15.10.06

As plantacións en Vigo

Parece que por unha vez hai cartos abondo para unha iniciativa en Vigo. Falamos dun feito que traerá grandes beneficios económicos a lungo prazo, ou canto menos esa é a idea. A vaga de incendios que trouxo de cabeza ó pobo galego neste verán non supuxo unha plantación tan masiva de árbores coma desa nova especie tropical urbana da que pretendo falar e, dalgún xeito, denunciar. Falo dos "radarus urbanisticus", praga que se está extendendo pola cidade a pasos axigantados. Este finde foi chegar e atoparme con case todos: nada menos que 3 no túnel de Beiramar, un na saída do túnel ó recheo de Bouzas, outro polo propio Samil, outro na Avenida de Europa.... Non sei cantos máis haberá, pero seguro que continuarán coa sua infección galopante. Penso eu se é necesaria tal persecución do coductor. ¿Tanto afán recadatorio existe? Os montes seguen estando queimados, mortos da risa (porque non dan cartos), pero iso si, inundar unha cidade de radares coa función de encher as arcas de cartos, iso si que ten presupostos inmediatos. Está ben que se fomente a condución cívica, pero isto xa pasa de control a auténtica persecución cidadana. Veremos os resultados. Paquito

1 comentário:

Multidão disse...

Por unha vez que alguén pranta algo en Galiza... non sendo un eucalipto!!!

Agora en serio. Eu non sinto moito transtorno por mor da instalación dese tipo de radares. Acho que o meu "estilo" de conducción é idéntico a como viña conducindo antes da implantación do carnet por puntos... e aínda non recibín nengunha notificación de sanción.

Penso que co "feito diferencial galego" aplicado á conducción... e esas alarmantes estatísticas de mortos na estrada... calquera medida orientada a por freo a esta sangría debería ser ben recibida.

No tocante a min, parabéns pros promotores. Compren moitos máis cacharros, mais tamén mellores estradas, sinais... unha cousa non quita a outra, claro.

Fernán da Veiga