2.9.05

Recoñecemento merecido


Pepe Temprano tocando nun "xantar gaiteiro" (gaita de fol azul)
Dos gaiteiros que eu coñezo hai un que particularmente destacaría: Pepe Temprano, Pepito. Este home representa a personificación da paixón pola gaita, pola nosa música, pola dignificación do enxebre, do país. Quen o coñece dase conta facilmente de que a súa vida é a música ao 100 % ou máis: Gaiteiro, coleccionista, fotógrafo, actor... todo ten que ver, en maior ou menor medida, coa súa teima gaiteira e todo é vivido coa mesma entrega. É un home directo, non dubida un momento en dicir o que pensa, en poñer as cousas no seu sitio. Hai outros que calan con tal de que lles colguen unha medalla no peito, Temprano non é deses. Asdo. Eans de Cotón

Sem comentários: