11.10.05

Paco y Cierra España

O noso particular alcalde Lacoruñes, o Sir de Punta Herminia, cabalga de novo. Aqui o temos cual quixotesca personaxe envolto nunha enorme bandeira española para arremeter contra aqueles infieis que ofendan ou ameacen a súa "patria, única, indivisible e indestructible, España". Máis podería parecer un episodio doutros tempos, un capítulo dun deses tebeos que tanto lle gustan ao sirciño, pero non, a realidade é teimuda de seu e cual Cid campeador ten que sair novamente ao campo de batalla a defendernos a todos das ameazas que tanto lle atormentan. Quen sabe igual te necesitemos despois de morto para que nos axudes na loita contra estas hordas de gais, antiespañoles, anticatólicos.... Afirma o simpar e singular cabaleiro que o prólogo do Estatut lle produce urticaria... non será Sr. Pacón que o que se pica ...? Asdo. Xoán de Requeixo.

Sem comentários: