22.2.06
Si no seu nome...
Case perderamos totalmente a esperanza de ver como entre o conxunto das víctimas do terrorismo se alzaba algunha voz discrepante do pensamento único que tanto asoballa mentes e esperanzas.
Hoxe, por fin, temos aquí a voz libre, ceibe, desa outra parte das víctimas que non queren perder un minuto, nen unha soa gota de sangue, nen unha oportunidade máis para facer que isto acabe.
Oxalá a súa boa fe, xunto coa nosa, trunfe e se poida pechar ese ciclo da historia, esa fenda que tanto doe; xa tarda.
Asdo.
Fernán da Veiga.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário