30.10.05

Cando as barbas do viciño vexas....

Parece que ao Sir de Punta Herminia, o Mr. Pacón, lle entrou agora presa -nestes últimos días- por reclamar para Alvedro as mesmas axudas das que goza ou vai gozar o aeroporto de Santiago, o de Lavacolla. Non sei exactamente a que ven tanto desacougo de última hora. Dende logo o seu caracter estase tornando máis agrio, amargo e acedo cada día. Non era así mentres o seu amigo Manoliño estivo na presidencia desa Xunta que tanto detesta. Non é normal tanto estress, tanto nerviosismo,... e non será medo??? Tenos moi preocupados, por favor, vaiao mirar con urxencia. Asdo. Xoán de Requeixo

Sem comentários: