6.2.08

Diario dunha fresa- 6 de Febreiro Día Mundial de Tolerancia Cero contra a mutilación Xenital feminina.

O Outro día facían unha reportaxe nun telexornal denunciando os casos que se están a descubrir en Cataluña de nenas mutiladas xenitalmente.Dende logo a noticia sorprende se falamos de nenas nacidas en Europa. Os pais pretenden continuar as tradicións culturais dos seus país de orixe.O problema é que a ablación é unha tradición noxenta , cruel e inhumana, que vulnera os dereitos humanos das mulleres e que debe erradicarse en tódolos puntos do planeta. Sobre 130 MILLÓNS de mulleres e nenas viven mutiladas.A pesar da ratificación de diversos tratados en contra destas prácticas,por países africanos onde se levan a cabo estas prácticas, inda no sentir da xente ( moitas desas persoas son mulleres), entenden a mutilación xenital como algo necesario. Coido que se debe traballar moito máis para concienciar da brutalidade destas prácticas, informando e penalizando tales feitos.

Dende este mini diario solidarizamonos coa dor destas nenas e mulleres.

9.1.08

Diario dunha fresa: ¡Parabéns Simone de Beavouir!

Tal día coma hoxe , fai cen anos, nacía en París a intelectual Simone de Beavouir. Icona feminista do Século XX, aínda a día de hoxe as súas obras, en especial o libro "O segundo sexo" ( publicado en 1949),que suposo unha crítica voraz da condición da muller na época, resulta un dos libros fundamentais do pensamento feminista. Falou claramente da igualdade entre homes e mulleres descartando que a inferioridade feminina fose natural senón simplemente unha imposición da sociedade. Alentou as mulleres para que conseguisen unha independencia, resultando fundamental a independencia económica. Moitas grandes feministas posteriores asentaron as suas ideas nesta obra de Beavouir. Na universidade de igual xeito que se estudiamos ao filósofo francés Jean Paul Sartre ( a súa parella ) debería ser obrigado o estudo dos pensamentos dunha grande muller que revolucionou os alicerces dunha sociedade patriarcal e machista, porque como ela dí:

"non somos feministas para ocupar o lugar dos homes, senon para cambia-lo mundo".

1.8.07

outra volta de torca

...pois iso... logo dunhas semanas de relativa tranquilidade logo das palabras do Conselleiro de Industria... volven ao ataque coa mesma teima de desfacelo todo.

O peor do conto é que un xa non sabe que crer ou que pensar... un día a prensa anuncia paralizacións... ao seguinte destapa un novo atentado... ao mar, ao monte ao patrimonio... e outra volta o mesmo desacougo.

Sempre podemos pensar que co "Vello Patrón" isto non pasaba... ben é certo... daquelas pensabase moito menos! Niso algo avanzamos.

Fernán da Veiga

Gaivotas en terra...

O informe presentado polo consello de estado a respecto do direito a indemnizacións por parte dos afectados polo Porto Exterior de Arteixo é bastante desacougante...

...até o extremo de poder imaxinar un futuro no que as xentes do mar señan desprazados do mesmo, deixandoos sen oficio nen beneficio, para instalar -pondo por caso- muiños eólicos... e todo isto sen soltar un patacón, aínda tratándose de negocios -tanto o propio porto como a enerxía eólica- ben rendibeis mais gobernados e dirixidos dende lonxanos despachos... cecais -coma sempre- dende o afastado Madrid.

Xoan de Requeixo

apoio...

Este suevo, que non godo, gostaría de enviarlle toda unha enchenta de apoio aos amigotes guanches e a xente toda desas fermosas illas. Non hai moito sentimos nós a mesma desesperanza, o medo e a raiba por idéntico motivo e non consola nada saber que desta volta tocalle a outros pasar polo mesmo.

Simplemente... estamos convosco!

Moito ánimo!

Fernán da Veiga

21.7.07

Contrastes

Hai que facerse eco -nós como tantos outros, por sorte- e denunciar a censura que nos queren impoñer a respecto dunhes señores que se din monarcas e gozan de toda sorte de privilexios e direitos até o de censurar a quen, mediante a ironía e o bon humor, di verdades que outros xamais nos venden.

Xa está ben de tanta imaxe de foto de nadal trucada, tanto bodorrio, bautizo... tanta regatiña e en resumo tanta boa vida sen facer nada por merecela...

Temos direito a saber a verdade sobre eles, no pasado, presente... esperemos que no futuro... non faga falla saber deles... bueno, se acaso que envien unha postal de cando en cando.

Tamén temos direito a criticar e non temos que pagar peaxe algunha por facelo... para iso nos venderon este país por un país libre... aínda que iso non sexa máis ca un lonxano reflexo.

Alén disto a actitude do xuiz contrasta moito coa pasividade que demostran en moitas ocasións: na persecución dos maltratadores, na loita contra o narcotráfico e sobre todo... contra a abundante e habitual corrución.

Así nos loce o pelo.

Xoan de Requeixo

16.7.07

Frio aceiro

O frio aceiro arrodea completamente unha das obras máis fermosas e importantes que coñezo... O Pórtico da Gloria... Unha vez máis este singular elemento "sofre en silencio" os actos de quen deberia defendelo, admiralo e protexelo.

Lonxe de procurar e denunciar o feismo "dos pobres" temos moitos e bos exemplos dese feismo bárbaro, do máis bárbaro, de ricos e poderosos.

Na miña modesta opinón na catedral de Compostela hai exceso de barandas de aceiro e monitores TV de última xeración.

Lamentabel.

Xoan de Requeixo

PD: Non seria máis normal -teñoo visto ben veces en diveros museos europeos- contratar unhes responsabeis que controlasen e impedisen calquera "achegamento" indebido? Non somos Europa, está visto.

19.5.07

Maltrato

Maltrato, si,... maltrato... chega de bois, estacas nas patas, matanza do porco, malas estabulacións, pouco espazo... iso é evidente maltrato... está ben que o fiscal meta mao... pro pra cando lla vai meter tamén ás touradas???

Xoan de Requeixo

7.5.07

Banda Sonora

Xa facía ben tempo que non poñiamos banda sonora algunha. Ben poido ter sido neses días atrás, nese 25 de abril -sempre!-, na conmemoración dos cravos mais desta volta escapouseme o día, aínda que o noso amigo Zeca está presente ao longo do ano todo.

Aproveitando a coxuntura traemos aquí un "redescubrimento", un grande cantautor, un grande músico, cousa seria. Trátase de Paco Ibañez e o seu Soldadito de Bolivia, bon, na súa magnífica versión do texto de Nicolás Guillén.

Non é mala cura logo da victoria da dereita francesa. Habería que pararse e pensar nas lindezas dese sistema político no cal os de esquerdas teñen que camuflarse, integrarse case, no centro mentres que a dereita somentes -no mellor dos casos- ten que aparentar, como un xogo de nenos, selo.

Algo falla, non si?

Eans de Cotón.
Soldadito de bolivia
soldadito boliviano
armado vas de tu rifle
que es un rifle americano,
que es un rifle americano
soldadito de bolivia
que es un rifle americano.

Te lo dio el señor Barrientos soldadito boliviano regalo de mister Johnson Para matar a tu hermano para matar a tu hermano soldadito de Bolivia para matar a tu hermano

No sabes quien es el muerto soldadito boliviano el muerto el Che Guevara y era argentino y cubano y era argentino y cubano soldadito de Bolivia y era argentino y cubano

El fue tu mejor amigo soldadito de Bolivia el fue tu amigo da pobre del oriental altiplano del oriental altiplano soldadito de Bolivia

Está mi guitarra entera soldadito de Bolivia de luto pero no llora aunque llorar es humano soldadito de Bolivia aunque llorar es humano

No llora porque la hora soldadito de Bolivia no es de lágrima y pañuelo sino de machete en mano soldadito de Bolivia sino de machete en mano

Con el cobre que te paga que te vendes que te compras es lo que piensa el tirano es lo que piensa el tirano soldadito de Bolivia es lo que piensa el tirano

Pero aprenderás seguro que a un hermano no se mata que no se mata a un hermano que no se mata a un hermano soldadito de Bolivia que no se mata a un hermano que no se mata a un hermano