27.2.06

Vai de disfraces

A verdade é que o marco non era para comparar -onde estéa Verín ou Xinzo, q se quiten o resto-, pero o certo é q o alcol sempre remata por facer festa en calquer sitio. Este ano, e por desgraza, só un pequeno grupo de alpendreiros reuniuse na localidade pontevedresa de Ponteareas co fin de sempre: pasalo ben. E abofé que así foi. Non é que houbese moita festa "entróidica", mais onde haxa xente do alpendre, o aburrimento non ten lugar. Ogallá o ano que ven sexamos algún máis. Paquito

3 comentários:

Anónimo disse...

Ponteareas,localidad natal del gran periodista Manuel Molares do Val (Blog Cronicas Barbaras)

Anónimo disse...

Ai mi má!!! Para o ano habemos de ir ao Hío!!! Esa si que foi boa!!! Ainda non recuperei algún dos órganos meus que deixei naquelas corredoiras. P. ex. o fígado.
Subrealismo a tope. Ghaiteiros travestidos tocando músicas hipnóticas en ghalpóns, namentres a xente toda bailaba case en trance.

Impresionante.

Absurca.

Anónimo disse...

Perdón, quero dicir: Absurda.