16.10.05
A Marcha e a Manta
Resulta un pouco triste que teña que ser un homolander (para os non iniciados, prototipo de home Alfredo Landa, naquela época do destape, enténdase) o que rescate o tema -tan controvertido- da Marcha Mundial polas Mulleres e a tan traida e levada manta mais entendo que é necesario por motivos do máis diverso.
Espero que as mulleres alpendreiras teñan a ben participar e explicar máis en detalle en que consiste este movemento e que obxectivos pretenden acadar.
Asdo.
Fernán da Veiga
A marcha en A Nosa Terra.
11.10.05
Paco y Cierra España
O noso particular alcalde Lacoruñes, o Sir de Punta Herminia, cabalga de novo.
Aqui o temos cual quixotesca personaxe envolto nunha enorme bandeira española para arremeter contra aqueles infieis que ofendan ou ameacen a súa "patria, única, indivisible e indestructible, España".
Máis podería parecer un episodio doutros tempos, un capítulo dun deses tebeos que tanto lle gustan ao sirciño, pero non, a realidade é teimuda de seu e cual Cid campeador ten que sair novamente ao campo de batalla a defendernos a todos das ameazas que tanto lle atormentan. Quen sabe igual te necesitemos despois de morto para que nos axudes na loita contra estas hordas de gais, antiespañoles, anticatólicos....
Afirma o simpar e singular cabaleiro que o prólogo do Estatut lle produce urticaria... non será Sr. Pacón que o que se pica ...?
Asdo.
Xoán de Requeixo.
6.10.05
Exposición
Defensor "del pueblo"
A clara parcialidade da persoa que ostenta o cargo de "Defensor del Pueblo" queda patente novamente no recente informe no que se considera que en Galiza se lesionan os direitos dos castelán falantes.
Ao meu entender, vai sendo tempo de que o Sr. Enrique Múgica deixe paso a outra persoa que nos defenda a todos, sen distincións políticas nen matices derivados doutros problemas -refírome ao terrorismo, obviamente- que condicionan fortemente as súas actuacións e o seu pensamento.
Fartos estamos de reclamar que se cumpra a lei de normalización lingüística, a que regula o galego no ensino ou as sentencias contra "L"os caprichos do seu amigo e alcade Sir Paco. Obviamente sobre iso non di cousa o informe.
Debería presentar a súa demisión por mentirán de longo nariz.
Asdo.
Xoán de Requeixo.
4.10.05
Desilusión
Sinto unha enorme desilusión ao comprobar como se lle dan as voltas ás cousas, mesmo nós mesmos. Síntome desencantado, magoado, triste... ao ver que quen tiña que ser compañeiro se convirte en contrario, sen atender máis razóns, sen recoñecer erro algún.
Visto o visto, comprendo que é necesario sair e marchar, tomar aire fresco. Pechar a porta sen facer máis ruido dado que nunca interesou facelo. Prefiro camiñar por camiños que libremente escollamos, sen ter que entender e atender máis razóns que as nosas, sen dar explicacións que nunca deberan ter sido dadas a quen non quere escoitalas nen comprendelas.
Pese a todo, non lamento ter intentado aportar o aportado, non deixaría de facelo por moitas reviravoltas que se pretendan. Fixémolo, explicámolo... cando non tiñamos obriga de facer nin unha nin outra cousa.
Ficamos coa conciencia limpa, coa mesma ilusión e principios... eso é algo que nos pertence e non nos vai roubar ninguén.
Asdo.
Fernán de Veiga.
2.10.05
Homenaxe a ese cabrón
Xa estás aqui outra vez? Canalla.
Debo dicirche, coa confianza che teño despois de tanto tempo, que novamente es un cabrón. Non permitirei nunca máis que escribas cancións falando da miña vida e dos sentimentos que nunca che contei e que tan ben coñeces. Cómo raio fas para plaxiar desa maneira a miña existencia e a de tantos outros? Parece imposibel facer algo tan difícil pero para iso estás ti, fancendoo fácil.
Agora en serio, para cando ese master en poesía desgarrada e marxinal??? Eu apúntome, ainda confesando que levo certo tempo -máis ben pouco- retirado do crapulismo doutras épocas. Se xurde ocasión, poderemos facer horas extras e retomar esa bella e constructiva aficción chamada bebercio, por suposto, se ti nos acompañas, claro.
Os honores... facemoschos nós, "Maestro" Sabina.
Asdo.
Eans de Cotón
Pd: Espero que non te enfades se recoñezo a miña infidelidade coa túa compañeira musical, Olga Román. Ela ten tamén a mesma fodida facilidade para contar as miñas historias, ven sendo moito máis guapa -non che pareza mal- e ten unha voz feminina que non son capaz de quitarme da cabeza; leva días volvéndome maravillosamente tolo.
Pie de guerra
Letra J. Sabina sobre unha peza de Leonard Cohen.
Do seu último disco "Alivio de Luto"
Están en guerra el hombre y la mujer,
el tonto, el listo, el gordo y el flaco,
el negro, el blanco, el debe y el haber,
Mesalina y el tío del saco.
Están en guerra el mambo y el hip-hop,
el ying, el yang, el pibe y el viejo,
Jeckyll y Hide, monsieur de Sade, Masoc,
Pilatos, la razón y el pellejo.
Ven a la guerra, túmbate de una vez
en mitad de la via.
Mientras la tierra gire y nade un pez
hay vida todavía.
En guerra están la baba y el carmín,
el duermevela y la pesadilla,
el chevalier y el puercoespin,
la extremaunción y las espinillas.
Están en guerra el cojo y el ciempiés,
los ascensores y el purgatorio,
mañana es vispera del día después
pasado flores en velorio.
Desde la Conchinchina hasta el Magreb
en Rolss Royce o en camello.
En cada esquina te
hacen páginas web
o te sellan un sello.
Están en guerra el fresco y la calor,
la calma chicha y la marejada
el ten con ten, la dicha, el resquemor
el almacén del todo y la nada
En pie e guerra el mártir y el desertor,
el tibio y el kamikaze,
puestos a desangrarnos tú contra yo,
¿por qué no hacemos las paces?
Están en guerra la sota y el as,
el espejo y el disimulo,
el hospiciano, el niño de papá,
el Einstein y el tonto del culo.
Yahvé, Mefisto, Buda, Cristo, Alá,
las solteronas y los maridos,
Bin Laden, Che Guevara, Supermán,
lo que iva a ser, la mierda que ha sido.
Ven a la guerra, túmbate de una vez
en mitad de la via.
Mientras la tierra gire y nade un pez
hay vida todavía.
Desde la Conchinchina hasta el Magreb
en Rolss Royce o en camello.
En cada esquina te
hacen páginas web
o te sellan un sello.
En pie e guerra el mártir y el desertor,
el tibio y el kamikaze,
puestos a desangrarnos tú contra yo,
¿por qué no hacemos las paces?
30.9.05
Cuestión de Criterio
Nunha recente e infructuosa discusión -a berros, obviamente- cun compañeiro quedei sen argumentos para defender a miña postura que viña sendo tan simple como manter que os gustos musicais hai que coidalos, que hai que ter criterio,... non é válido un simple "esto gústame". Eu polo menos procuro escoitar algo que enriqueza na medida do posibel.
Asumo a miña culpa. Recoñezo -por vez primeira- a miña incapacidade xa que non fun quen de expoñer axeitadamente os meus posicionamentos, liado como estaba entre exemplos literarios e outras demagoxias.
Agora penso que é mellor proceder doutra maneira, atacar o problema cun simple exemplo do que é, sen lugar a dúbidas, unha proposta plena en canto a proxecto artístico e indubidabel e exquisita calidade.
Trátase de Olga Román, unha excelente cantante que é máis coñecida por acompañar ao amigo Sabina en moitos dos seus traballos e xiras que pola súa carreira como tal.
A sombra de Sabina é moi longa e o seu magnetismo é tan atrainte que as veces esconde e oculta outros astros que merecidamente deberían brillar con luz propia. O de Olga Román é ese caso.
Asdo.
Eans de Cotón
22.9.05
O simbolismo da Cidade da Cultura
Despois de malgastar unha chea de cartos nunha monumental loucura, no que pretendía ser o mausoleo Manuel Fraga, os actuais responsabeis da Cidade da Cultura de Galiza decatáronse do baleiro inmenso que esta vai representar.
Para min non hai mínima dúbida... é o paradigma do nulo concepto cultural que tiña o anterior goberno, un enorme baleiro, unha completa nada, un oco enorme imposibel de encher... é lóxico se pensamos que para eles, á vista dos seus ollos, esa cultura nunca existiu.
Asdo.
Xoán de Requeixo
21.9.05
A Liberdade Anticonstitucional
O Partido Popular vai presentar un recurso de anticonstitucionalidade ante o Tribunal Constitucional en contra da lei que regula o matrimonio entre personas do mesmo sexo, que dito sea de paso, e a lei que regula o matrimonio entre calquera persoa. E eu pregúntome: ¿Qué criterio siguen para soster tal argumento?, ¿ónde está a inconstitucionalidade?, ¿qué dereitos fundamentais vulnera esa lei?, ¿qué liberdade se coarta?, ¿hai alguen que sinta os seus dereitos minguados polo feito de que dúas personas calesquera casen?... ¿non resulta completamente ridícula esa actitude?
Non entendo ónde queren chegar con esa maneira de actuar, ¿están acaso reafirmandose así mesmo como heterosexuais homofobos, católicos, apostólicos e romanos?. Pois creo que para facer tal cousa non e necesario actuar de tal maneira, ainda que non me sorprende. Esa lei que tildan de inconstitucional promulgouse precisamente para que o dereito o matrimonio fora accesible nas mesmas condicións a calquera persoa que quixese exercelo, sen que existise discriminación algúnha, implicita ou diferida da sua aplicación. Simplemente o que esa lei fai é igualarnos a todos. ¿E iso é anticonstitucional?, ¿pero realmente así o cree o PP?, o feito de que a liberdade, a igualdade de trato ante a lei, a non discriminación, a tolerancia e a aconfesionalidade do estado non entre dentro das súas crenzas politicas e relixiosas non fan delas algo inconstitucional. ¿Seica creen estes señores que a constitución está feita a súa medida?, non señores, non, a constitución non é a Biblia. A constitución acolle os dereitos e deberes de TODOS, non so os dos católicos do PP, e como tal non pode discriminar a ninguen por razons relixiosas ou de sexo. TODOS somos iguais ante a lei, temos os MESMOS dereitos e deberes, e mais ainda dende que neste país podes casar coa persoa que queres. Evidentemente están no seu completo dereito, poden protestar e recurrir todo o que queiran, diso se trata. Pero non deixa de ser significativo que o fagan e a maneira na que o fan, ¿tal vez pretenden facer campaña?.
Non creo que o Tribunal Constitucional aprobe tal recurso, porque non cabe dentro da cabeza de ninguen cun mínimo de sentido racional que a liberdade sexa anticonstitucional, e nese caso os Zaplana, Acebes, Rajoy e compañía xa saben o que teñen que facer… ou aceptar a democracia como o que é, algo de TODOS, ou resignarse a desaparecer políticamente, porque nese senso non lles vai ser moi rendible o asunto… vamos, penso eu.
18.9.05
Medo
Medo, iso é o que moitos sinten cando non comprenden. Medo irracional, sen motivo… medo mentireiro, que engana. Hai moitos que o propagan, que o usan para os seus propósitos… que nos asustan para así superar o seu propio temor. Son falsos profetas que pronostican un negro futuro, un futuro hipotético que o seu propio medo convirte en real. Utilizan o medo para facer ataques preventivos, para oporse a matrimonios que “destruirán a sociedade e a familia”, para negarse a reformas que “disgregarán España”, para ilegalizar partidos políticos pasándose a democracia polo forro dos mismísimos, para controlar os medios de comunicación, para censurar o pensamento.
Inventan “armas de destrucción masiva” para lucrarse coa guerra, coa fabricación de armas, coa reconstrucción do país que eles mesmos destrúen e co petroleo que rouban. Usan o medo para destruir o mundo mentres eles se enriquecen. Úsano para xustificar o asasinato dun inocente mentres viaxa no metro, para controlar o que falamos “por motivos de “seguridade nacional”, para conseguir o teu voto con “axudas económicas”. Medo a unha eternidade no inferno se incumples a “Lei de Dios”, medo ó diferente, medo ó extranxeiro, medo, medo, medo,…
Cando non os temes e negas as súas mentiras, cando protestas contra as suas guerras, contra a súa intolerancia, contra os seus abusos,… entón eres “un traidor a la patria”, “un terrorista”, “un pancartero”, un “separatista”, andas “ladrando por las esquinas”, estás “tarado”, eres un “hipi”, un “progre trasnochado”ou un “maricón”… pero é entón cando eles teñen medo. Medo a que se descubra o pastel, a perder o poder, a que a xente deixe de temer, a que o mundo cambie sen contar con eles…
Ese día o mundo será outro,… pero ese día aínda está por chegar.
13.9.05
12.9.05
Conto: Fin da Tormenta
Na negra escuridade...
unha vela alumea un sorriso feiticeiro
...amaina.
Asdo.
Eansinho de Cotão.
Pd: A vela apagouse.
9.9.05
6.9.05
A Evolución
Un novo descubrimento cientifico revoluciona as teorías da Evolución Política tradicionais
Acaba de facerse público un estudio realizado polo Instituto de Estudos Político-Animais e Interrelacións Institucionais (I.E.P.A.I.I.), que demostra que é posible a evolución de especies políticas xa consolidadas noutras de rango superior, feito que, ainda existindo precedentes, ata hoxe non se tiña documentado dun xeito cientifico.
O obxecto de estudio centrouse nuha especie en particular pertencente o xénero Politicae . Ésta especie está contida dentro da familia dos Especulationae, que está ámplamente difundida por toda a Península Ibérica, tendo o seu hábitat natural nas zonas máis densamente urbanizadas, ou en proceso de urbanización. O espécime elexido para realizar o citado estudio foi un Homo LaVazquensis, máis comúnmente coñecido como “Paco”, ou en certos ámbitos como “Sir Paco”. Dito espécime presenta uns comportamentos particulares que, dende fai uns anos, fixo que os cientificos centrasen a sua atención nel.
O “Paco” mostra certas características que o aproximan moito a outra especie, o Homo Manueliticus Bambolensis, tamén coñecido por “Don Manuel” ou “Fragasaurio” dependendo das fontes consultadas. Ésta especie, ainda que pertence o mesmo xénero que o Homo LaVazquensis (os Politicae) non comparte a mesma familia xa que o Homo Manueliticus Bambolensis é o máximo expoñente da familia dos Galaicus Cacicae que ten como ámbito natural a rexión noroeste da Península Ibérica. Xeralmente as similitudes entre as dúas especies non pasan de anecdóticas, pero no caso do “Paco” presentanse unhas peculiaridades que fan pensar nunha aproximación que vai máis aló da casualidade a “Don Manuel”, de feito os científicos que realizaron o estudio constataron que existía unha relación de proximidade, cando non afectiva, entre os dous espécimes que posiblemente propiciou este achegamento. Son múltiples os exemplos que demostran este feito, aquí podemos mencionar algúns, tales como o antinacionalismo-galaico-radical que os dous espécimes profesan e levan ata o paroxismo máis irracional, a incapacidade demostrada de comunicarse de maneira comprensible na lingua propia dos seus conxeneres por causas de alerxia lingüístico-cultural ou o feito de que ata na maneira de desplazarse o “Paco” mostra un cada vez máis que notorio “renqueamento” que o aproxima indiscutiblemente a particular maneira de desplazarse do “Fragasaurio”, a cal debe o seu nome cientifico.
A cuestión é que o “Paco” está asimilando características e actitudes propias de “Don Manuel” ata tal punto que os científicos concluiron que o que se está a producir realmente e un proceso evolutivo completo que concluirá coa transformación de “Paco” nun novo “Don Manuel” (ou en todo caso “Don Paco”), converténdose na nova cabeza visible dos Galaicus Cacicae, que precisamente están en proceso de búsqueda dun novo Homo Manueliticus Bambolensis que substitúa o antigo, xa retirado por motivos de saude (electoral).
Tras facerse públicos os resultados do estudio suscitaronse reaccións procedentes de distintos persoeiros entre as que destacacaremos a do protagonista obxecto do estudio que en declaracións a este medio mencionou ó respecto: “-Bueno hombre, yo siempre le dije a Don Manuel que yo soy un alcalde comprometido hasta las cachas!”…(comprometido con “Don Manuel”, enténdase).
3.9.05
Ilusión óptica
Hoxe casualmente atopeime nun paso de cebra co Sir de Punta Herminia... camiñaba pola rúa na mesma dirección onde está situada a sede do PP. Non quero ser malicento pero... sería unha ilusión óptica ou iría preguntar pola súa candidatura á substitución do Vello Patrón?
Todo pode ser.
Asdo.
Xoán de Requeixo
Coincidencias casuais
A tardanza, as formas... moitas son as cousas que teñen en común as actuacións dos presidentes bush e aznar (ex).
Nós sufrímolo no caso do Prestixe e os habitantes de Nova Orleans e esas outras localidades afectadas polo Katrina o están padecendo agora.
Non se pense que estou comparando as traxedias, non hai comparación posibel, só os modus operandi.
Até no primeiro mundo, na máis poderosa das nacións do planeta, teñen diferentes varas de medir en función da riqueza da poboación, das localidades afectadas... debe ser outro aquel máis desta odiosa globalización.
Asdo.
Xoán de Requeixo
2.9.05
Refuxios

Vello coche
Impotencia
Vendo o mal que o están pasando milleiros de persoas na traxedia de EE.UU, ante a impotencia da potencia máis poderosa deste mundo, non podemos facer moito máis que solidarizarnos con eles, con esas vítimas que a día de hoxe ainda están pedindo axuda. Qué pequenos somos!
Asdo.
Fernán da Veiga
Subscrever:
Mensagens (Atom)