6.10.05
Defensor "del pueblo"
A clara parcialidade da persoa que ostenta o cargo de "Defensor del Pueblo" queda patente novamente no recente informe no que se considera que en Galiza se lesionan os direitos dos castelán falantes.
Ao meu entender, vai sendo tempo de que o Sr. Enrique Múgica deixe paso a outra persoa que nos defenda a todos, sen distincións políticas nen matices derivados doutros problemas -refírome ao terrorismo, obviamente- que condicionan fortemente as súas actuacións e o seu pensamento.
Fartos estamos de reclamar que se cumpra a lei de normalización lingüística, a que regula o galego no ensino ou as sentencias contra "L"os caprichos do seu amigo e alcade Sir Paco. Obviamente sobre iso non di cousa o informe.
Debería presentar a súa demisión por mentirán de longo nariz.
Asdo.
Xoán de Requeixo.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário