Vigo recoñece con esta obra a figura de Julio Verne o ano do seu centenario e rememorar así o seu estreito vencellamento a cidade. -- Escultura doada pola Asociación de Mujeres Empresarias de Pontevedra -- A Alcaldesa de Vigo Corina Porro -- Vigo, 17 de Outubro de 2005O texto é feo con ganas. Eu xuraría incluso que contén unha incorrección gramatical, porque non me ten sentido eso de "Vigo recoñece... e rememorar así...". Pero o de 'Julio Verde' canta por todos lados. Xa que non poñen 'Jules', que é o seu auténtico nome, que o poñan en consonancia co resto do texto, é dicir Xulio. Vamos, digo eu. Para min que estiveron a piques de adicarlla á honra e cacareo da alcaldesa, pero decidiron que era moi fea e que o rubio de bote non había quen o reflexara en 3D. Dahí ese final, ambiguo, ambivalente e ambibalante, que un non sabe se a alcaldesa aparece na praca porque inagurou o asunto, ou se o texto faltalle un til e a doación foi á propia Corina (como indican nos comentarios de VigoBlog). O final, puxeron un pulpo e sentaron de xeito canso a un Verne. Semella castigado, para que deixe de dar o coñazo con tanto barco afundio e viaxes a lúa. Hai, por certo, outra escultura do escritor, alá pola illa de San Simón. Sei de quenes foron por alí ahi meses e lle rendiron homenaxe cunha lectura, e outras cousas que mellor non contar. A alcaldesa optou direstamente por unha escultura, que se ten que leer igual dalle un mal.
25.10.05
Xulio Verne
Inspirados pola esquizofrenia lingüistica que caracteriza a este país, inaugúrase unha escultura (?) . Na placa, como xa din en Vigo Blog pon:
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
Sinceramente creo que estás confundido... o que pasa é que o de "Julio" foi un tímido achegamento ao reintegrado!!! Non sabes ler entre liñas.
Saúdos.
Fernán da Veiga.
Enviar um comentário