27.10.05
Cuiñeitor
A última imaxe que tiña del era a do seu brazo saíndo dun charco enorme de chapapote. Antes de desaparecer escoiteille dicir "voltarei" e así fixo... aqui temos ao home, ao prototipo de raposo galego que un día quixo ser golfiño; aquel que quixeron afogar nun oceano negro de petroleo pero dado o seu aquel natural escorregadizo... escapou.
Voltou o fillo do muiñeiro, o Pepe Cuiña. "O Cuiñeitor" retornou ao campo de batalla e vaia dar guerra, como os señores feudais noutrora, e así tentar recuperar o seu posto de privilexio no partido, na sociedade e de paso, librarnos a todos deses estirados de Madrid, todo sexa dito.
Non é que un sexa partidario seu, nin moito menos, mais o actual semella ser un panorama apetecibel e atractivo para quen desta volta ve a xogada dende fóra (non sen tempo, por certo).
Quen sabe... quizais este partido remate cun resultado inesperado. Todo se verá.
Asdo.
Xoán de Requeixo.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário