14.2.06
Proximidade
Cinco galegos dando unhas cantas voltas nun tranvía na lonxana cidade de Viena. Un home preto, escoitando falar xente nunha lingua diferente mais próxima á súa -era de Angola- achégase a nós para preguntarnos en que estabamos a falar.
El entendía mais tiña un certo cacao mental, non sabía se era castelán ou portugués o que nos falabamos. Sorprendido ao comezo, finalmente entendeu as nosas explicacións.
Falamos amigabelmente con el un anaco e logo despediuse; baixou do tranvía mais non sen antes -non lembro moi ben a conto de que- deixar no aire un vocablo ben próximo a nós: "Carallo!!!"(*)
Eáns de Cotón
(*) Que familiar resulta oilo cando andas por aí fóra; mesmo ten un aquel a agradecer, aínda vindo dun home culturamente diferente, de procedencia lonxana mais próximo ao fin e ao cabo.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário