22.10.05

Poste de Traballo

Un amigo e gaiteiro -non procede dicir o seu nome- para referirse á bandeira pacovazquiana utiliza a expresión "poste de traballo". A cousa ten que ver, non co trapiño en si, se non coa parella de municipais que están día e noite coidando dela. O peor do conto é que os cartos do poste, do trapo, do coche patrulla e mesmo do salario da simpática parella... saen todos eles do peto de todos os coruñeses/as e ese conto non resulta tan gracioso á vista dos enormes problemas que existen na cidade. Espero que haxa máis xente que se lembre destas reflexións o día de votar o papeliño dentro da urna. Asdo. Xoán de Requeixo.

Sem comentários: