24.2.06
Empatía
Creo que hai poucas palabras que me gusten tanto como esa: Empatía.
É unha palabra simple, semella case un poema. É fermosa na forma mais faise aínda máis grande cando entendes e aplicas o seu significado. Ela mesma é como unha lei filosófica: Poñerse no sitio do outro, sentir o que o outro sinte, ver o que el ve.
Debería ser materia de estudo en todas as escolas: "A Empatía e o seu significado"
De seguro que certas cousas collían outro rumbo.
Asdo.
Eáns de Cotón
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário