4.10.05

Desilusión

Sinto unha enorme desilusión ao comprobar como se lle dan as voltas ás cousas, mesmo nós mesmos. Síntome desencantado, magoado, triste... ao ver que quen tiña que ser compañeiro se convirte en contrario, sen atender máis razóns, sen recoñecer erro algún. Visto o visto, comprendo que é necesario sair e marchar, tomar aire fresco. Pechar a porta sen facer máis ruido dado que nunca interesou facelo. Prefiro camiñar por camiños que libremente escollamos, sen ter que entender e atender máis razóns que as nosas, sen dar explicacións que nunca deberan ter sido dadas a quen non quere escoitalas nen comprendelas. Pese a todo, non lamento ter intentado aportar o aportado, non deixaría de facelo por moitas reviravoltas que se pretendan. Fixémolo, explicámolo... cando non tiñamos obriga de facer nin unha nin outra cousa. Ficamos coa conciencia limpa, coa mesma ilusión e principios... eso é algo que nos pertence e non nos vai roubar ninguén. Asdo. Fernán de Veiga.

Sem comentários: