e xa non tiñan máis nada que aportar, daquelas é o galego, cual partizano, quen comeza o seu traballo, facendo gala da súa mellor artillería, sendo ademáis bon coñecedor dos correspondentes "calcañares de aquiles" de cada un dos contendentes.

Menos mal que un, que por sorte de galegos vai aprendendo algo, xa vía vir a xogada de lonxe, e con non menos arraposamento escoitara claramente -tamén por galego, tamén por raposo- aquelo que o primeiro galego dicía mentres non falaba -si señores, os galegos en silencio tamén falan-, que non era pouco, gardando para sí algunha que outra arma, mais neste caso de autodefensa.

Xoan de Requeixo

Sem comentários: