7.3.19

11 anos depois ... tudo seguia alí, mas nada era igual.

24.9.08

Women are heroes

Women are heroes... ...seica chego cun día de retraso (outros con moito máis).

(ver +)

Salvar a Fonte Gaiteira

MANIFESTO DA PLATAFORMA SALVEMOS A FONTE GAITEIRA

Diante da aberración que pretende facer o concello de Catoira na Fonte Gaiteira, onde quere construir un macroedificio, para abergar unha nova casa do concello e un auditorio-multiusos, son moitos os veciños e veciñas da nosa vila, que discrepan da ubicación desa obra e da necesidade de construir unha nova casa do concello. Por esta razón, o pasado domingo 14 de setembro, reunironse nese parque máis de cen persoas en asamblea aberta, na que se acordou formar unha Plataforma Cívica para conseguir salvar a Fonte Gaiteira. Un parque que debemos preservar e ampliar para disfrute xeral da cidadanía.

Na devandita asamblea, atopábanse tamén representantes de diversas asociacións como Adega, que é a organización ecoloxista máis importante de Galicia, Asociación de Gaiteiros Galegos, Ateneo Vikingo, a asociación de mulleres rurais “Ascuas”, sociedade de San Antonio de Padua etc.

A nosa vila, non pode perder a posibilidade de ter no centro do pobo un parque, que pola súa amplitude, daria aos veciños e veciñas das catro parroquias de Catoira diversos servizos, parque infantíl, zonas de lecer, lugar de concertos no verán ao aire libre etc.. Sería un auténtico despropósito, renunciar a ter ese gran parque, para construir unha nova casa do concello que ninguén demanda e tendo espazos de sobra para ubicar o auditorio-multiusos.

Ao carón desa parcela, formando todo un conxunto homoxeneo, harmónico, atópanse un muiño e outros bens protexidos por patrimonio, ao estar catalogados como ben de interese cultural, a ponte, a igrexa etc. O lóxico é darlle a todo esto un tratamento global integrando todo nun gran parque.

En Catoira temos unha serie de valores que nos distinguen e nos dan unha personalidade propia como pobo, os muiños de vento, de auga, de marea, as Torres de Oeste etc... Cunha pequena inversión, teriamos no centro do pobo outro valor que nos distinguiria e seria outro simbolo de identificación da nosa vila, o parque da Fonte Gaiteira. Renunciar a esto para facer un edificio, é converternos nunha vila estándar, sen personalidade, é renunciar a ir sumando valores e simbolos, que son os que fan atractivo a un pobo.

Esas son as razóns polas que se crea a Plataforma “Salvemos a Fonte Gaiteira”

Tendo coma reivindicacións principais as seguintes:

CONSTRUIR O AUDITORIO-MULTIUSOS NOUTRO LUGAR

DEIXAR A CASA DO CONCELLO ONDE SE ATOPA AGORA, PROCEDENDO A UN ARRANXO DO ENGADÍDO QUE SE LLE FIXO Á VELLA CASA CONSISTORIAL.

CONVERTER TODA A PARCELA DA FONTE GAITEIRA NUN PARQUE.

DOMINGO 28 DE SETEMBRO, CONCENTRACIÓN NA FONTE GAITEIRA ÁS 12 DA MAÑÁ. SALVEMOS A FONTE GAITEIRA.

PLATAFORMA "SALVEMOS A FONTE GAITEIRA"

15.9.08

"para esto si hay"

Sábado 11 de Setembro de 2008

A turisma, visitante incomodada, afirma: "para esto si hay dinero!"

Houbo que esperar tantos anos -moitos, demasiados- para agora escoitar isto?

O problema deste país non é só de memoria... debe ser máis ben de intelixencia.

6.2.08

Diario dunha fresa- 6 de Febreiro Día Mundial de Tolerancia Cero contra a mutilación Xenital feminina.

O Outro día facían unha reportaxe nun telexornal denunciando os casos que se están a descubrir en Cataluña de nenas mutiladas xenitalmente.Dende logo a noticia sorprende se falamos de nenas nacidas en Europa. Os pais pretenden continuar as tradicións culturais dos seus país de orixe.O problema é que a ablación é unha tradición noxenta , cruel e inhumana, que vulnera os dereitos humanos das mulleres e que debe erradicarse en tódolos puntos do planeta. Sobre 130 MILLÓNS de mulleres e nenas viven mutiladas.A pesar da ratificación de diversos tratados en contra destas prácticas,por países africanos onde se levan a cabo estas prácticas, inda no sentir da xente ( moitas desas persoas son mulleres), entenden a mutilación xenital como algo necesario. Coido que se debe traballar moito máis para concienciar da brutalidade destas prácticas, informando e penalizando tales feitos.

Dende este mini diario solidarizamonos coa dor destas nenas e mulleres.

9.1.08

Diario dunha fresa: ¡Parabéns Simone de Beavouir!

Tal día coma hoxe , fai cen anos, nacía en París a intelectual Simone de Beavouir. Icona feminista do Século XX, aínda a día de hoxe as súas obras, en especial o libro "O segundo sexo" ( publicado en 1949),que suposo unha crítica voraz da condición da muller na época, resulta un dos libros fundamentais do pensamento feminista. Falou claramente da igualdade entre homes e mulleres descartando que a inferioridade feminina fose natural senón simplemente unha imposición da sociedade. Alentou as mulleres para que conseguisen unha independencia, resultando fundamental a independencia económica. Moitas grandes feministas posteriores asentaron as suas ideas nesta obra de Beavouir. Na universidade de igual xeito que se estudiamos ao filósofo francés Jean Paul Sartre ( a súa parella ) debería ser obrigado o estudo dos pensamentos dunha grande muller que revolucionou os alicerces dunha sociedade patriarcal e machista, porque como ela dí:

"non somos feministas para ocupar o lugar dos homes, senon para cambia-lo mundo".

1.8.07

outra volta de torca

...pois iso... logo dunhas semanas de relativa tranquilidade logo das palabras do Conselleiro de Industria... volven ao ataque coa mesma teima de desfacelo todo.

O peor do conto é que un xa non sabe que crer ou que pensar... un día a prensa anuncia paralizacións... ao seguinte destapa un novo atentado... ao mar, ao monte ao patrimonio... e outra volta o mesmo desacougo.

Sempre podemos pensar que co "Vello Patrón" isto non pasaba... ben é certo... daquelas pensabase moito menos! Niso algo avanzamos.

Fernán da Veiga

Gaivotas en terra...

O informe presentado polo consello de estado a respecto do direito a indemnizacións por parte dos afectados polo Porto Exterior de Arteixo é bastante desacougante...

...até o extremo de poder imaxinar un futuro no que as xentes do mar señan desprazados do mesmo, deixandoos sen oficio nen beneficio, para instalar -pondo por caso- muiños eólicos... e todo isto sen soltar un patacón, aínda tratándose de negocios -tanto o propio porto como a enerxía eólica- ben rendibeis mais gobernados e dirixidos dende lonxanos despachos... cecais -coma sempre- dende o afastado Madrid.

Xoan de Requeixo

apoio...

Este suevo, que non godo, gostaría de enviarlle toda unha enchenta de apoio aos amigotes guanches e a xente toda desas fermosas illas. Non hai moito sentimos nós a mesma desesperanza, o medo e a raiba por idéntico motivo e non consola nada saber que desta volta tocalle a outros pasar polo mesmo.

Simplemente... estamos convosco!

Moito ánimo!

Fernán da Veiga

21.7.07

Contrastes

Hai que facerse eco -nós como tantos outros, por sorte- e denunciar a censura que nos queren impoñer a respecto dunhes señores que se din monarcas e gozan de toda sorte de privilexios e direitos até o de censurar a quen, mediante a ironía e o bon humor, di verdades que outros xamais nos venden.

Xa está ben de tanta imaxe de foto de nadal trucada, tanto bodorrio, bautizo... tanta regatiña e en resumo tanta boa vida sen facer nada por merecela...

Temos direito a saber a verdade sobre eles, no pasado, presente... esperemos que no futuro... non faga falla saber deles... bueno, se acaso que envien unha postal de cando en cando.

Tamén temos direito a criticar e non temos que pagar peaxe algunha por facelo... para iso nos venderon este país por un país libre... aínda que iso non sexa máis ca un lonxano reflexo.

Alén disto a actitude do xuiz contrasta moito coa pasividade que demostran en moitas ocasións: na persecución dos maltratadores, na loita contra o narcotráfico e sobre todo... contra a abundante e habitual corrución.

Así nos loce o pelo.

Xoan de Requeixo