15.11.05

Vellos recordos

Facía moito tempo dende a última vez que puxen algún vinilo no meu vello tocadiscos. Recoñezo que a miña febre musical foi pasando, tristemente, a medida que foron pasando tamén os anos. Lembro con certa nostalxia todo aquelo de gardar un disco ou unha cinta coma un tesouro e non ter a disponibilidade que se ten hoxe. Cecais se eu fose novo vería as cousas dunha maneira ben distinta pero non o son e iso permíteme botarlle unha ollada a determinadas cousas cunha perspectiva ben diferente da das crianzas actuais e neste caso, valorar máis a pouca música que se tiña daquela, polo menos no meu caso. O disco escollido para escoitar regaloumo no seu día -non fai moitos anos- un compañeiro alpendreiro -agradezollo certamente-, debo dicir que daquela fíxome moita ilusión xa que era a típica cousa que non mercaches ou conseguiches no seu momento e lévala cravada como unha espiña até que por fín consegues satisfacer unha necesidade da que realmente non es consciente. Debo dicir que non o collín aleatoriamente, a escolla non foi casual, trouxomo á cabeza unha peza que escoitei nun bar mentres tomaba algo con outro compañeiro -alpendreiro tamén, pequeno é o mundo-. Para que desfrutedes dese vello traballo (recoméndovolo encarecidamente) trátase de "The first of a million kisses" do grupo Fairground Attraction.
Asdo: Fernán da Veiga Perfect I don't want half hearted love affairs I need someone who really cares. Life is too short to play silly games I've promised myself I won't do that again. It's got to be perfect It's got to be worth it yeah. Too many people take second best But I won't take anything less It's got to be yeah pertect. Young hearts are foolish they make such mistakes They're much too eager to give their love away. Well I have been foolish too many times Now I'm determined I'm gonna get it right. It's got to be perfect... Young hearts are foolish they make such mistakes It's got to be perfect... It's got to be yeah worth it it's got to be perfect

Sem comentários: