19.2.06

Novos tempos

A fuxida paconiana abre un novo tempo político neste pequeno e atlántico recuncho que é a península da Cruña. Quen sabe se o tempo acabará por pór a cada quen no seu sitio... por moito que os seus amigotes se empeñen en vender a súa aloucada carreira como o máis grande dos sucesos. Eu teño a remota esperanza de que chegue algo de luz aínda que esta é máis feble que a miña sospeita de que iso non vai ser así. Por experiencia sabemos que en política a memoria é máis pequena do que nos gustaría a moitos e rapidamente se pasa a páxina, por influencia de xornais e prensa, claro (véxase o caso de F. Trillo), de maneira que o máis desalmado logo aparece como un santiño e... a outra cousa. Particularmente paradóxico resulta o feito de que ao pouco de botar ao Patrón... o seu amigo intimo, o sirciño, renuncia a presentarse ao seu cárrego... mesmo iniciadas as grandes obras do Porto Exterior da Coruña... en Arteixo! e o que iso representa para o futuro da cidade (sexa bon ou sexa malo, xa o veremos). Está claro o que dura, dura e mentres os seus socios na sombra gobernaron... ao Sirciño non lle foi tan mal, non si? Que lle quiten o bailado! Xoán de Requeixo. Pd: Cómo lle chamarei agora? Sir Embaixador?

Sem comentários: