21.2.06

Historias para gardar

Sucedeu en Viena nun mes de frío febreiro. Catro mozos galegos emprenderon unha viaxe dunha semán polas xélidas terras centroeuropeas cun obxectivo: pasalo moi ben. Por se os xantares desas terras lonxanas non eran do noso agrado, acordamos portar varios paquetes de embutido da terra para cando entrase a fame, mais, as presas fixeron que o encargado de levalas esquecera o preciado manxar na casa, e marcharan sen nada do xénero nas mans. Tal foi a reacción de angustia ante tal desgracia, que o máis afectado polo asunto procuroulle inxurias e calumnias durante todo o 1º día de viaxe ó pobre rapaz que, sen malicia, deixara na casa todo aquel comer, e xurou ós catro ventos que había que comer embutido durante a viaxe, fose onde fose, "y por sus santos cojones". Ó 3º día de viaxe, chegaron a Viena en medio dunha tépeda nevada, un sábado tarde. Tardaron un anaco en atopar o albergue, pero finalmente deron con el. Xusto de camiño, e prácticamente ó lado do lugar de repouso, poideron comprobar a existencia dun supermercado, onde por fin poderían saciar aquela fame "embuteril", se se me permite o vulgarismo. Pero, tan mala sorte tiveron que, cando dous deles baixaron do albergue unha vez deixadas alí as súas pertenzas, o comercio pechara as portas. Ante a expresión das súas facianas no tocante a "qué facer", divisaron, enfronte ó devandito supermercado, a clásica tenda da vella. En vez de pensar en irlle cear por aí, a ver qué atopabamos, pois non, había que cear embutido ("craso error", como se comprobou a posteriori, información que algún día será escrita... ou non). Entraron os mozos, e unha hospitalidade sen par recibiron daquela señora os visitantes, cheos de fríos e cuns atuendos do maís singular. Sabían o que querían, algo de queixo, e algo de salame. Quizáis ó final se lles fose a man pedindo, pero iso é outro tema. O caso é que remataron levando de alí case un kilo de embutido, 4 mazás, uns anacos de pan e unha botella de Coca Cola de 2 litros. Ámbolos dous sabían que estaban en Viena, cidade cara de por sí, e agardaban un prezo final elevado, pero o que non agardaban foi que fose necesario rematar por baixar o pantalón para seren quen de pagar o montante da deuda contraída coa víbora da vella. Coa cabeza gacha, a bolsa na man, e un "auf wiedersehen" de mala gana, alá marcharon os dous incautos que mercaron embutido na tenda da vella vienesa, non sen antes, para a súa maior vergonza, ter que escoitar da boca da ancián que "mañán domingo tamén abro ata a tarde, por se vos pasades a mercar uns ovos e tal e tal...". Ainda co cú quente, liscaron aqueles dous rapaces coa cara vermella de vergonza, un cagándose en todo porque o outro deixara o embutido na casa, e o outro, en vinganza, ríndose a mares por dentro sabendo que o 1º, polo seu antollo, ía rematar comendo no embutido do nabo ata as sobras, e lambendo nos envoltorios ata deixalos brillantes. Ó final, aínda se rían e todo. Cousas que pasan. Paquito.

Sem comentários: