10.2.06

Sorprendente

Ola amigos, amigas e outras herbas varias de todo tipo e condición. Xa estamos aquí de novo despois dunha semaniña de vacacións polas hipermegafrías terras de Alamaña, Eslovaquia, Austria e Hungría (Budapest, o máximo!). Debo dicir que foi un tempo de desconexión total dado entre outras cousas ás dificiltades lingüísticas máis que obvias. Ao noso regreso vemos como as cousas da política estatal andan tan caldeadas coma sempre, na liña que o PP ven levando dende un tempo a esta parte, cousa que xa damos por normal. O que xa non é tan frecuente e non ten tan fácil asimilación é a nova de que o noso "amigo" Sirciño de Punta Herminia renuncia a presentarse ao carrego novamente para marchar de embaixador a Roma. Moi mal debían estar as cousas nas enquisas para ter que tomar esa decisión tan, digamoslle, cobarde... O normal, tendo en conta a súa fachenda, esa da que tanto fai gala, sería presentarse "cun par" e superar esa ridícula cifra de 140 votos que lle deixaron "moi polos pelos" obter maioría absoluta nas últimas eleccións. Dito con outras palabras... Sr. Paco... Hai mediño, Carallo!!! Asdo. Xoán de Requeixo Pd: Curiosa coincidencia... fai pouco o vello patrón foi "relevado do mando" da nave e agora o Sir, sempre fiel a certos mandados, decide marchar pola súa conta, coma quen que segue o vello refrán das barbas e o remollo. Qué extraño, non? Polo menos o vello Patrón tivo valor a presentarse cando as cousas comezaban a poñerse na súa contra e aínda así, marchou gañando.

Sem comentários: