Como sabedes fai uns días deuse a coñecer o achádego do primeiro texto escrito en galego,
(ver vieiros) e
(ver vieiros II), non é exactamente así posto que en realidade xa era coñecido mais non tiña tal consideración.
Trátase do chamado
Foro do Burgo de Caldelas, escrito durante o reinado do monarca Afonso IX (dende o punto de vista galego o máis correcto sería chamarlle Afonso VIII), rei cuxos restos repousan na Capela Real (ou das Reliquias) da Catedral de Santiago de Compostela, xunto cos do seu pai Fernando II, o Conde Raimundo de Borgoña e
Conde Pedro Froilaz de Traba.
A parte da importancia da datación do propio documento é relevante e moi clarificador o feito de que o texto pertenza á chancelería real. Cada quen que saque as conclusións que estime oportunas.

Sartego de Afonso IX

Detalle Sartego Fernando II
Panteón Real
Sem comentários:
Enviar um comentário