31.3.06
SOS Touriñán
Calquera que vaia de excursión pola Costa da Morte e vexa o acontecido aos pes do Faro Vilán, senlleiro emblema de Camariñas, opinará coma min... que iso non é, que non podemos deixar NUNCA MÁIS que iso aconteza.
Temos ocasión de demostralo e presionar a quen corresponda para esixir que fagan, por unha vez, as cousas como deben ser feitas.
Aínda descoñecendo pormenores, o meu sinceiro apoio á campaña:
SOS Touriñán
Asdo.
Fernán da Veiga
30.3.06
Tras un simple café
Entramos nun café... alí nunha mesa atópase un home, un simple coñecido sin máis; xiro a cabeza e saudoo cun simple e seco Ola.
Transcurridos os minutos a súa voz alterada irrumpe no "escenario" que é o propio bar. Emerxe entre todas as outras voces para falarlle á muller que ten enfrente, na súa mesa. Berra e móvese de xeito nervioso, incontrolado e cun marcado aceno autoritario. Ela mentres tanto afánase en calmalo, pedíndolle desculpas, dicíndolle non sei que cousas co obxecto de non chamar máis a atención ás restantes persoas do local.
Logo dunhes días, repítese a escena: o mesmo home, a mesma muller, os mesmos comentarios abusivos, a mesma reacción de vergonza, de culpabilidade, asumindo o seu rol submiso, por parte da muller.
Todo son sensacións, nunca feitos probados. Simplemente estímulos que impactan nos meus máis simples sentidos. Algo hai no aire, fede cun certo tufillo a maltrato, psicolóxico como pouco... físico igual non... quizais mañá.
Apuras o café, recolles as cousas da mesa e sen máis preguntas, marchas como calquer cliente. Vaste coa dúbida de se é un invento teu ou é un caso real. Non creo que chegue nunca a sabelo ou... tal vez no próximo café, quen o sabe.
Asdo.
Fernán da Veiga.
Pd: Por desgraza este mal relato non é ficticio. Esa sensación, real ou non, non é unha ilusión. Tristemente é verídico aínda que non poida ir máis aló do meramente subxeitivo.
28.3.06
Home péndulo
É un homiño pequeno,
que vai e ven
sen apenas moverse do sitio.
Gosta de andar a medio camiño
entre Sol e Lúa,
entre luz e sombra.
Marcha hoxe lonxe
para chegar cedo onte,
para chegar, coma sempre,
a ningures.
Home Péndulo, sempre igual,
repite a mesma cantinela...
hoxe triste
e mañá ledo.
Aínda está a tempo...
quizais chegue a Home Trompo,
ben pouco lle queda.
Asdo.
Eansinho de Cotón.
27.3.06
A morte do cine indie en Vigo
26.3.06
Hai futuro

Foise co vento
25.3.06
Xantar Gaiteiro 2006
O mundo gaiteiro galego celebrará mañá domingo, en Carballo (A Coruña), a súa anual festa de confraternización, e xa van XI!!!
Outra ocasión máis para xuntármonos todos, gaiteiros e non gaiteiros, e desfrutar do patrimonio musical e cultural que nos une e do que estamos tan orgullosos e dispostos a defender... claro que entre amigos, co cocido e co viño... calquera se anima.
Desta volta conta con máis actividades: exposición de instrumentos e fotos, teatro, humor e como non, música na rúa.
Vemonos aló.
Asdo.
Eáns de Cotón.
22.3.06
Primavera e as alerxias
O Principio do Fin
Hoxe todos temos motivos para estar contentos. Hoxe a esperanza ábrese un oco nos coranzons de moita xente. Por fin parece que remata un enfrentamento que tanto sufrimento e victimas deixou. Deuse o primeiro paso do que probablemente sexa un longo e difícil proceso, pero un proceso sen mortes, sen bombas, sen medos. Todos queremos estar vivindo un momento histórico no que, desta vez si, remate por fin a violencia e comecemos a utilizar as palabras para solucionar os problemas. Alguén dicia esta mañá que o que comezou hoxe xa é un proceso imparable. Que así sexa, porque é o que moitos desexamos, a pesar daqueles que ainda non cren, ou non queren crer, que é necesario falar para entenderse, que para negociar e solucionar os conflictos é preciso dialogar.
Hoxe todos desexamos comezar a falar en pasado da violencia, dos atentados e das mortes. Como decía a vicepresidenta do goberno, todos queremos que esto sexa o principio do fin, e é que a pesar da prudencia, a esperanza ábrese camiño
Non máis balas
Si máis palabras
Trasancos
Novo horizonte
Falando en termos persoais hoxe tiña un día bastante negro.
Comecei agobiado e algo desfeito, nese estado tan común en min dun tempo a esta parte e tan próximo ao que se entende por depresión.
Todo cambiou de xeito inesperado. A media mañán unha nova na radio fixo cambiar o panorama dun xeito radical; abriuse un novo horizonte, diferente, esperanzador, prometedor e ilusionante.
Terei tempo mañá de caer da burra, de por os pes no chao e facer reflexións máis calmas e tranquilas.
Hoxe non quero saber nada diso... somentes teño ganas de permanecer neste estado de ilusión inxenua, de ledicia case infantil, coma un neno que pensa que un día todas as guerras e a violencia terán, por fin, remate.
Deixenme desfrutar un día Sres. Políticos.
Asdo.
Fernán da Veiga
20.3.06
" A REVOLUCIÓN VIOLETA"
Queren facer unha festa...
Queren que marzo sexa a nosa festa..
Queren a participación social das mulleres do noso país...
Queren fomentar a toma de decisións das mulleres na vida e na sociedade...
Queren crear un espazo de liberdade, de igualdade, de imaxinación, de creatividade..
Queren tinguir a nosa ruta de violeta...
Queren que todo o ano se converta no espíritu violeta...
Artistas todas, poetas, cantantes, cómicas.. creadoras galegas que estades a percorrer o noso país..
¡MOITAS GRAZAS!
17.3.06
Sucedeu en Napoli

Homenaxe
Viña no xornal a deprimente reseña de que o concello da Cruña segue nas mesmas... non só non axuda á recuperación da memoria das atrocidades cometidas se non que entorpece o desenvolvemento deste tipo de xornadas e actos, pretendendo cobrarlle á organización a cesión do Teatro Rosalía de Castro, razón pola cal o evento terá lugar no PARANINFO DA UNIVERSIDADE DA CRUÑA ÁS 19 HORAS DE HOXE, venres 17 de Marzo.
Vexo que o Sirciño deixou creou boa escola... deixando na súa cadeira ao seu alumno máis aventaxado.
Asdo.
Xoán de Requeixo
14.3.06
Destino equivocado
O Sr. Presidente, agochado trala mesa do seu despacho na Moncloa, cabila por unhes momentos até chegar á conclusión precisa: Destino equivocado.
Quixo librarse del mandandoo pro ceo... no canto de largalo directamente pro inferno.
Os erros páganse, iso é claro e vai ter que lamentalo en máis dunha ocasión. Xa o veremos.
Asdo.
Xoán de Requeixo
Mercado laboral
Xa de por sí, unha persoa que está no paro, que quere traballar e non atopa algo que canto menos se aproxime ós coñecementos que un ten, chega un momento de atrofia por non atopar nada.
Pero o máis triste de todo, polo que estou vendo dende hai tempo, é que nas poucas fontes serias de búsqueda de traballo que hai (infojobs, infoempleo, a prensa escrita...) estanse enchendo de merda cada vez máis, o que da a pensar se realmente adican un espazo a axudar a xente a ter un traballo, ou simplemente gañar cartos.
E dígoo porque cada vez maís, as ETT´s están copando máis esas fontes, cada día é máis complicado atopar a unha empresa que se dirixa a un co seu propio anuncio, todo está cheo de merda das ETT´s, é dicir, enchendo máis de intermediarios o asunto, cheo de academias que prometen o ouro e o mouro, e demáis porquerías.
Gustaríame que iso poidese verse dalgunha maneira, porque xa un está canso de buscar algo decente, canto máis ten que remexer no medio da merda para atopalo.
Paquito
Resaka

Epi de resaka
13.3.06
Manipulación

Cando as palabras se convirten en balas...
9.3.06
Vaia por deus...
Teño que desdicir o meu propio artigo desta semán onde falaba dos óleos do Generalísimo, esas obras de arte que ó parecer pintara o carniceiro nº 1 deste país. Ó parecer, todo é unha farsa, que, por outro lado, define ben ás claras que eses cuadros, ainda que cutres, eran demasiada obra para unhas mans que para o único que servían era para firmar sentencias de morte.
Paquito
8.3.06
Pandemia
Un nunca acabará de entender o que pasa neste mundo tolo no que vive... digo isto moi aquelado por unha nova que sentín na radio: A simple mención do número de persoas que deixaron a súa vida -que frio semella nun papel ou na pantalla- nunha louca travesía cara un futuro mellor.
Resulta incribel como nos imos afacendo a escoitar cousas así e o corpo vaise curtindo a medida que nos facemos insensibeis.
Debería ser un dato demoledor, rompedor, que resoara nas cabezas de moitos, especialmente políticos, e así poder artellar medidas que paliaran esta pandemia.
Contrasta o feito de que algo así pase tan inadvertido, case desapercibido, mentres que certos achádegos, que non acadan -para min- máis que a categoría de curiosidade, enchen os medios de todo o mundo.
Asdo.
Eáns de Cotón.
Intuición
Será que un xa che tiña ben collida a medida, amigo Paco, e xa viña imaxinando que tiñas algo preparado para a túa derradeira saída á escea.
Estaba certo de que non podias resistirte, como non, non podias deixar escapar unha última ocasión, tan gratuita, e rirte así de todos aqueles que che quixeron facer sombra un día, especialmente os nacionalistas.
Como Dandy que es, entonaches o "Lalala" e os "suspiros de España"... na túa liña máis chabacana, rastreira, intolerante... e ridícula pero non penses que ficamos ofendidos, non, cousas ben peores tes feito ao longo deste tempo.
Fuches un auténtico raposo, manexaches as cartas e as xogadas ao teu antollo; un becho listo que de democracia ben pouco sabe... só o que lle interesa para sí.
De raposo diches máis dun golpe, non cabe dúbida.
Asdo.
Xoán de Requeixo (no fondo... un coruñés feliz)
Pd: Por se alguén quere ler a información que poñen os teus amigotes da prensa...
Día da muller
É certo que falar hoxe das mulleres, polo día que é é moi sinxelo, e a min non me gusta falar de amor o 14 de febreiro, nin da muller o 8 de marzal, nin de outras miles de cousas que semellan estaren encasilladas a un día concreto do almanaque.
O día da muller son todos, non só hoxe, tódolos días hai que querelas e facelas sentir ben, non só nun día concreto. Ben é certo que non é mala idea poñer un día concreto para que moitos non as esquezan (de seguro, a moitos lles pasará), pero debemos ter o sentimento de que hai que telas presentes tódolos días, dende o amor e o respeito.
Eu mando dende eiqui un bico moi forte a tódalas mulleres, que admiro o que teñen progresado co paso dos anos para lograr un status social equiparable ó do home, a pesar das adversidades pasadas. Ogallá isto continue para elas nunha ascensión meteórica ata a total equiparación, e incluso, como ás veces comento, á propia superación, porque o home xa puido demostrar sempre do que foi capaz, pero seguro que as mulleres son capaces de máis, de moito máis.
Un gran bico.
Paquito
7.3.06
Folgas en Francia
Hoxe houbo manifestacións en Francia, e prevense varias folgas nos días que veñen, todo por mor dunha lei q quere aprobar o goberno gabacho sobre os contratos laborais (concretamente refírese ó contrato de primer emprego), onde as empresas poderán despedir á xente en 2 anos sen motivo algún.
Aparte de que é unha lei absurda e ilóxica, sí que penso (tristemente, claro), que xa nos gostaría aquí ter eses 2 anos de traballo seguido, ainda que nos botasen tras ese tempo.
Como ben di a frase, mal de moitos, consolo de tontos.
Paquito
Cultura "española"

O doble enterramento
E seguimos co conto... a destrucción do patrimonio continúa baixo a 'atenta' complacencia das administracións locais. Agora tócalle ós enterramentos dos nosos antergos. Por suposto, sempre anda algunha obra de construcción polo medio... e unha obra pública, que é mais grave ainda.
Non sei, o mellor estámonos a rasgar as vestiduras antes de tempo, e o que están a facer realmente é unha 'posta en valor', unha restauración desas que tanto lles gusta... deben estar a botar terra por riba para enterralos mellor...
... nin eso.
Trasancos (o avergoñado)
Fin das Touradas?
Unha das incognitas máis interesantes a despexar en breve:
Acabaranse as Touradas no Concello da Coruña?
6.3.06
Eramos poucos...

5.3.06
Vergoña
Non sei se reparades no asunto, pero para mín é moi grave. Hoxe, o afortunadamente ex-presidente do goberno español, o "Ánsar", chegou a dicir na convención que hoxe o seu partido ultradereitista PP celebraba, q é maís importante derrotar ó terrorismo, que alcanzar a paz.
A min paréceme unha idea macabra, e moi lonxana do que realmente se pretende (ou iso quero pensar). O obxectivo, cabaleiro, é que a paz chegue, sexa como sexa, pero que chegue dunha vez, e non ter que destruir ó "oponente" ata a morte para lograla. Ese non é o camiño, ese non é o meu camiño.
Paquito.
De boa vontade
Aqueles que tentaron secuestrar
unha democracia que andaba aínda en cueiros...
aqueles que amezaron coa pistola e o fusil...
aqueles que sacaron os tanques por Valencia...
aqueles que manexaban as listas da xente a pasear...
aqueles eran de boa vontade???
Asdo.
Eans de Cotón
Pd: Cando chegará a lei que castigue facer apoloxía diso?
Verdade
«Los españoles deben saber que aquí hay una persona que les va a decir siempre la verdad. Lo prometo. Lo juro»
Xa que hoxe estamos na noite...
-nunca pensei que remataría dicindo esto-
"And the winner is"....
Mr. Mariano Rajuei
Oscar á mellor interpretación por
"Máis aló do límite da Verdade"
Segunda parte, como ben sabedes, de "El señor de los Hilillos"
Asdo.
Xoán de Requeixo
Pd: Confirmación inequivoca de que nunca segundas partes foron boas.

Visita ao Incio


2.3.06
"OS MERDEIROS"
Se falamos de merdeiros a todos nos veñen a cabeza aqueles que nunha época de “transición” a moitos fixeron bota-los folgos de tanto correr.. pero non, hoxe falamos doutros menos institucionais, e na contra moito máis pacíficos. Son os que nestes días de entroido nos lembran costumes desta terra nosa.
Así como en pobos de Ourense temos pantallas e peliqueiros, felos en Maceda, troteiros en Bande.. en Vigo contamos con Merdeiros. Unha figura recuperada no noso entroido, xa que nos contan que non fai moito tempo, os labregos acudían o porto de Vigo a recoller os restos dos peixes que os escabicheiros se encargan de destripar. Era un bo abono para as terras dos campesiños, polo que non lles importaba a cheirume tan nauseabunda que chegaban a padecer carrexando os desfeitos dos peixiños. Os mariñeiros no tempo do entroido, agachábanse en roupas vellas, todos porcalláns, e ían polas rúas meténdose coa xente, era unha “homenaxe” ( enténdase a modo de mofa) os labregos.
Dende aquí , dicimos que “Vivan os merdeiros” que nos fan lembrar o que é tan noso, pero os merdeiros do entroido non vaia ser...
Subscrever:
Mensagens (Atom)