26.2.06

Disparar coas palabras


Foto: Cadena Ser
Resulta duro de roer que alguén pretenda reclamar respeito e dignidade para sí, como victima do terrorismo, cando nos ofrece a faciana máis ruín e rastreira de todas as posibeis. Un xa está máis que aburrido de ver todos os días exemplos de política podre... comezou cos comentarios indecentes -de máis que dubidosa gracia- por parte do pallaso de Martinez Pujalte e logo coa carta de Consuelo Ordóñez mais o paso adiante dado durante a manifestación da AVPP (Asociación das Victimas do PP) pedíndolle ao sr. Presidente "Zapatero vete con tu abuelo" é do máis repugnante. Alguén debería dicirlles a estes señores que antes de seren eles víctimas xa o foron outros... como o abó do Sr. Zapatero. Qué foi da empatía? Asdo. Xoán de Requeixo Pd: A foto que se inclúe no artigo correspóndese a unha víctima-manifestante. Non quere dicir que esta persoa realizase os insidiosos comentarios aos que se fai referencia no artigo. Por favor, desligar unha cousa da outra. Non é o meu obxecto incurrir en faltas de respeito semellantes ás que denuncio.

5 comentários:

Trasancos disse...

¿Iso de "Zapatero vete con tu abuelo", pretende ser unha petición de fusilamento para o presidente?... non sei, para o que quera velo así parece, e últimamente non se cortan un pelo. É realmente desprezable este tipo de actitudes, non sei como non se avergoñan... probablemente non teñan a capacidade de facelo, ou antepoñne os seus intereses á moralidade, que tamén pode ser.

oyente de la cope disse...

El Magistrado coruñes don Candido Conde Pumpido, ponente de sentencia sobre taxista gallego asesinado: conclusion : la familia del taxista gallego tiene que pagar las abultadas costas del proceso y le van a embargar la casa....

Anónimo disse...

Sr. Ouvinte da Cope,

se o conto é poñernos irónicos...

A Guerra é o progreso

Asdo.

Xoán de Requeixo

Anónimo disse...

La noticia comentada, desgraciadamente, no es imaginaria.....

Anónimo disse...

Por favor, mándame a ligazón desa noticia. Certamente pensei que estabas de cachondeo. Gustariame vela. Non podo dar creto a iso!!! Non pode ser certo!!! Parece imposibel.

Asdo.

Xoán de Requeixo