31.10.05

Sencilla

Era frágil, como una mirada de filamentos de luz, tenía aquella sonrisa fácil cuya sencillez derretía. Se movía lentamente, como sin querer llamar la atención, con pasos lentos e informales, ladeando la cabeza a la vez que su cabello serpenteaba al ritmo que marcaba la brisa. Era capaz de caminar por las calles inhóspitas de una noche acabada, con luces alumbrando las virutas de la acera, carteles con letras que no serán leídas hasta el día siguiente. Miraba al suelo, y pateaba hojas secas de abedul. Manos en los bolsillos, pensamientos vanos rondaban su tiempo en aquel instante de silencio hueco. Sí es cierto que había brisa, pero suave, suficiente para permitir danzar a los papeles libres que viven sobre cada baldosa. Su murmullo acompasaba los latidos de hilos de bombilla luminiscentes, mientras los setos silbaban murmullos sordos. No había nada más con vida sobre aquella calle moribunda, y la suya se acercaba lentamente a la penumbra, hacia aquel callejón sin luz. No podía imaginar, inocente, que a veces, donde menos luz hay, más claridad se encuentra. Aquella frase que había pronunciado en la tarde seguía revoloteando su mente como un pájaro sobre la miel dulce de sus labios, la sencillez hace la belleza. Por cómo se había quedado, el sentido se desvaneció, y optó por el solo caminar de sus zapatos desatados. Se movían sin ritmo fijo, pero con zancadas imprecisas, como con hielo en su interior. Sencilla. Bella. Se cubría pero bajo su manto había el blanco de la vida. Aún sabiéndose amada, dudaba de sí. Aquél abrigo la hacía inhóspita como aquella noche de otoño, aquel callejón, mustia, pero, bien sabía, que la caricia que esperaba cambiaría el rumbo de su color, que todo lo que deparase el mañana, sería el principio de la otra vida.

30.10.05

Cando as barbas do viciño vexas....

Parece que ao Sir de Punta Herminia, o Mr. Pacón, lle entrou agora presa -nestes últimos días- por reclamar para Alvedro as mesmas axudas das que goza ou vai gozar o aeroporto de Santiago, o de Lavacolla. Non sei exactamente a que ven tanto desacougo de última hora. Dende logo o seu caracter estase tornando máis agrio, amargo e acedo cada día. Non era así mentres o seu amigo Manoliño estivo na presidencia desa Xunta que tanto detesta. Non é normal tanto estress, tanto nerviosismo,... e non será medo??? Tenos moi preocupados, por favor, vaiao mirar con urxencia. Asdo. Xoán de Requeixo

27.10.05

Cuiñeitor

A última imaxe que tiña del era a do seu brazo saíndo dun charco enorme de chapapote. Antes de desaparecer escoiteille dicir "voltarei" e así fixo... aqui temos ao home, ao prototipo de raposo galego que un día quixo ser golfiño; aquel que quixeron afogar nun oceano negro de petroleo pero dado o seu aquel natural escorregadizo... escapou. Voltou o fillo do muiñeiro, o Pepe Cuiña. "O Cuiñeitor" retornou ao campo de batalla e vaia dar guerra, como os señores feudais noutrora, e así tentar recuperar o seu posto de privilexio no partido, na sociedade e de paso, librarnos a todos deses estirados de Madrid, todo sexa dito. Non é que un sexa partidario seu, nin moito menos, mais o actual semella ser un panorama apetecibel e atractivo para quen desta volta ve a xogada dende fóra (non sen tempo, por certo). Quen sabe... quizais este partido remate cun resultado inesperado. Todo se verá. Asdo. Xoán de Requeixo.

Bandeiras

"...todo depende del color del cristal con que se mira." Imaxinade a cara dos polís ao pé do mastro.

26.10.05

Nunca Máis

Onte á noite botei unha ollada ao monte de cousas que habitan sobre a miña mesa e decidín coller o DVD da campaña "hai que botalos". Recoñezo que xa o tiña medio abandonado posto que moitas das curtas que nel aparecen espertanme a carraxe e a rabia, como se aqueles tristes días fosen aínda hoxe. Non resulta agradabel revivir todo aquelo. Nunca fun unha persoa moi dada ás manifas nen a protestar mais as circunstancias eran tales que até o menos posto -que veño sendo eu- sae a rúa, idea algún que outro lema que escribir nunha pancarta e berra até romper a gorxa. Eu fun un deses -recoñezoo- e en poucos meses pasei da inactividade total á movilización case absoluta. Non tirei nen a primeira foto xa que pensaba que o primeiro era gritar, protestar, expresar o xenio e a dor que gardabamos todos no fondo do peito. Tomei parte nas manifas da Cruña, tamén algunha en Vigo, en Santiago -lembro aquela dos gaiteiros cun aquel especial- e até fun á gran manifestación de Madrid. Ter participado nelas deixa un pouso de limpeza na conciencia que non hai chapapote no mar nen no mundo capaz de manchala. Agora a cousa parece calma, como se o cambio de goberno deixase paso ao esquecemento de todo o acontecido mais non debemos olvidar nunca o que nos pasou e as circunstancias políticas que atravesamos naqueles días. Temos a obriga, aínda hoxe, pese ao cambio radical no temón deste pequeno país, de seguir reclamando as medidas necesarias para paliar esa catástrofe e tamén aquelas outras que axuden a evitar novas traxedias, esto é: plans de continxencias, medios materiais e humanos, prácticas de simulacros, etc. e deste xeito, no caso de vernos ante a mesma adversidade, ter ferramentas e experiencia para afrontar o problema dunha maneira seria, minimizando o impacto do mesmo. Non quixera no futuro -quizais non tan lonxano, esperemos que non sexa así- ter que volver sair á rúa a berrar contra estes novos gobernantes. Teñen unha gran oportunidade de cumprir as promesas feitas nese sentido, por favor, aplíquense o conto. Asdo. Fernán da Veiga. Pd: Sirva esta mensaxe para que despois non se nos diga que calamos a boca.

25.10.05

Xulio Verne

Inspirados pola esquizofrenia lingüistica que caracteriza a este país, inaugúrase unha escultura (?) . Na placa, como xa din en Vigo Blog pon:
Vigo recoñece con esta obra a figura de Julio Verne o ano do seu centenario e rememorar así o seu estreito vencellamento a cidade. -- Escultura doada pola Asociación de Mujeres Empresarias de Pontevedra -- A Alcaldesa de Vigo Corina Porro -- Vigo, 17 de Outubro de 2005
O texto é feo con ganas. Eu xuraría incluso que contén unha incorrección gramatical, porque non me ten sentido eso de "Vigo recoñece... e rememorar así...". Pero o de 'Julio Verde' canta por todos lados. Xa que non poñen 'Jules', que é o seu auténtico nome, que o poñan en consonancia co resto do texto, é dicir Xulio. Vamos, digo eu. Para min que estiveron a piques de adicarlla á honra e cacareo da alcaldesa, pero decidiron que era moi fea e que o rubio de bote non había quen o reflexara en 3D. Dahí ese final, ambiguo, ambivalente e ambibalante, que un non sabe se a alcaldesa aparece na praca porque inagurou o asunto, ou se o texto faltalle un til e a doación foi á propia Corina (como indican nos comentarios de VigoBlog). O final, puxeron un pulpo e sentaron de xeito canso a un Verne. Semella castigado, para que deixe de dar o coñazo con tanto barco afundio e viaxes a lúa. Hai, por certo, outra escultura do escritor, alá pola illa de San Simón. Sei de quenes foron por alí ahi meses e lle rendiron homenaxe cunha lectura, e outras cousas que mellor non contar. A alcaldesa optou direstamente por unha escultura, que se ten que leer igual dalle un mal.

22.10.05

Poste de Traballo

Un amigo e gaiteiro -non procede dicir o seu nome- para referirse á bandeira pacovazquiana utiliza a expresión "poste de traballo". A cousa ten que ver, non co trapiño en si, se non coa parella de municipais que están día e noite coidando dela. O peor do conto é que os cartos do poste, do trapo, do coche patrulla e mesmo do salario da simpática parella... saen todos eles do peto de todos os coruñeses/as e ese conto non resulta tan gracioso á vista dos enormes problemas que existen na cidade. Espero que haxa máis xente que se lembre destas reflexións o día de votar o papeliño dentro da urna. Asdo. Xoán de Requeixo.

21.10.05

Proposta gilipollas

Dada a nova moda de boicotear productos cataláns... propoño outra proposta igualmente absurda e gilipollas. Aqueles que nos opoñamos ao pensamento único que tanto fomenta a dereita... non merquemos productos españois... asi... todos xuntos... en amor e compañía... iremos ao carallo. E fomentaremos a unidade nacional.... Asdo. Xoan de Requeixo

18.10.05

Xogar con lume

Por moito que un se solidarice cos transportistas non acaba de ver claro a conveniencia de facer parar o motor económico de Galiza cando noutras partes de España hai factorias semellantes ameazadas de peche ou traslado a outros paises de Europa do leste. Hai que ter sentidiño. Asdo. Fernán de Veiga.

16.10.05

Acólitos

A colocación da bandeira española no paseo marítimo está dando lugar a moita controversia. Na miña opinión, o mellor que podiamos facer todos é pasar deste señor, Sir. Paco, e da súa "banderola". Unha vez máis anda procurando propaganda inmerecida e gratuíta e véndolle a xogada deberiamos estar máis espabilados para non darlle ese pracer. Non é a primeira vez que Cruña, Galiza e España se enchen de bandeiras e non é novidade tampouco que pasen, antes ou despois, a un plano ben distinto ao pretendido polo mandatario herculino. Chegará o momento en que a xente o poña no sitio. O que máis rabia me da son eses actores secundarios, afins ao Sir obviamente, que atenden a súa chamada como canciño que corre veloz a recoller o pao que lle lanza o seu amo. Como exemplo diso podedes ler as opinións do Sr. Folgueira, Presidente da Federación de Asociacións de Veciños, na entrevista a tres publicada hoxe no xornal "La Opinión de A Coruña". Lémbrame na súa demagoxia ás máis brillantes intervencións de J. Mayor Oreja, se ben non acabo de entender a súa teima co Estatut catalán, dado o seu cargo, e máis tendo en conta a pouca relevancia que lle da ao noso actual estatuto. Pareceume máis preocupante a súa referencia ao 36, especie de ameaza velada que se ven repetindo dun tempo a esta parte mesmo dende estamentos e institucións bastante máis importantes e significativos. Ese é o conto. Asdo. Xoán de Requeixo.

A Marcha e a Manta

Resulta un pouco triste que teña que ser un homolander (para os non iniciados, prototipo de home Alfredo Landa, naquela época do destape, enténdase) o que rescate o tema -tan controvertido- da Marcha Mundial polas Mulleres e a tan traida e levada manta mais entendo que é necesario por motivos do máis diverso. Espero que as mulleres alpendreiras teñan a ben participar e explicar máis en detalle en que consiste este movemento e que obxectivos pretenden acadar. Asdo. Fernán da Veiga A marcha en A Nosa Terra.

11.10.05

Paco y Cierra España

O noso particular alcalde Lacoruñes, o Sir de Punta Herminia, cabalga de novo. Aqui o temos cual quixotesca personaxe envolto nunha enorme bandeira española para arremeter contra aqueles infieis que ofendan ou ameacen a súa "patria, única, indivisible e indestructible, España". Máis podería parecer un episodio doutros tempos, un capítulo dun deses tebeos que tanto lle gustan ao sirciño, pero non, a realidade é teimuda de seu e cual Cid campeador ten que sair novamente ao campo de batalla a defendernos a todos das ameazas que tanto lle atormentan. Quen sabe igual te necesitemos despois de morto para que nos axudes na loita contra estas hordas de gais, antiespañoles, anticatólicos.... Afirma o simpar e singular cabaleiro que o prólogo do Estatut lle produce urticaria... non será Sr. Pacón que o que se pica ...? Asdo. Xoán de Requeixo.

6.10.05

Exposición

O tempo vai pasando... antes ou despois tiña que chegar o momento da despedida, o remate do largo curso no que tomamos parte. Os agracedementos hai que darllos a quen os merece, a deseñadora Conchi Bravo, pola súa simpatía, empeño e, sen dúbida algunha, polo seu bo facer. Sinceramente gracias por todo. A todos os compañeiros -espero non esquencer nengún-, a Damián, Angel, José, María, Olga, Ana, Laura, Martín, Iván, Jonatan e aqueles outros que estiveron tamén con nós, Juan Carlos e Naza,... fortes apertas para todos/as. Un síntese agradecido e encantado de ter coincidido con vós durante todo este tempo. Moita sorte. Asdo. Fernán da Veiga. Exposición da mostra de traballos realizados ao longo do curso Café La Cama Libre de fume R/ División Azul Cruña Do 6 ao 31 de Outono.

Defensor "del pueblo"

A clara parcialidade da persoa que ostenta o cargo de "Defensor del Pueblo" queda patente novamente no recente informe no que se considera que en Galiza se lesionan os direitos dos castelán falantes. Ao meu entender, vai sendo tempo de que o Sr. Enrique Múgica deixe paso a outra persoa que nos defenda a todos, sen distincións políticas nen matices derivados doutros problemas -refírome ao terrorismo, obviamente- que condicionan fortemente as súas actuacións e o seu pensamento. Fartos estamos de reclamar que se cumpra a lei de normalización lingüística, a que regula o galego no ensino ou as sentencias contra "L"os caprichos do seu amigo e alcade Sir Paco. Obviamente sobre iso non di cousa o informe. Debería presentar a súa demisión por mentirán de longo nariz. Asdo. Xoán de Requeixo.

4.10.05

Desilusión

Sinto unha enorme desilusión ao comprobar como se lle dan as voltas ás cousas, mesmo nós mesmos. Síntome desencantado, magoado, triste... ao ver que quen tiña que ser compañeiro se convirte en contrario, sen atender máis razóns, sen recoñecer erro algún. Visto o visto, comprendo que é necesario sair e marchar, tomar aire fresco. Pechar a porta sen facer máis ruido dado que nunca interesou facelo. Prefiro camiñar por camiños que libremente escollamos, sen ter que entender e atender máis razóns que as nosas, sen dar explicacións que nunca deberan ter sido dadas a quen non quere escoitalas nen comprendelas. Pese a todo, non lamento ter intentado aportar o aportado, non deixaría de facelo por moitas reviravoltas que se pretendan. Fixémolo, explicámolo... cando non tiñamos obriga de facer nin unha nin outra cousa. Ficamos coa conciencia limpa, coa mesma ilusión e principios... eso é algo que nos pertence e non nos vai roubar ninguén. Asdo. Fernán de Veiga.

2.10.05

Homenaxe a ese cabrón

Xa estás aqui outra vez? Canalla. Debo dicirche, coa confianza che teño despois de tanto tempo, que novamente es un cabrón. Non permitirei nunca máis que escribas cancións falando da miña vida e dos sentimentos que nunca che contei e que tan ben coñeces. Cómo raio fas para plaxiar desa maneira a miña existencia e a de tantos outros? Parece imposibel facer algo tan difícil pero para iso estás ti, fancendoo fácil. Agora en serio, para cando ese master en poesía desgarrada e marxinal??? Eu apúntome, ainda confesando que levo certo tempo -máis ben pouco- retirado do crapulismo doutras épocas. Se xurde ocasión, poderemos facer horas extras e retomar esa bella e constructiva aficción chamada bebercio, por suposto, se ti nos acompañas, claro. Os honores... facemoschos nós, "Maestro" Sabina. Asdo. Eans de Cotón Pd: Espero que non te enfades se recoñezo a miña infidelidade coa túa compañeira musical, Olga Román. Ela ten tamén a mesma fodida facilidade para contar as miñas historias, ven sendo moito máis guapa -non che pareza mal- e ten unha voz feminina que non son capaz de quitarme da cabeza; leva días volvéndome maravillosamente tolo. Pie de guerra Letra J. Sabina sobre unha peza de Leonard Cohen. Do seu último disco "Alivio de Luto" Están en guerra el hombre y la mujer, el tonto, el listo, el gordo y el flaco, el negro, el blanco, el debe y el haber, Mesalina y el tío del saco. Están en guerra el mambo y el hip-hop, el ying, el yang, el pibe y el viejo, Jeckyll y Hide, monsieur de Sade, Masoc, Pilatos, la razón y el pellejo. Ven a la guerra, túmbate de una vez en mitad de la via. Mientras la tierra gire y nade un pez hay vida todavía. En guerra están la baba y el carmín, el duermevela y la pesadilla, el chevalier y el puercoespin, la extremaunción y las espinillas. Están en guerra el cojo y el ciempiés, los ascensores y el purgatorio, mañana es vispera del día después pasado flores en velorio. Desde la Conchinchina hasta el Magreb en Rolss Royce o en camello. En cada esquina te hacen páginas web o te sellan un sello. Están en guerra el fresco y la calor, la calma chicha y la marejada el ten con ten, la dicha, el resquemor el almacén del todo y la nada En pie e guerra el mártir y el desertor, el tibio y el kamikaze, puestos a desangrarnos tú contra yo, ¿por qué no hacemos las paces? Están en guerra la sota y el as, el espejo y el disimulo, el hospiciano, el niño de papá, el Einstein y el tonto del culo. Yahvé, Mefisto, Buda, Cristo, Alá, las solteronas y los maridos, Bin Laden, Che Guevara, Supermán, lo que iva a ser, la mierda que ha sido. Ven a la guerra, túmbate de una vez en mitad de la via. Mientras la tierra gire y nade un pez hay vida todavía. Desde la Conchinchina hasta el Magreb en Rolss Royce o en camello. En cada esquina te hacen páginas web o te sellan un sello. En pie e guerra el mártir y el desertor, el tibio y el kamikaze, puestos a desangrarnos tú contra yo, ¿por qué no hacemos las paces?